Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 21, reguladora da taxa por dereitos de exame
Exposición de motivos
A inclusión dos dereitos de exame nas bases de selección do persoal ten unha larga tradición, dende o principio do século pasado. Con eles tratábase de compensar as administracións públicas dos gastos que lles producían os procedementos selectivos.
Estes gastos consisten, en esencia, nas indemnizacións dos tribunais de selección, aínda que na actualidade unha partida importante está representada polas distintas publicacións.
Na administración central a Lei 13/96, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social introduciu como feito impoñible "la participación como aspirantes en aposiciones, concursos o pruebas selectivas de acceso a la administración pública".
Seguindo este modelo e por razóns de seguridade xurídica tamén se regulamenta, no eido municipal, por medio da ordenanza fiscal, ó abeiro do artigo 20 e concordantes da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 o 27 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por dereitos de exame, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que normas atenden o previsto no artigo 58 da Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúen o feito impoñible da taxa a participación como aspirante en probas selectivas de acceso ou de promoción a corpos e escalas de funcionarios ou categorías de persoal laboral fixo convocadas polo Concello de Vimianzo.
Non están suxeitos a esta taxa a participación en procesos selectivos para persoal laboral temporal.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da taxa as persoas físicas que soliciten a inscrición como aspirantes ás probas selectivas contidas no feito impoñible da taxa.
Artigo 4.º .-Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase por unha contía fixa sinalada de acordo coa seguinte tarifa, que se estructura nos seguintes epígrafes:
2.1.-Procesos selectivos para prazas de funcionarios de carreira do grupo "A" ou persoal laboral fixo do grupo I: 48,01 Euros.
2.2.-Procesos selectivos para prazas de funcionarios de carreira do grupo "B" ou persoal laboral fixo do grupo II: 41,97 Euros.
2.3.-Procesos selectivos para prazas de funcionarios de carreira do grupo "C" ou persoal laboral fixo do grupo III: 35,97 Euros.
2.4.-Procesos selectivos para prazas de funcionarios de carreira do grupo "D" ou persoal laboral fixo do grupo IV: 29,99 Euros.
2.5.-Procesos selectivos para prazas de funcionarios de carreira do grupo "E" ou persoal laboral fixo do grupo V: 24,02 Euros.
A contía esixible como taxa por dereitos de exames consignarase expresamente nas disposicións que regulen os respectivos procesos selectivos, como norma especial.
Esta contías actualizaranse paralelamente ás da Xunta de Galicia para o seu persoal, establecendo unha remisión expresa a súa normativa reguladora.
Artigo 5.º .-Bonificacións da cota.
Por motivos de integración social e laboral, concederanse a parados de larga duración, cunha antigüidade mínima de un ano, e minusválidos, cun porcentaxe de minusvalía recoñecido superior o 33%, bonificación de 10% da cota tributaria.
Artigo 6.º .-Devengo.
Devengase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se presente a solicitude de inscrición nas probas selectivas.
Artigo 7.º .-Ingreso.
1. O ingreso poderá realizarse na Caixa Municipal, directamente na conta corrente que determine o Concello ou mediante transferencia desde calquera entidade bancaria, a conta sinalada polo Concello.
2. Xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, debe acompañarse o resgardo acreditativo de pago dos dereitos de exame. No caso de que o ingreso se fixese nunha oficina bancaria, deberá figurar na solicitude o selo da entidade que xustifique o referido pagamento.
3. A falta de xustificación de abono dos dereitos de exame determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación e pago no banco suporá substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude ante o órgano competente.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal, na que a súa redacción definitiva foi aprobada por o Pleno da Corporación en sesión celebrada o vintetrés de marzo de dous mil dous, entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.