Baña A - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras, con finalidad lucrativa
Artigo 1. Concepto.
Artigo 2. Obrigados ó pagamento.
Artigo 3. Contía.
1. A contía da taxa regulada nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos, expresada en unidades.
2. As tarifas da taxa serán as seguintes:
Por mesa ou elemento autorizado, 600 ptas./mesa por temporada.
Artigo 4. Normas de xestión.
1. As cantidades esixibles con relación ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período autorizado.
2. A persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realizar depósito previo a que se refire o art. 5.2.a) seguinte e formular declaración na que consten os elementos que se van a instalar e a súa situación.
3. Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndolle-la autorización, de non atopar diferencias nas peticións de licencias; se se desen diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4. En caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar neste Concello a devolución do importe ingresado.
5. Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se aboe o depósito previo a que se refire o art. 5.2.a) seguinte e os interesados obtivesen a correspondente licencia. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia sen prexuízo do pagamento da taxa e das sancións e recargos que procedan.
6. Tódalas licencias deberán renovarse anualmente.
Artigo 5. Obrigación de pagamento.
1. A obrigación de pagamento da taxa regulado nesta ordenanza nace no momento de solicita-la correspondente licencia.
2. O pagamento da taxa realizarase mediante ingreso directo na Depositaría municipal. Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no art. 47.1 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e quedará elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.