Lousame - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA DOS LOCAIS SOCIAIS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa o uso e ocupación de locais sociais para a impartición de cursos de calquera clase que fosen autorizados polo Concello, previa solicitude por escrito.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Están obrigados ó pagamento as personas xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten e fagan efectivo o uso dos locais sociais do Concello para a impartición de cursos.
Artigo 4.-Cota tributaria.
O importe da taxa será de dous euros por hora de uso do local, máis unha cantidade en concepto de fianza por posibles desperfectos ocasionados no local social, fianza que ascende ós 90 euros e que no caso de non se produciren tales danos será devolta na súa integridade ó remate do curso.
Artigo 5.-Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga dende o momento en que se solicite a ocupación do local social.
A taxa ingresarase na entidade bancaria que acorde o Concello o primeiro día de ocupación do local.
Artigo 6.-Forma de xestión.
Solicitarase o uso dos locais sociais nas oficinas xerais do Concello presentando, xunto coa solicitude, a documentación acreditativa de estar ó corrente nas obrigas da Seguridade Social e de ter un seguro de responsabilidade civil.
Unha vez concedido o uso dos locais, entregarase a chave á persoa encargada da actividade, facéndose esta responsable da conservación do mobiliario e demais pertenzas, da limpeza do local e a non facer copia das chaves nin deixarllas a ningunha outra persoa nin entidade.
Artigo 7.-Infraccións e sancións.
Para todo o relativo á cualificación das infraccións e sancións tributarias estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor dende o día seguinte á publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.