Corcubión - ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.

Publicación provisional: 20/11/1998 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas que atenden ó prevido no artigo 58 en relación co artigo 20.4.a), ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, de acordo coa modificación establecida na Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público.

Artigo 2.-Feito imponible

1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

2.-A estes efectos entenderase tratada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

3.-Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos a expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou ó aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

Artigo 3.-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou non interese de que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 49 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Exencións subxectivas.

Gozarán de exención aqueles constribuíntes en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

1.-Ter sido declaradas pobres por precepto legal.

2.-Estarán exentos do pagamento desta taxa todo aquel persoal funcionario ou laboral, sempre e cando se derive da relación laboral existente entre o Concello e o interesado.

3.-Ter obtido o beneficio xudicial de pobreza, respecto ós expedientes que deben producir efecto, precisamente, no procedemento xudicial no que fosen declarados pobres.

Artigo 6.-Cota Tributaria.

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.-a cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3.-As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50 por cen cando os interesados soliciten con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o reporte.

Artigo 7.-Tarifa.

A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:

1.-Censos de poboación de habitantes.

- Certificacións de empadroamento no censo de poboación:

a) Vixente: 510 ptas.

b) De censos anteriores: 612 ptas

- vontades de fe de vida: 510 ptas

- certificados ou informes de convivencia e/ou residencia:

a) Vixentes: 510 ptas.

b) De anos anteriores: 612 ptas.

- Certificados de pensións: 510 ptas.

2.-Certificacións e compulsas

- certificación de documentos ou acordos municipais:

a) Vixentes 510 pts.

b) Anos anteriores: 1.020 ptas.

- Compulsas ou dilixencia de cotexo con fotocopia municipal:

Documentos de 1 folla: 306 ptas.

Documentos de máis de 1 folla:

a) A primeira:306

b) As seguintes 102

3.-Documentos expedidos ou estendidos polas oficinas municipais.

a) Por expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, de apertura ou similares de locais: 2.040 ptas.

b) Por cada comparecencia ante a Alcaldía para calquera finalidade con constancia por escrito solicitado polo interesado: 510 ptas.

c) Por celebración de casamentos: 25.500 ptas.

d) Por cada fotocopia: 20 ptas.

e) Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, bens, servicios e subministros:

- Contratos de menos de 500.000 ptas.: 15.300 ptas.

- De 500.001 ptas. a 1.000.000 de ptas.: 20.400 ptas.

- De 1.000.001 ptas a 3.000.000 de ptas.: 25.500 ptas.

- De 3.000.001 ptas. en adiante: 30.600 ptas.

f) Constitución, substitución, devolución de fianzas en licitación de obras municipais, po cada acto: 1.020 ptas.

4º .-Documentos relativos a servicios de urbanismo.

a) Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 25.500 ptas.

b) Informes ou certificacións de clasificación urbanística.

- Con planimetría: 25.500 ptas.

- Sen planimetría: 15.300 ptas.

c) Informes ou certificacións que se expida sobre características do terreo ou inmoble, ou consulta a efectos de edificación a instancia de parte: 5.100 ptas.

d) Instancia que dirixa o particular interesando:

- Licencia de obra maior: 5.100 ptas.

- Licencia de obra menor: 1.530 ptas.

e) Certificación de solidez: 25.500 ptas.

f) Calquera outro relacionado cos servicios técnicos municipais e non expresamente indicado.

- Con consulta de arquivo: 10.200 ptas.

- Sen consulta de arquivo: 5.100 ptas.

g) Certificación de obras contratista: 4% do orzamento.

h) Actos de recepción de obra: 15.300 ptas.

Artigo 8º .-Bonificación da cota

Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9º .-Reporte

1.-Repórtase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2, o reporte prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provoquen a actuación municipal de oficio ou cando esta se incie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.-Declaración e ingreso.

1.-A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento de inscrición mecánica de máquina rexistradora no momento de solicitude de tramitación do documento ou expediente, ou neste mesmos se aquel escrito non existise, ou a solicitude non fose expresa.

2.-Os escritos recibidos polos conductos que fai referencia o artigo 38 da Lei de Procedementos Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisoriamente, pero non poderá dárselle curso sen que enmende a deficiencia, a fin do que se requirirá ó interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivado a solicitude.

3.-As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos non se entregarán nin remitirán se antes non se satisface a correspondente cota tributaria.

Artigo 11.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

Esta ordenanza entrará en vigor o día 01.01.1999, quedando derrogada a anterior e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.