Oroso - Ordenanza Reguladora do Precio Público por Actividades Culturais e Deportivas
Artículo 1º . - Fundamento e natureza
De acordo co previsto no artigo 117, en relación co artículo 41, ambos da Lei 39/1988 reguladora das facendas locais, este concello procede a regulación do precio público por actividades reguladas pola presente ordenanza.
Artículo 2º . - Concepto
Os precios públicos regulados nesta ordenanza constituen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades culturais e deportivas organizadas polo Excmo. Concello de Oroso, tales coma talleres, cursiños, seminarios, excursións, e demáis de natureza análoga, sempre que as mesmas non sexan de solicitude ou recepción obligatoria polos usuarios e non estean reservadas á entidade local.
Artículo 3º . - Obligados ó pago
Están obligados ó pago do precio público regulado nesta ordenanza, quienes se beneficien das actividades prestadas por este concello a que se refiere o artigo anterior.
Artículo 4º . - Establecemento e contía
1. O establecemento e contía do precio público regulado nesta ordenanza será a que fixe en cada caso, a Xunta de Goberno por delegación do Pleno da Corporación, de acordo co artigo 47 da Lei 39/1988 y 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
2. A estos efectos, con carácter previo ó inicio da actividade, a Xunta de Goberno en base a informe previo da Intervención dos custos soportados polo concello, establecerá as tarifas concretas de cada actividade de acordo co artigo 44 da Lei 39/1988, podendo fixar precios públicos que non cubran o custe do servicio ou actividad prestado, dado que en estos casos concurren razones sociales, culturais ou de interés público que así o aconsellan, ó perseguir con estas actividades á consecución do mandato establecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á cultura (artículo 44).
3. Acordadas as tarifas de cada actividade, o acordo será exposto no Taboleiro de Anuncios do concello a efectos da súa publicidade.
Artículo 5º . - Normas de xestión
1. A obligación do pago do precio público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben esixese o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do TR 2/2000 da lei reguladora das facendas locais e durará ata a formalización da baixa ou finalización da actividade.
2. A estos efectos, co acordo de imposición establecerase:
a) O réxime de xestión, que indicará se procederase mediante autoliquidación dos obrigados ao pago ou liquidación aprobada polo concello.
b) No seu caso, baremos e criterios de admisión para a actividade.
c) Prazos de ingreso, que poderán ser nun pago único anticipado ou fraccionado en varios prazos ao longo de desenrolo da actividade.
d) Medios de pago, sendo o procedemento ordinario o de domiciliación bancaria, mediante impreso autorizante firmado polos usuarios no momento da matrícula na actividade, ou o ingreso nas contas municipais habilitadas ao efecto, por medios ordinarios ou telemáticos na pasarela habilitada polo concello na súa páxina web.
3. O desistimento ou falta de asistencia do usuario á actividade non suporá reducción nin exención da obriga de pagamento mentres non se formalice a baixa correspondente, non procedendo a devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa.
4. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederáse á devolución do depósito constituido, que poderá ser prorrateada segundo a prestacións parciais feitas.
Disposición derradeira
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.