Baña A - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, madeiras de construcción, entullos, valos, puntais, andamios e outras instalacións análogas
Artigo 1. Concepto.
Artigo 2. Obrigados ó pagamento.
Artigo 3. Efectos.
Artigo 4. Contía.
1. A contía da taxa, regulado nesta ordenanza, será a fixada na tarifa contida no apartado seguinte.
2. As tarifas da taxa serán as seguintes:
Por m2/día ocupado por calquera dos elementos que contempla a ordenanza, calquera que sexa a súa finalidade.-Zona urbana: 10 ptas.-Núcleo rural e outros: 5 ptas.
Artigo 5. Normas de xestión.
1. De conformidade co previsto no art. 46 da Lei 39/88, do 28 de decembro, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, se producisen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias ou os obrigados ó pagamento estarán suxeitos o reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación dos desperfectos ou repara-los danos causados, que serán en todo caso independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
2. As cantidades esixibles no referente á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado, e serán irreductibles polo período de tempo sinalado.
3. As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia.
4. Se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente declaración de baixa.
Artigo 6. Obrigación de pagamento.
1. A obrigación de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace no momento de solicita-la correspondente licencia.
2. O pagamento da taxa farase na Depositaría municipal.