Dumbría - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas.
Artigo 1º .
Artigo 2º .-
De conformidade co previsto no art. 88 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa modificación feita pola Lei 51/2002, de 27 de decembro, e ós efectos previstos no mesmo, de fixación dos coeficientes de situación, establécense no concello de Dumbría, dúas categorías de calles, que son as seguintes:
Categoría A) Estrada de Hospital a Brens (CP-2302), dende o p.k. 0,000 ó 0,575, marxes esquerda e dereita, así como na estrada de Serra de Outes a Dumbría (CP-3404), dende o p.k. 27,425 ó 27,710, marxe esquerda.
Categoría B) Resto das vías do concello.
Artigo 3º .-
Ós efectos previstos no art. 88 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa modificación feita pola Lei 51/2002, de 27 de decembro, e sobre as cotas modificadas por aplicación do coeficiente de ponderación previsto no artigo 87 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa modificación feita pola Lei 51/2002, de 27 de decembro, o concello de Dumbría establece a seguinte escala de coeficientes segundo a ponderación da situación física dos locais e atendendo ás dúas categorías de calles establecidas no artigo anterior:
Categoría de calle | Coeficiente de situación |
Categoría A) Estrada de Hospital a Brens (CP-2302), dende o p.k. 0,000 ó 0,575, marxes esquerda e dereita, así como na estrada de Serra de Outes a Dumbría (CP-3404), dende o p.k. 27,425 ó 27,710, marxe esquerda | 3,1 |
Categoría B) Resto das vías do concello | 1,1 |
Esta escala de coeficientes, solo poderá ser aplicada ós locais, entendendo este concepto no sentido da regra 6ª da Instrucción anexa ó Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro polo que se aproban as tarifas e a instrucción do imposto sobre actividades económicas.
Disposición derrogatoria.-
Disposición final.-
A presente ordenanza foi aprobada inicialmente polo Pleno do concello, en sesión de 6 de febreiro de 2003 e comenzará a se aplicar o día 1 de xaneiro de 2003, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
3º .-Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia de conformidade co disposto no art. 17 da Lei 39/1988, de 28 de decembro reguladora das facenda locais, e Disposición transitoria quinta da Lei 51/2002, de 27 de decembro.
Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou dende o da notificación do acordo, ou calquera outro que se estime procedente.