Corcubión - ORDENANZA FISCAL Nº 20, REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DERIVADOS DA OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA OU TERREOS DE USO PÚBLICO CON POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS, INDUSTRIAS DA RÚA E AM
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, de conformidade co disposto nos artigo 15 e 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20.3.n) da mesma lei, este Concello establece a "Taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais derivados da ocupación da vía publica ou de terreos de uso público cos postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito imponible da taxa a ocupación das vías públicas ou terreos de dominio público municipal con motivo das actividades aludidas no artigo primeiro desta ordenanza.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, a prol das cales se concederán as licencias ou que se beneficien do aproveitamento, en caso de ter procedido sen a correspondente autorización.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Xeración de obrigas.
Xérase a obriga de pagamento da taxa, nacendo a obriga de contribuír, cando se outorgue a licencia para o correspondente aproveitamento ou cando se inicie este, no caso e facerse sen a oportuna autorización.
6.-Tarifa.
1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes:
1.1. Tarifa 1.ª.
Zona | Tipo de ocupación | Ptas. m2/día | Tempo de ocupación |
Zona praza Castelao | Festas das Mercedes, S. Marcos, O Carme | 418 | 2 días |
Zona San Roque | Festas de San Pedro | 139 | 2 días |
As tarifas anteriores aplicaranse as seguintes coeficientes correctores en función do tipo de actividade que se desenvolva e da zona de ocupación:
Actividade | Zona de ocupación | Índice/coefic. |
Cabaliños | Praza Castelao | 0,25 |
Cabaliños | San Roque | 0,4 |
Tiro | Praza Castelao | 0,25 |
Vacía | Praza Castelao | 0,25 |
Lambetadas | Praza Castelao | 0,25 |
Xoguetería | San Roque | 1,4 |
Bar | Praza Castelao | 0,35 |
Bar | San Roque | 2,6 |
Outras actividades sen especificar | San Roque | 1,4 |
Outras actividades sen especificar | Praza Castelao | 0,35 |
1.2.-Tarifa 2.ª.
Outras ocupacións de terreos de uso público por actividades non indicadas anteriormente, de carácter esporádico non reguladas noutras ordenanza fiscais, e en zonas que se determinen en cada momento, aplicaranse as tarifas anteriores por m2/día tendo en conta que o lugar de ocupación sexa de características similares ás que se indican.
O Concello poderá establecer para determinada temporada, os terreos municipais de uso público nos que permitirá a instalación de teatros, cinematógrafos, circos ou outros espectáculos e adxudica-los ditos terreos mediante licitación, conforme ás vixentes normas de contratación local.
As adxudicacións faranse por tempada concreta, con expresión de data a data, e se a ocupación continuará logo do último día, liquidaranse os días de prórroga en proporción ó prezo de adxudicación. Conforme ó artigo 24.1 da Lei 39/1988, o importe da taxa cando se utilice un procedemento de licitación pública virá determinado polo valor económico da proposición que obteña a concesión ou adxudicación.
Os dereitos fixados nas tarifas anteriores, así como o importe da adxudicación mediante poxa, enténdense pola concesión da ocupación, independentemente de que a actividade se leve ou non a cabo, polo que non poderá concederse bonificación ningunha por causa de chuvias, restriccións no subministro de enerxía eléctrica ou calquera outra de forza maior.
Artigo 7.-Normas de xestión.
1.-As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período de tempo autorizado.
2.-Os emprazamentos, instalacións, postos, etc., poderán sacarse a licitación pública e o tipo de licitación mínimo que servirá de base será a contía fixada na tarifa desta ordenanza.
Procederase, con antelación á poxa, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para seren subastados, numerando as parcelas obxecto de licitación e sinalando a súa superficie e actividades á que poidan destinarse.
3.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que conste a superficie que se pretende ocupar, o seu emprazamento no municipio e os elementos que se van instalar.
4.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
Artigo 8.-Obriga de pagamento.
1.-A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.
2.-O pagamento da taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia. Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anualidade conforme ó Regulamento xeral de recadación, no primeiro semestre do ano natural.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día tres de abril de dous mil un, entrará en vigor e será de aplicación o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.