Carnota - ordenanza que fixa o prezo público para o estacionamento de vehículos de tracción mecánica en Boca do Río
ARTÍCULO I. FUNDAMENTO E NATUREZA
De conformidade co previsto no artículo 117, en relación co 41, ambos da Lei 39/1998 de 28 de Decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o precio público para o estacionamento de vehículos de tracción mecánica no aparcamento de Boca do Río.
ARTÍCULO II. NATUREZA
A contraprestación económica pola prestación dos servicios no aparcamento de Boca do Río ten natureza de precio público por ser unha prestación obxeto de competencia desta entidade e non concurrir nela ningunha das circunstancias especificadas na letra b) do artigo 20.1 da Lei 39/1988 de 28 de Decembro, reguladora das Facendas Locais, trátase da utilización privativa dun dominio público local constituído polos espacios de aparcamento en supercies delimitados para o estacionamento de vehículos de tracción mecánica.
ARTÍCULO III. OBRIGACIÓNS E PAGO
Estarán obrigados ó pago de precio público regulado nesta ordenanza os usuarios tanto persoas físicas como xurídicas ou entidades que disfruten, utilicen ou aproveiten o espacio de aparcamento.
ARTÍCULO IV. CUANTÍA
A cuantía do precio público nesta ordenanza será de 2 Euros/día (a saída do recinto extingue o dereito que da o ticket tendo que aboar un novo estacionamento).
ARTÍCULO V. NORMAS DE XESTIÓN
A xestión e recadación do precio público encoméndase ó persoal do Concello que se responsabilizará da instalación municipal.
Disposición final
A presente ordenanza entra en vigor unha vez publicada no B.O.P e exposta ao público durante un plazo mínimo de 30 dias para a presentación de reclamacións e suxerencias. No caso de que non houbera ningunha reclamación ou suxerencia, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entonces provisional, de conformidade co artigo 49 da Lei 7/ 1985 Reguladora das Bases de Réxime Local. Permanece en vigor ata a súa modificación ou deragación expresa.