Paderne - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro e utilización de auga potable
Artigo 1. Fundamento e obxecto.
Artigo 2. Feito imponible.
Artigo 3. Beneficios fiscais.
Artigo 4. Suxeitos pasivos.
1. É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades as que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan usuarias ou que se beneficien dos servicios prestados por este Concello.
2. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5. Base imponible.
A cota determinarase en función dos seguintes elementos que se determinan nas tarifas:
1. Por acometida á rede.
2. Cota variable en función do consumo realmente efectuado.
Artigo 6. Tarifas.
1.-Por acometida á rede | |
Todo abonado, por acometida á rede, por unha soa vez satisfará a tarifa que a continuación se sinala, en función do uso a que se destine o subministro | |
1. A acometida á rede de auga potable, por vivenda unifamiliar, establecemento comercial ou finca agrícola que sexa autorizado para utilizar o servicio, gravarase con | 1.352,28 |
2. A acometida á rede de auga potable por industria que sexa autorizada a utilizar o servicio gravarase con | 1.803,04 |
3. A acometida da rede de auga potable, por obra que sexa autorizada -con unha duración máxima de 12 meses- para utilizar o servicio gravarase con | 300,51 |
2.-Consumo | |
1. Tarifa fixa por establecemento do servicio de auga potable, mantenemento da rede, man de obra de conservación de contadores, ó ano | 18,00 |
2. Tarifa de consumo de abonados domésticos, comerciais e agrícolas, por metro cúbico |
|
2.1. Ata 438 m3/ano | 0,00 |
2.2. Máis de 438 m3/ano e ata 876 m3/ano | 0,20 |
2.3. Máis de 876 m3/ano | 1,00 |
3. Tarifa de abonados industriais, por metro cúbico |
|
3.1. Industrias con superficie cuberta de 300 m2 (pagarán idéntica tarifa que a doméstica) |
|
3.2. Industrias con superficie cuberta a partir de 300 m2 (por cada 100 m2 que excedan da tarifa anterior, ampliaranse os límites e/ou cantidades de consumo nun 10% a efectos de determinar o precio por m3) |
|
4. Tarifa de consumos de obras e outros usuarios, |
|
4.1. Ata 30 m3/ano | 0,85 |
4.2. Máis de 30 m3/ano | 1,00 |
Artigo 7. Devengo.
Artigo 8. Normas de xestión.
1. A xestión e recadación desta taxa corresponderá ós servicios do Concello de Paderne.
2. A formalización do contrato de abono supón a alta na Taxa. O cobro das cotas realizarase como máximo en doce liquidacións anuais, podendo agruparse períodos bimensuais, trimestrais ou anuais, sen que sexa necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do recibo correspondente cós detalles da súa facturación.
3. Para o non previsto nesta ordenanza, aplicarase a Ordenanza Reguladora do Servicio.