Pontedeume - Ordenanza reguladora das plantacións e cortas de árbores
Artigo 1.
Artigo 2
As plantacións e repoboacións que se fagan con especies do xénero eucalipto, chopo e especies invasivas de alto risco estarán suxeitas ás seguintes condicións.
Distancia a núcleos urbanos: 100 metros.
Distancia a vivendas: 100 metros.
Distancia a fontes, mananciais e leitos fluviais: 25 metros.
Distancia a cultivos agrícolas, praderías ou pasteiros: 30 metros.
Distancia a camiños e estradas asfaltadas de titularidade pública, desde o eixe dos camiños: 6 metros.
Distancia a camiños forestais: 6 metros.
Artigo 3
As plantacións e repoboacións que se realicen con piñeiros e outras especies de resinosas ou coníferas, estarán suxeitas ás seguintes condicións:
Distancia a núcleos urbanos: 60 metros.
Distancia a vivendas: 30 metros.
Distancia a fontes, mananciais e cauces fluviais: 15 metros.
Distancia a cultivos agrícolas, praderías ou pasteiros: 15 metros.
Distancia a camiños e estradas asfaltadas de titularidade pública, desde o eixe dos camiño: 6 metros.
Distancia a camiños forestais: 6 metros.
Artigo 4.
As plantacións e repoboacións que se realicen con especies frondosas (de crecemento lento) estarán suxeitas ás seguintes condicións:
Distancia a núcleos urbanos: 25 metros.
Distancia a vivendas: 25 metros.
Distancia a fontes, mananciais e leitos fluviais: 10 metros.
Distancia a cultivos agrícolas, praderías ou pasteiros: 10 metros.
Distancia a camiños e estradas asfaltadas de titularidade pública, desde o eixe dos camiños: 6 metros.
Distancia a camiños forestais: 6 metros.
Artigo 5
Queda prohibida calquera plantación que supoña a substitución de especies de crecemento lento, resinosas ou coníferas, por especies do xénero eucalipto ou especies invasivas de alto risco sen a previa autorización expresa e escrita do Concello, que non a concederá sen o previo estudio detallado da solicitude e do informe da Dirección Xeral de Montes e Medio Natural.
Así mesmo, prohíbense as plantacións de calquera especie en zonas, neste intre, dedicadas a terra de cultivo, prados ou pastizais, salvo autorización previa.
Artigo 6.
Artigo 7.
Artigo 8
Para poder realizar cortas de árbores, dentro do término municipal de Pontedeume, a persoa física ou xurídica responsable da corta deberá de solicitalo cunha antelación mínima de tres días.
O impreso da solicitude deberá de ser cuberto en tódolos seus apartados, e rexistrado debidamente nas oficinas do Concello.
Deberase achegar, ademais, fotocopia compulsada do permiso de corta, expedido pola autoridade competente.
O responsable da corta responderá diante do Concello dos posibles danos ocasionados nas vías públicas municipais coma consecuencia do depósito e transporte de madeira, quedando na obriga da reparación das devanditas vías, e tamén na obriga da limpeza e retirada de refugallos.
As limpezas ou reparacións deberanse realizar nun prazo de 48 horas, a partir da retirada da madeira, ou en tres días cando coincida unha fin de semana.
No caso de non cumprir coas súas obrigas, poderán ser sancionados cunha multa que dobre o custo estimado da reparación.
Artigo 9
Artigo 10.
Artigo 11.-
Artigo 12.
Son infraccións da presente ordenanza os actos e omisións que contraveñan o establecido nesta. A comisión de calquera infracción levará aparellada a imposición ós responsables das correspondentes sancións, ademais da obriga de indemnizar ós prexudicados polos danos derivados da súa comisión.
As infraccións e sancións que lles corresponderán serán as seguintes:
a) Pola omisión da solicitude de plantación ou repoboación contemplada no artigo 7: 50.000 pesetas.
b) Por non respecta-las distancias mínimas establecidas nos artigos 2, 3 e 4: 25.000 pesetas.
c) Por cada unha das árbores plantadas a unha distancia inferior á mínima: 100 pesetas. A sanción prevista no presente apartado será compatible coa establecida no apartado b).
d) Pola omisión da presentación da comunicación de datos sinalada no artigo 8: 25.000 pesetas.
e) Por cada unha das árbores cortadas sen a previa comunicación de presentación de datos do artigo 8: 1.000 pesetas. Esta sanción será compatible coa establecida no apartado d) anterior.
f) Por almacenamento de madeira nas pistas: 25.000 pesetas.
Ás sancións previstas no presente artigo engadirase, de se-lo caso, a obriga de arrinca-las árbores que non respecten as distancias mínimas.