Ponteceso - Ordenanza fiscal nº 6, reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por licencia de apertura de establecementos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevido no artigo 58 da Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible
1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade, e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para que este Concello outorgue a licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de servicios das corporacións locais.
2.-Para tal efecto considerarase apertura:
a) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.
d) O cambio da razón social, permanecendo invariable a actividade.
e) Os traslados de locais.
f) Os traspasos, transmisións ou cesións, cambios de forma societaria, unións e fusións de empresas e cambios de denominación social.
3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, aberta ou non ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ao imposto sobre actividades económicas.
b) Complemente as actividades anteriores aínda que non se dedique ao seu exercicio, ou teña relación con elas de forma que lle proporcionen beneficios ou aproveitamento, como no caso de sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver, ou, se é o caso, desenvolvida en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria
1.-A base e a cota tributaria determinarase de conformidade coa tarifa seguinte:
Coeficiente | ||
Actividades reguladas polo Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP) | Fixo: 300,00 euros | Ata 50 m2: 1 De 51 a 100 m2: 1,2 De 101 a 250 m2: 1,4 De 251 a 500 m2: 1,6 De 500 a 1.000 m2: 1,8 Máis de 1.000 m2: 2 |
Actividades reguladas no Regulamento de policía e espectáculos (RYPE) | Fixo: 250,00 euros | |
Actividades reguladas polo RAMINP e polo RPYE | Fixo: 400,00 euros | |
Actividades inocuas | Fixo: 150,00 euros |
a) Tarifa xeral: será o resultado de aplicar unha contía fixa, segundo o tipo de actividade, incrementada por un coeficiente segundo o número de metros cadrados do local onde se desenvolve a actividade:
b) Tarifa concreta:
Bancos, caixas e calquera outra entidade financeira: 6.000,00 euros.
Farmacias: 3.000,00 euros.
c) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente que non requira informes técnicos: 95,00 euros.
2.-Nos casos de variación ou ampliación da actividade que se vai desenvolver no establecemento suxeito, das tarifas anteriores deducirase o cobrado por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de posteriores variacións ou ampliacións da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade que se debe ingresar será a diferencia resultante.
Artigo 6.-Exencións e bonificacións
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que non sexan os expresamente previstos en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.
Artigo 7.-Dereito a percibi-la taxa
1.-Adquirirase o dereito a percibi-la taxa e nace a obriga de contribuír ó se inicia-la actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase que se inicia a actividade na data de presentación da solicitude de licencia de apertura.
2.-De se face-la apertura sen licencia previa, adquirirase o dereito a percibi-la taxa ó se inicia-la actividade municipal para determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia do inicio do procedemento administrativo que se instrúa para autoriza-la apertura ou resolve-lo peche do local.
3.-A obriga de contribuír non se verá afectada pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
4.-En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, a cota que se debe liquidar será o 20 por cento das indicadas no artigo 5, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.
Artigo 8.-Normas de xestión
1.-Esta taxa esixirase en réxime de autoliquidación. Para ese efecto, o suxeito pasivo cubrirá o modelo correspondente.
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente a solicitude no Rexistro Xeral, especificando a actividade ou actividades que pretenda desenvolver no local, acompañada da declaración de alta no imposto sobre actividades económicas, e do proxecto ou documentos esixidos polas disposicións vixentes para cada clase de actividade.
2.-Se despois de efectua-la solicitude de licencia de apertura se varía ou amplía a actividade do local, se alteran as condicións proxectadas ou se amplía o local, estas modificacións deberán comunicarse á administración municipal, coas mesmas características do número anterior.
3.-Os servicios técnicos comprobarán e investigarán as declaracións que formulen os interesados, concedendo as autorizacións de non atopar diferencias cos pedimentos das licencias.
4.-Se se desen diferencias, notificaránselle ós interesados e efectuaranse, de se-lo caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedendo as autorizacións unha vez que os interesados corrixan as diferencias e realicen os ingresos complementarios que procedan.
Artigo 9.-Liquidación e ingreso
Cando remate a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase, de se-lo caso, a liquidación correspondente á taxa, que se lle notificará ó suxeito pasivo para que a ingrese nas arcas municipais. Para ese efecto, utilizará os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.
Artigo 10.-Infraccións e sancións
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza aprobouna de xeito provisorio o Pleno da Corporación na sesión celebrada o día vintecinco de agosto de dous mil tres. Comezará a rexer a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.
Disposición derrogatoria
A partir da data de entrada en vigor desta ordenanza fiscal, queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal número 6, reguladora da taxa por licencia de apertura de establecementos, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión plenaria do día 15 de novembro de 2001.