Neda - Ordenanza nº 23, regulamento municipal de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade

Publicación provisional: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Publicación definitiva: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Aplicable dende: 17/12/2001

Artígo 11

Cando se constate a concurrencia da causa de abandono a que se fixo referencia no apartado c) do artigo 6, o concello procederá a recollida dos animais abandonados ata que sexan reclamados, acollidos ou sacrificados.

Se o animal non está identificado reterase por un prazo máximo de vinte dias, transcorridos os que o centro de recollida poderá darlle o destino máis convinte e só en último termo o sacrificio.

Se o animal está identificado avisarase o seu propietario quen disporá dun prazo de dez dias para recuperalo, unha vez aboados os gastos orixinados tanto pola recollida como polo seu mantemento. Transcorrido o prazo fixado, se o propietario non satisfixese o aboamento dos gastos o centro de recollida procederáse de acordo co disposto no apartado anterior.

Artígo 13

As persoas agredidas por animais deberán dar conta inmediata do feito as autoridades sanitarias. O propietario ou posuidor do animal agresor haberá de presentarse ás autoridades competentes aportando cantos datos poidan servir de axuda a persoa lesionada ou ós seus representantes e ás autoridades sanitarias que o soliciten.

Artígo 17.

Con independencia dos demais rexistros legalmente establecidos, o Concello de NEDA en colaboración co servicio de veterinaria da zona, formará un censo no que figuraran inscritos todolos animais afectados por esta regulamentacion e no que deberá figurar:

a) A especie, raza, idade e se é o caso o nome do animal

b) O nome, apelidos, DNI e domicilio do seu dono.

c) A data de expedicion da tarxeta sanitaria e numero da mesma.

Neste rexistro levarase nota de baixas, perdas ou traslados fóra do Concello así como cantos cambios se produzan na titularidade.

Todolos animais que figuren asi inscritos, disporan da correspondente cartilla sanitaria na que constarán tódolos antecedentes de identificación e sanitarios dende a súa primeira inscrición ata a morte do animal. Esta cartilla deberá estár a disposición das autoridades para a súa comprobación cando fose requirido o posuidor para a súa presentación.

Tamén se inscribirán no rexistro os establecementos a que se fai referencia no Capitulo II deste Regulamento, unha vez dispoñan da licencia regulamentaria para sua apertura e funcionamento.

Artígo 12.-

En tanto o Concello non dispoña de centro propio de recollida, concertará tales atencións con un dos desta clase que estea debidamente recoñecido, sexa de titularidade pública ou privada se é o caso

Artígo 14

O animal agresor será trasladado a dependencia que indiquen as autoridades competentes, someténdoo ó seu control durante 14 dias. Previo informe favorable e sempre que o animal estea documentado, este período de observación poderá desenvolverse no domicilio habitual do animal baixo custodia do seu propietario.

Artígo 15.

Cando estea probada a agresividade dun animal de maneira fidedigna, será retirado polos servicios correspondentes previo informe técnico no que se determinará o destino do animal.

Artígo 16

Tódolos gastos ocasionados ó municipio pola retención e control de animais agresores, serán satisfeitos polos propietarios dos mesmos.

TITULO I. Do ámbito de aplicación deste regulamento:

Artígo 1

Este regulamento ten por obxecto establece-las normas para a posesión e protección dos animais domésticos e dos animais salvaxes en catividade do territorio municipal de NEDA.

Artígo 2

Ós efectos deste regulamento enténdense por:

a) Animais domésticos: Os que se crian, reproducen e conviven co home e que non son susceptibles de ocupacion.

b) Animais salvaxes en catividade: Os que sendo libres pola súa condición foron obxecto de captura no seu medio natural, manténdose nun grao absoluto e permanente de dominación.

c) Animal abandonado: O que circula libremente aínda que estea provisto da correspondente identificación, habilitando como válidas as identificacións levadas a cabo con métodos homologados según normas comunitarias, se no prazo de vinte dias a partir da súa captura non é reclamado por ninguén que acredite a súa relación posesoria.

TITULO II. Das medidas de protección:

Artígo 3.- Dos establecementos:

Os albergues, clínicas, criadeiros, salóns de peiteado, establecementos de venda, de recollida e de experimentación e os dedicados a exhibición de animais salvaxes en catividade, sen prexuízo das demais disposicións que lles sexan aplicables de acordo coa natureza do animal, deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Estár autorizados pola Conselleria de Agricultura, Ganderia e Montes da Xunta de Galicia

b) Dispoñer de licencia municipal de apertura e funcionamento.

c) Leva-los libros rexistro nos casos, nas condicións e co contido que regulamentariamente se estableza.

d) Dispoñer de boas condicións hixiénico-sanitarias e de locais adecuados ás condicións fisiolóxicas dos animais que alberguen.

e) Adopta-las medidas necesarias para evita-los contaxios entre os animais que alberguen.

f) Dispoñer de servicios veterinarios suficentes e adecuados a cada establecemento.

g) Se é o caso, entrega-los animais coas debidas garantías sanitarias, libres de toda enfermidade, acreditándoo debidamente coa documentación que regulamentariamente se estableza.

TITULO III: Dos animais abandoados:

Artígo 4.- Do transporte:

O transporte dos animais obxecto desta regulación, deberá efectuarse de acordo coas peculiaridades propias de cada especie; ó mesmo tempo terán que cumpri-los requisitos hixiénico-sanitarios eisixidos pola normativa específica e aqueloutros que regulamentariamente se determinen.

TITULO IV: Das agresións a persoas:

Artígo 5.- Da experimentación:

a) Toda actividade experimental con animais que poida causarlles dor, sufrimento, lesión ou morte, adecuarase á súa normativa específica e requerirá, se é o caso, autorización previa da Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes da Xunta de Galicia.

b) Os animais destinados a experimentos serán obxecto da protección e dos cuidados xerais previstos nas disposicións correspondentes.

c) Os experimentos deberan levarse a cabo baixo a dirección de persoal facultativo correspondente

d) Os animais que como resultado da experimentación, non poidan desenvolver unha vida normal, serán sacrificados de forma rápida e indolora.

TITULO V: Rexistros

Artígo 6.- Das obrigas dos posuidores:

a) Os posuidores de animais teñen a obriga de tratalos humanitariamente e mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias, de acordo coas características propias da especie, cumprindo o disposto na normativa correspondente.

b) O posuidor será responsable de adopta-las medidas necesarias para impedir que os animais lixen as vias ou espacios pùblicos, lles causen molestias ós veciños ou poñan en perigo a quen conviva no seu contorno.

c) Os posuidores de animais afectados por esta regulación e pertecentes as especies que regulamentariamente se determinen deberán censalos nos correspondentes servicios provinciais de sanidade e de produccion animal e no Concello, no prazo dun mes contado dende o día en que se inicie a posesión.

d) O posuidor dun animal, sen prexuízo das responsabilidades subsidiarias do propietario, será responsable dos danos e das perdas que ocasione o mesmo de acordo coa lexislación aplicable no seu caso.

e) A vacinación ou tratamento obrigatorio establecido regulamentariamente para as distintas especies de animais.

TITULO VI: Infraccións e sanciòns

Artígo 7.- Prohibicións xerais:

1. Queda prohibido con carácter xeral e respecto a tódolos animais:

a) Causa-la sua morte, bardante en caso de enfermidade incurable ou necesidade ineludible que se xustificará cumpridamente.

b) Maltratar ou agredir de calquera xeito os animais ou sometelos a calquera práctica que lles producise sofrimento ou dano non xustificado.

c) Abandonalos. Entenderase así mesmo como abandono situalos en lugares pechados ou desalugados, soares, vias públicas, xardins, etc. na medida en que non sexan en tales lugares debidamente atendidos.

d) Exerce-la venda ambulante de calquera animal de compañía ou doutro tipo, fóra dos recintos e datas expresamente legalizados ou en condicións de legalidade absoluta respecto  a cada especie animal segundo a súa regulamentación específica

e) Exerce-la venda non ambulante de animais sen o cumprimento das condicións xerais sinaladas pola lei.

f) Utiliza-los en espectáculos, pelexas ou calquera outra actividade que poida causarlles sofrimentos ou sometelos a condicións antinaturais con exclusión dos espectáculos obxecto de regulamentación específica.

g) Queda expresamente prohibido, de acordo coa vixente lexislación, a tenza, exhibición, venda, compra ou calquera outra manipulación con exemplares de fauna protexida, sexan vivos ou mortos, e respecto tamén ós seus restos, propágulos  ou crias.

2.- Os axentes da autoridade e cantas persoas poidan presenciar feitos comprendidos nestas prohibicións teñen a obriga de denuncia-los infractores. Así mesmo e no refirido á prohibición específicada no punto g) os axentes da autoridade terán facultades para a confiscación dos especimes a que se refire ou seus restos.

Artígo 18.

Ós efectos deste regulamento estimarase infracción administrativa o incumprimento das obrigas, das prohibicións e dos requisitos establecidos no mesmo, así como o das condicións impostas nas autorizacións administrativas outorgadas o seu amparo.

A responsabilidade administrativa será esixible sen prexuízo da que puidese corresponder no ámbito civil ou penal.

No caso de celebración de espectáculos prohibidos, incorrerán en infracción administrativa non só os organizadores senon tamén os donos dos locais ou terreos que os cedesen, a título oneroso ou gratuito.

TITULO VII: Normas específicas para animais potencialmente perigosos.

Artígo 8.- Prohibicións especiais:

Queda prohibido o traslado de animais nos medios de transporte público, a excepción dos servicios de taxi a criterio do conductor, así como a presencia de animais en certos lugares someténdose ás seguintes condicións:

a) Queda prohibida a entrada e permanencia de animais en establecementos destinados á fabricación, manipulación, almacenamento, transporte e venda de productos alimenticios.

b) Queda prohibida a entrada de animais en espectáculos públicos deportivos e culturais, en recintos de práctica de deportes ou piscinas así como nos espacios destinados especialmente a xogos ou esparcimento infantil.

c) Os donos de establecementos públicos e aloxamentos hoteleiros poderán permitir, ó seu criterio e baixo a sua responsabilidade, a entrada de animais nos seus establecementos.

d) O acceso e permanencia dos animais en lugares comunitarios privados ou nas suas dependencias, tales como sociedades culturais, recreativas ou similares, zonas de uso común de comunidades de veciños e outras estará suxeito as normas que rexan ditas entidades.

e) No caso de posesión de animais aloxados en edificacións destinadas a vivenda humana, deberán cumprirse as condicions hixienicas axeitadas ó seu aloxamento garantindo a ausencia de riscos sanitarios e que non se ocasionen perigos ou se lles produzan molestias os veciños.

En todo caso dende as 22 horas ata as 8 do seguinte dia está prohibido deixar en patios, terrazas, balcóns ou espacios abertos os animais de xeito que cos seus sóns, ladros ou ruidos perturben o descanso dos veciños.

De forma expresa e no que atinxe a cans, queda prohibido:

a) Deixa-las deposicións dos seus animais nas beirarrúas ou zonas de paso de peóns e, en xeral en toda a vía pública.

As deposicións que se produzan serán recollidas polos propietarios dos cans e colocadas de xeito hixienicamente aceptable nos colectores de recollida de lixo ou nos lugares que se destinen para este fin. En ningun caso poderán utilizarse a estes fins as papeleiras publicas ou as entradas de sumidoiros.

b) As persoas que utilicen cans para a vixiancia de predios, obras ou calesquera outras propiedades deberán cumpri-las condicións establecidas no artigo 25.i) do Decreto 153/1998 do 2 de abril e, en todo caso, daranlles alimento, aloxamento, espacio e curas axeitadas ademais de telos debidamente censados e identificados. En todo caso estarán en todo momento baixo vixiancia e control do dono do inmoble de xeito que non poidan causar danos ás persoas ou a outros animais ou as cousas.

Debera advertirse en lugar visible a existencia dun can gardian.

c) Está prohibida a circulación e estadia de animais nas praias e zonas de litoral maritimo.

Exceptuanse das anteriores prohibicions os cans de cego.

Artígo 19.

As infraccións cualificanse en leves, graves oi moi graves.

Artígo 25

Con carácter xenérico consideranse animais potencialmente perigosos tódolos que pertencendo á fauna salvaxe sexan utilizados como animais domésticos ou de compañía, con independencia da súa agresividade, e pertenzan a especies ou razas que teñan capacidade de causa-la morte ou lesións ás perssoas ou a outros animais ou danos as cousas.

Tamén terán a consideración de potencialmente perigosos os animais domésticos ou de compañia que regulamentariamente se determinen, en particular os pertencentes a especie canina, incluidos dentro dunha tipoloxia racial que polo seu carácter agresivo, tamaño ou potencia de mandibula teñan capacidade de causa-la morte ou lesións ás persoas ou a outros animais ou danos as cousas.

Artígo 9.- Normas para tránsito de animais:

Tódolos animais cando transiten por vías públicas ou zonas verdes, teñen que ir debidamente controlados mediante correa ou medio máis axeitado para cada especie.

Así mesmo deberán contar coa correspondente identificación, habilitando como válidas as identificacións levadas a cabo con métodos homologados según normas comunitarias.

Recoméndase o uso de buceiras que, no caso dos cans será obrigatoria cando a perigosidade do animal ou as circunstancias sanitarias así o aconsellen.

Exceptúanse do uso de correa ou medio de suxeición así como de buceira os cans que se utilicen en tarefas agrícolas, gandeiras ou de caza mentres desenvolven as súas actividades no ámbito rural ou aqueles que se empreguen na caza en tempo e forma legais; os que na compaña dunha persoa responsable circulen fora dos núcleos urbanos por terreos agrícolas, forestais ou costeiros sempre que non concorra a presencia de terceiras persoas así como os cans de guia de persoas con deficencias visuais.

Artígo 20

Son infraccións leves:

a) O maltrato dos animais que non lles cause dór

b) A venda, doazón ou cesión de animais a menores de 14 anos ou incapacitados, sen autorización de quen teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.

c) A doazón de animais de compañía como premio

d) Non mante-lo animal en boas condicións hixiénico-sanitarias.

e) Mantelos en instalacións inadecuadas.

f) Non facilitarlle-la alimentación adecuada ás súas necesidades.

g) A utilización de animais en traballos que os inmovilicen, causandolle dór.

i) Exerce-la venda ambulante de animais fóra dos mercados ou feiras autorizadas.

k) A carencia ou tenza incompleta do arquivo de fichas clínicas dos animais obxecto de tratamento obrigatorio ou vacinación.

l) A posesión dun cán non censado.

ll) Sacrificio de animais en lugares públicos.

m) A non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na via pùblica.

Calquera outra actuación que vulnere o disposto nesta lei e que non estea tipificada como infracción grave ou moi grave.

Estas infraccións serán sancionadas con multas de 30,05 € a 300,50 €.

Artígo 26.

A tenza de calesquera dos animais cualificados como potencialmente perigosos e refiridos no artigo anterior esixe previa licencia administrativa a solicitar do Concello. Para a obtención de tal licencia é preciso que o solicitante cumpra os seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade e non estár incapacitado para proporciona-los cuidados necesarios ó animal.

b) Non haber sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como ausencia de sancións por infraccións en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.

c) Certificado de aptitude psicolóxica

d) Acreditación de haber formalizado un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan ser causados polos animais, pola contía minima de 25 millóns de pesetas.

Artígo 10

Prohíbese a caza, captura, tenza, tráfico, comercio, venda e exhibición pública segundo o correspondente caso, tanto das especias adultas coma dos ovos e crias, e de tódalas subespecies e taxóns inferiores ameazados, independentemente da súa procedencia, salvo nos casos que regulamentariamente estean determinados.

Artígo 21.-

Consideranse infracións graves:

a) O maltrato dos animais que lles cause dór ou lesións.

b) Mutilalos sen necesidade ou sen o adecuado control veterinario.

c) Abandonalos

d) A venda ambulante, reiterada, de animais en xeral fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente autorizados.

e) A venda de animais salvaxes en catividade fóra dos establecementos autorizados.

f) O incumprimento das obrigas sinaladas nos artigos 3 e 4 deste regulamento.

g) A subministración de estimulantes non autorizados ou sustancias que poidan atentar contra a súa saúde, excepto cando sexa por prescrición facultativa.

i) A non vacinación ou non tratamento obrigatorio dos animais

k) A venda de animais enfermos, salvo que se trate dun vicio oculto, non coñecido polo vendedor.

l) A cria ou comercialización de animais sin cumpri-los requisitos correspondentes.

ll) A tenencia de animais perigosos sen as medidas de protección que se fixen.

m) O incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas. Considerarase así mesmo como infracción grave a reincidencia en infracción leve, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción leve do mesmo tipo cá que motivou unha sanción anterior no prazo de seis meses seguintes a notificación desta e sempre que a resolución sancionadora fora firme.

Estas infraccións serán sancionadas con multa de 300,50 € a 3005,05 €.

Artígo 27

Tódolos establecementos que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen a súa explotación, cria, comercialización ou adestramento, incluidos centros de adestramento, criadeiros, centros de recollida, residencia e establecementos de venda deberan contar coa autorización expresa das autoridades competentes e cumpri-las obrigas establecidas neste regulamento, ademais das de carácter xeral que especificamente figuren na licencia de que se dispoña.

O Concello poderá proceder á incautación e depósito do animal ata regulariza-la situación, sen prexuízo das sancións que puideran impoñerse. No senso de que os animais estean incluidos nas clasificacións de especies protexidas, seralles ademais de aplicación a lexislaciòn específica correspondente.

Artígo 22

Considéranse como faltas moi graves:

a) O maltrato dos animais que lles cause a morte.

b) A organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato ou poidan ocasionarlles sofrimentos

c) A venda de animais con enfermidade infecto-contaxiosa coñecida.

d) A venda de animais para experimentación sen a debida autorización ou a centros non autorizados.

e) A esterilización ou o sacrificio de animais sen control facultativo.

f) A reiteración en faltas graves entendéndose que existe esta reincidencia cando se comete unha infracción grave do mesmo tipo cá que motivou unha sanción anterior no prazo de un ano contado dende a notificación da anterior sempre que a resolución sancionadora da mesma adquirise firmeza.

Estas infraccións serán sancionadas con multa de 3005,50 € a 15.25,30 €.

Artígo 28

Os propietarios, criadores o posuidores dos animais a que se refire este capitulo, teñen a obriga de identificar e rexistra-los mesmos na forma que regulamentariamente se especifique.

No caso de animais da especie canina a identificación coa debida garantía e obrigatoria sen excepción algunha, habilitando como válidas as identificacións levadas a cabo con métodos homologados según normas comunitarias.

Artígo 23.

Ademais das multas que se deixan referenciadas na resolución que poña fin ós expedientes sancionadores poderá impoñerse o peche temporal ou definitivo respectivamente para as infraccións graves ou moi graves dos establecementos regulados por esta normativa; a prohibición temporal ou permanente do exercicio de actividades comerciales neste eido así como a incautación dos animais obxecto de actividades ilegais ou de abandono para calquera tipo de infracción.

Artígo 29

No Concello créase un rexistro de animais potencialmente perigosos clasificados por especies, no que necesariamente deberan constar os datos persoais do posuidor, as características do animal que fagan posible a sua identificación e o lugar de residencia do mesmo especificando si está destinado a convivir cos seres humanos ou si polo contrario ten finalidades distintas como a garda, protección ou outras que se indiquen.

Incumbe ó titular da licencia a obriga de solicita-la inscrición do animal no rexistro municipal, dentro do prazo de quince dias contados dende que se obteña licencia para posesión do animal.

Artígo 24

No caso de infraccións leves a sanción será competencia do Concello. Nos restantes casos e previo trámite do expediente correspondente será elevado a Xunta de Galicia para a súa imposición por parte da Conselleria de Agricultura, Ganderia e Montes.

En todo caso a incoación e tramitación do expediente sancionador poderá iniciarse de oficio ou por denuncia e deberá adecuarse o disposto na Lei de réxime xurídico das administraciòns públicas e do procedemento administrativo común.

Na graduación das sancións ademais do previsto para cada suposto, deberá terse en consideración a transcendencia social ou sanitaria e o prexuízo causado pola infracción; o ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infración; a importancia do dano causado ó animal asi como a reiteración ou reincidencia na comisión de infraccións.

Artígo 30

Seranlle de aplicación a estes animais, ademais das normas contidas con carácter xeral neste regulamento, as que especificamente se concretan para os de tal clase na Lei 50/99 do 23 de decembro.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno de data 24 de novembro de 2000 e publicada no BOP número 42 do 20 de febreiro do 2001 e comezará a aplicarse a partir do día seguinte a súa publicación definitiva, permanecendo en vigor ata a súa  modificación ou derrogación expresa