Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 9, REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVAS DA RÚA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e a reserva da rúa pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible
Artigo 3.-Suxeito pasivo
1.-Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, a favor das cales se outorguen as licencias para gozar do aproveitamento especial, ou os que se beneficien do aproveitamento, se se producise o goce sen a oportuna autorización.
2.-Nas taxas establecidas por entradas de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas, terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios das fincas e locais a que dean acceso estas entradas de vehículos, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas Tarifas contidas no apartado seguinte:
Epigrafe | Euros |
Tarifa primeira. Por cada metro lineal ou fracción da entrada ou paso de vehículos e carruaxes, ó ano: | |
Número 1.-Trátase de garaxes públicos ou para establecementos industriais ou comerciais, metro lineal | 5,409109 |
Número 2.-Para garaxes de uso ou servicio particular | 5,409109 |
Tarifa segunda. Por cada metro lineal ou fracción de calzada a que alcance a reserva do espacio, ó ano: | |
Número 1.-Reservas permanentes durante todo o día: | |
A) Para líneas de viaxeiros, metro lineal a | 5,409109 |
B) Para outros usos ou destinos, metro lineal a | 5,409109 |
Número 2.-Reservas permanentes, durante catro horas diarias como máximo: | |
A) Para líneas de viaxeiros, metro lineal a | 0,901518 |
B) Para outros usos ou destinos, metro lineal a | 0,901518 |
Tarifa terceira. Reservas de espacio para usos diversos, provocados por necesidades ocasionais, para cada metro lineal e día a que alcance a reserva | 1,202024 |
Artigo 6.-Exencións e bonificacións.
1.-O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigadas ó pago da taxa cando soliciten licencia para goce dos aproveitamentos especiais referidos no artigo 2 desta Ordenanza, sempre que sexan necesarios para os servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e para outros usos que de maneira inmediata afecten á seguridade cidadán ou á defensa nacional.
2.-Non se aplicará bonificación nin reducción algunha na exacción da Taxa.
Artigo 7.-Devengo
1.-A taxa devengarase cando se inicie o aproveitamento especial, momento que a estes efectos, enténdese que coincide co da concesión da licencia, se a mesma foi solicitada.
2.-Cando se producise o aproveitamento especial sen solicitar licencia, ou devengo da taxa terá lugar no momento do inicio de aquel aproveitamento.
Artigo 8.-Período impositivo
1.-Cando o aproveitamento especial haia de durar menos dun ano, o período impositivo coincidirá con aquel determinado na licencia municipal, que entenderase con carácter indefinido se non se sinala outro prazo inferior.
2.-Cando se inicie a actividade no primeiro semestre, abonarase en concepto de taxa correspondente a aquel exercicio a cota íntegra. Se o inicio da actividade ten lugar no segundo semestre do exercicio liquidarase a metade da cota anual.
3.-Cando a duración temporal do aproveitamento especial se estenda a varios exercicios o devengo terá lugar o 1º de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural, excepto no suposto de que o cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, teña lugar con anterioridade ó comenzo do segundo semestre de cada ano, en que se liquidará a taxa tomando por referencia só o primeiro semestre.
4.-Cando por causas non imputables o suxeito pasivo, non poda ter lugar o goce na utilización ou aproveitamento especial, procederá a devolución do importe satisfeito.
Artigo 9.-Declaración.
As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán presentar previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación dos elementos tributarios que utilicen, especificando as características dos mesmos, e comunicarán calquera variación que deba repercutir na cuantía da tarifa.
2.-Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a Resolución Municipal que proceda sobre a licencia, o Concello levará a cabo a súa inclusión de oficio no padrón municipal.
Artigo 10º .-Liquidación e ingreso
1.-Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que será notificada o suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
2.-Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos no padrón municipal, serán obxecto liquidación de ingreso por recibo, nas oficinas da Recadación municipal ou entidades colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.
Artigo 11.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 10 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.