Baña A - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través de beirarrúas, pola reserva da vía pública para aparcamento e pola carga e descarga de mercadorías de calquera clase
Artigo 1. Concepto.
Artigo 2. Obrigados ó pagamento.
Artigo 3. Contía.
1. A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2. As tarifas da taxa serán as seguintes:
Tarifa primeira: entrada de vehículos en edificios ou cocheiras particulares, por metro lineal 1.500 ptas./ano.
Tarifa segunda: entrada en garaxes ou en locais colectivos para a garda de vehículos, locais de venda ou talleres, por metro lineal, 2.500 ptas./ano.
Tarifa terceira: entrada en locais comerciais ou industriais para a carga e descarga de mercadorías 2.500 ptas./ano.
Tarifa cuarta: reserva de espacio nas vías e terreos de uso público para carga e descarga, por metro lineal, 3.500 ptas./mes.
Tarifa quinta: reserva de espacios ou prohibición de estacionamentos, por metro lineal: 3.500 ptas./ano.
Artigo 4. Normas de xestión.
1. As cantidades esixibles no referente ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo, sinalados nos respectivos epígrafes.
2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados por esta ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o art. seguinte e formular declaración dos metros de aproveitamento.
3. Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndolle-las autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias; se se desen diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose a autorización unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar neste Concello a devolución do importe ingresado.
5. Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa do interesado.
6. A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do trimestre natural seguinte ó da súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar aboando o prezo público.
7. Os aproveitamentos autorizados deberán sinalizarse cos correspondentes sinais que para tal finalidade facilite o Concello a prezo de custo.
Artigo 5. Obrigación de pagamento.
1. A obrigación de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada semestre natural.
2. O pagamento da taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Depositaría Municipal. Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no art. 47.1 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e quedará elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais nas oficinas de Recadación municipal, unha vez postos á cobranza os padróns.