Coristanco - ORDENANZA REGULADORA NÚMERO 11, DA TAXA POR UTILIZACIÓN DOS PAVILLÓN POLIDEPORTIVOS

Publicación provisional: 15/11/2003 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 21/12/2003

Artigo 1.-Fundamento de natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de Abril, reguladora das bases de réxime local, e os artigos 20 a 27 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, este Concello acorda a imposición e ordenación da Taxa pola utilización dos pavillóns polideportivos, na que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada lei 39/88, na súa nova redacción da pola Lei 25/1998 de 13 de xullo.

Artigo 2.-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a dos pavillóns municipais para a realización de actividades deportivas principalmente; así como tamén para manifestacións artísticas, culturais ou actos públicos que sexan compatibles con aquelas.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten a utilización das instalacións.

Artigo 4.-Responsables

1.-Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria

A cota desta taxa será a resultante de aplicar as seguintes tarifas:

Epígrafe 1º - Pavillóns Polideportivos cubertos, para actividades deportivas:

- sen emprego de alumeado público: 6,00 euros/hora

- con emprego de alumeado público: 7,20 euros/hora

(Se fose con venda de entradas, previa autorización do alcalde, ou do concelleiro de deportes se comprendese este cometido entre as delegacións efectuadas en favor do mesmo: 18,00 euros/hora)

Epígrafe 2º - Pavillóns Polideportivos cubertos, para actividades non deportivas:

- sen emprego de alumeado público: 20,00 euros/hora, independentemente que haia venda de entradas ou non.

- con emprego de alumeado público: 30,00 euros/hora, independentemente que haia venda de entradas ou non.

Artigo 6.-Beneficios fiscais

Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango Lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7.-Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a utilización dos pavillón municipais, aínda que se poderá esixi-lo depósito previo.

Artigo 8.-Declaración e ingreso

1.-A taxa se esixirá en réxime de autoliquidación, previa solicitude da utilización dos pavillóns municipais polo interesado, realizándose o ingreso antes da prestación do servicio ou da realización da actividade na Tesourería Municipal ou directamente nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello.

2.-Se se realiza a prestación do servicio da piscina municipal sen mediar solicitude, liquidarase e notificarase a taxa tan axiña como se detecte esta situación, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

Artigo 9.-Infraccións e sancións

Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral Tributaria e na normativa de desenvolvemento.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, cuia redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación,en sesión celebrada o día 10 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación o día seguinte da publicación do texto íntegro da Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia,permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.