Corcubión - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADAS E SAÍDAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS.

Publicación provisional: 20/11/1998 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 58, en relación co artigo 20.3.h), ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, segundo a modificación establecida polo artigo 66 da Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público, este Concello establece a Taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais por "entrada de vehículos a traveso de beirarrúas e reservas de mercancías de calquera clase", especificado nas Tarifas contidas no apartado 2 do artigo 4º seguinte, que se rexerá pola presente Ordenanza.

Artigo 2.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a favor das que se outorguen as licencias, ou que se beneficien do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.

Artigo 3.-Contía.

1. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte:

a) Garaxes ..... Individual: 3.060 ptas. m./lineal.

(entenderase por cada garaxe individual o destinado a ocupar ata dúas prazas de vehículos).

b) Garaxes ..... Colectivos:9.180 ptas. m./lineal.

(entenderase por aqueles garaxes de máis de dúas prazas).

2. Aplicaranse igualmente as tarifas da taxa indicadas no apartado anterior para entrada de vehículos en edificios ou cocheiras particulares ou apartamentos individuais de propiedade dentro dun aparcamento xeral e os situados en zonas ou rúas particulares que formen parte de comunidades de propietarios, con prohibición de aparcamento para vehículos que non sexan de propiedade de algún membro da comunidade.

3. Para as reservas establecese a obrigación de proverse no Concello do correspondente disco de prohibición do aparcamento, co seu oportuno número de licencia, que será por conta do interesado.

4. Considérarase modificación da rasante a beirarrúa todo o que supoña alteración da liña de rasante, ben sexa na totalidade do plano superior ou na aresta exterior de dita beirarrúa, comprendéndose para o efectos os regueiros, desniveis, rebaixas de altura, escotaduras, substitucións da liña oblicua no lugar da horizontal e, en suma, toda a modificación do aspecto exterior da beirarrúa.

5. A taxa aplicarase tanto á modificación de rasante das beirarrúas construídas polo Concello como se se trata de beirarrúas construídas por particulares, toda vez que o pagamento deste aproveitamento está motivado pola molestia que ó transeúnte ocasiona dita modificación da rasante e polo beneficio que obtén o usuario. Por tanto, tamén procederá a aplicación da taxa, aínda cando a rúa careza de beirarrúa, se a rasante se atopa modificada na parte correspondente a unha porta cocheira.

6. Os obrigados ó pagamento declararán os elementos tributarios que utilicen, especificando as características dos mesmos, e comunicarán calquera variación que deba repercutir na contía da tarifa, así como, no caso de construcción de regueiro autorizado, dar conta á Administración de Rendas da data en que termina a construcción.

7. A desaparición de regueiros será por conta do propietario que deberá solicitar, previamente, a oportuna autorización.

Artigo 4.-Normas de xestión.

1. As cantidades esixibles con arreglo as tarifas liquidaránse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

2. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realizar o depósito previo a que se refire o artigo seguinte e formular declaración acompañando un plano detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do Municipio.

3. Os Servicios Técnicos do Concello, comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias; si se deran diferencias, notificaranse as mesmas os interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

4.En caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.

5. Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentras non se presente a declaración da baixa polo interesado.

6. A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do semestre natural seguinte ó da súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar abonando a taxa.

Artigo 5º .-Obrigación de pagamento

A concesión de aproveitamentos non poderá ser inferior a un semestre natural. A obriga de pagamento da taxa faráse efectiva cada semestre natural aboándose o 50 por 100 da contía establecida no artigo 3 da presente Ordenanza Fiscal. No caso de ser concedida por un só semestre aboaráse o 100 por 100 no intre de solicitar a correspondente licencia.

Disposición Final

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrera o prazo a que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e comenzará a aplicarse a partir do día un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.