Padrón - Ordenanza reguladora de la tasa por apertura de establecimientos.
Artigo 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85 reguladora das Bases de Réxime Local, este Concedo establece a taxa por licencias de apertura de establecementos a que se retire o art. 20.4 i) da Lei 39/88, do 28 de Decembro, reguladora das Facendas Locáis, modificada pola Lei 25/98, do 13 de Xullo, de modificación do réxime local das taxas estatais e locáis e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.- FEITO IMPONIBLE
1) Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal tendente a
verificar si os establecementos industriáis e mercantis reúnen as condicións de
seguridade, salubndade e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas
e regulamentos para o seu normal funcionamento.
2) A tal efecto, considerase apertura:
a) A instalación por primera vez do establece mentó.
b) A variación ou ampliación da actividade realizada.
c) A ampliación do establecemento ou calquera modificación do
mesmo que afecte ás condicións sinaladas neste artigo.
d) O cambio de titularidade ou razón social.
3) Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación,
aberta ou non ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que se
dedique ó exercicio de algunha actividade empresarial, comercial ou calquera outra
suxeita ó imposto de actividades económicas ou ben sexa complementaria de
algunha das anteriores.
Artigo 3.- SUXEITOS PASIVOS
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas naturais ou xurídicas e as Entidades ás que se retire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria
titulares das actividades a desenrolar en calquera establécemelo industrial ou mercantil.
Artículo 4.º .
Los derechos objeto de esta ordenanza, devengarán como tasa el equivalente al cien por cien de la tarifa del impuesto de actividades económicas que le sea de aplicación."
Igualmente se procede a publicar la derogación total de la ordenanza sobre utilización de dominio público local, mediante anuncios publicitarios.
Artigo 5.- OBRIGA DE CONTRIBUIR
A taxa devengarase polo inicio da actividade municipal que constitúe o feito imponible. A tales efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da solicitude de licenza de apertura.
De realizarse a apertura sen licenza previa, o devengo producirase ó iniciarse a actividade municipal tendente a determinar si o establecemento reúne ou non as condicións esixibles.
En todo caso, a obliga de contribuir non se verá afectada pola denegación da licenza ou polo seu outorgamento condicionado.
Artigo 6.- NORMAS DE XESTION
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura presentarán a correspondente solicitude no Rexistro da Corporación, especificando as actividades a desenrolar no local.
Si con posterioridade se varia ou amplía o local ou as actividades realizadas no mesmo, estas modificacións deberán comunicarse a Administración Municipal.
Artigo 7.- 1NFRACCIONS E SANCIONS
Para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos art.s. 77 e seguintes da L.X.T.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza fiscal, na que a redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o dia 27 de Febreiro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou denegación expresa.