Neda - Ordenanza nº 7, reguladora da taxa postos, barracas, casteas de venda, espectáculos ou atraccións situados en terreos de uso público e industrias da rúa ou ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 1.-Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola ocupación da vía pública ou terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións, industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 da citada Lei 39/98.
Artigo 2.-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a prestación patrimonial pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situados en terreos de uso público, e industrias da rúa ou ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, a prol de quen se outorguen as autorizacións para realiza-la utilización privativa ou aproveitamento especial ou quen se beneficie ou realice os aproveitamentos, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4.-Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible
Tomarase como base para determina-la cota tributaria da presente taxa, a superficie de ocupación expresada en metros cadrados.
Artigo 6.-Cota tributaria.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será fixada nas tarifas seguintes:
- Posto caseta cuberta, 0,1548 euros/m2/día.
- Posto desmontable, 0,0948 euros/m2/día.
- Postos legumes, queixos, ovos e outros análogos 0,1548 euros, por cada posto día.
- Quioscos, aparellos de venda automática, fotografía e similares, 0,1548 euros/m2/día.
Artigo 7.-Xestión e cobramento
As cantidades esixibles de acordo coas tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles.
O cobramento desta taxa efectuarase mediante billetes, non se consentido ningunha ocupación da vía pública sen ter aboado o importe da taxa que corresponda.
Artigo 8.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional
En todo o non contemplado nesta ordenanza estarase ó disposto na Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.