Pontedeume - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por depósito, carga e transporte de madeira de tala.
FUNDAMENTO LEGAL
Artigo 1
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 57 en relación co artigo 20.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o concello de Pontedeume establece a taxa por depósito, carga e transporte de madeira de talla, que se regulará pola presente ordenanza fiscal, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais citado.
FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 2
Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa tendente a verificar a correcta prestación dos servicios de depósito, carga e transporte de madeira de tala realizada por vehículos de peso máximo autorizado superior a 5 Tm, atopándose dita actividade sometida a licencia municipal de carácter anual, a cal debe ser renovada antes que remate o período de vixencia.
DEVENGO
Artigo 3
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderáse iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia.
SUXEITOS PASIVOS
Artigo 4
Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
Titulares, empresarios ou organizadores da actividade de depósito, carga e transporte de madeira de corta.
RESPONSABLES
Artigo 5
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
COTA TRIBUTARIA
Artigo 6
1. A cota tributaria determinarase pola aplicación das seguintes tarifas:
1.- Tarifa primeira: Por tramitación de nova licencia : 23,00 euros.-
2.- Tarifa segunda: Por renovación da licencia: 10,00 euros.-
3.- Tarifa terceira: Por cada rexistro de vehículo en nova licencia ou novos rexistros de vehículos:
a) Pexo máximo autorizado menos de 16 Tm: 5,00 euros por unidade.
b) Peso máximo autorizado maior ou igual a 16 Tm: 10,00 euros por unidade.
2. Independientemente da taxa, e para responder do amaño dos deterioros que se puideran producir nos viais ou da limpeza dos mesmos derivada da carga e depósito de madeira, os beneficiarios da licencia, deberán presentar fianza por calquera dos procedementos establecidos na lexislación vixente, de acordo coa seguinte tarifa:
A) Vehículos cun P.M.A ata 16 Tm: 1.130 euros
B) Vehículos cun P.M.A mairo a 16 Tm: 2.260 euros
3.- Rematada a actividade obxecto da taxa, e logo de verificar pola administración que non se produciron deterioros nos viais, nin depósito de rolla, etc, procederáse de oficio, á devolución dos avais presentados.
EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES
Artigo 7
De conformidade co artigo 9 do texto refundido da lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
NORMAS DE XESTIÓN
Artigo 8
1.- As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos regulados por esta ordenanza, deberán inscribirse nun rexistro establecido para o efecto, no que se fará constar, como mínimo, a identificación do titular da explotación, a razón social, o NIF, o lugar onde se realizará a carga e transporte; Así como os vehículos adscritos á actividade, con indicación de marca, modelo, características da carrocería, matrícula e peso máximo autorizado.
2.- A liquidación correspondente á alta inicial na matrícula ingresarase no momento da solicitude en concepto de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26 do texto refundido da lei de facendas locais 2/2004, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente, por acordo da xunta de goberno local,esta terá carácter anual e deberá ser renovada antes de que remate o período de vixencia.
3.- As autorizacións entenderanse concedidas con carácter provisional e en precario. En base a esta declaración, que deberá facerse constar nos correspondentes acordos de concesión de aquelas, se o interese legal esixise a supresión do aproveitamento, a xunta de goberno local revocará a licencia concedida, requirindo ó titular para que suprima, á súa custa, o aproveitamento.
4.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación das licencia.
5.- As licencias poderaas revoca-lo órgano que as concedeu nos seguintes casos:
a) Polo non uso ou uso indebido.
b) Por cambia-las circunstancias en base ás que se lle concedeu a licencia.
c) En xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta ordenanza ou na licencia de autorización.
6.- Os depósitos de troncos, ramas ou follaxe non poderán invadi-la zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, nin interrompe-la funcionalidade das cunetas, canalizacións, pontes, canles, pasos de auga ou calquera outra infraestructura auxiliar ou anexa ós viarios,nin supor risco para os usuarios da vía. En ningún caso poderán realizarse as actividades descritas no artigo primeiro da presente ordenanza en solo urbano, agás que se trate de actividades industriais e comerciais que conten coa preceptiva licencia municipal.
7.- Prohíbese o vertido de residuos procedentes das operacións reguladas nesta ordenanza en lugares non autorizados expresamente para iso.
8.- No caso de incumprimento reiterado ou falta de pago das cantidades endebedadas en concepto dos preceptos establecidos nesta ordenanza, unha vez exista resolución en firme, suporá a anulación da licencia e, polo tanto, a baixa automática de tódolos vehículos amparados por ela no rexistro e con iso o decaemento de tódolos dereitos derivados e, polo tanto, a prohibición do exercicio das actividades regulamentadas na ordenanza no ámbito do territorio do Concello de Pontedeume.
9.- Non se concederá de novo licencia, renovación nin novas anotacións no rexistro de vehículos a persoas físicas ou xurídicas incursas en causa de anulación ou que manteñan débedas derivadas de expediente de tramitación ou sanción aberto, no cumprimento dos preceptos desta ordenanza, ata a conclusión do expediente e/ou a liquidación dos importes pendentes.
10.- A anulación da licencia implicaría a non concesión de nova licencia durante un período mínimo de un ano, contado dende a data na que exista resolución firme.
Unha segunda anulación de licencia suporá a non concesión de renovación ou nova licencia da actividade á persoa física ou xurídica titular da mesma.
GASTOS DE RECONSTRUCCIÓN E INDEMNIZACIÓNS
Artigo 9
1.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial que se concedeu leve aparellada a destrucción ou deterioro do domínio público local, o suxeito pasivo, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e do depósito previo do seu importe.
Transcorrido un prazo de dez días dende que se producira a destrucción ou deterioro do domínio público local ou a acumulación de restos procedentes das operacións de carga e almacenamento, o concello poderá realizar, con cargo á fianza, as operacións de reparación, corrección e/ou retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda e de exerce-las accións oportunas para resarcirse dos custos, se non foran totalmente cubertos pola fianza.
No caso de reparación dos desperfectos polo infractor, terán que ser efectuados baixo supervisión do técnico municipal.
2.- Se os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruídos ou ó importe do deterioro dos danos.
3.- O Concello de Pontedeume non poderá condonar, total nin parcialmente, as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente artigo.
INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
Artígo 10
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable, sen prexuízo de que a policía municipal inmobilice inmediatamente o vehículo ata a conclusión do expediente ou a presentación da fianza polas cantidades máximas que puideran derivarse da súa instrucción.
Asimesmo e por incumprimento dos preceptos contidos na presente ordenanza, o Concello poderá sancionar ós responsables con multa comprendida entre 60,00 euros e 3.000,00 euros, en función da gravidade dos feitos.
O exercicio das actividades descritas na presente ordenanza sen posuir a correspondente licencia, estará considerado como falla moi grave, séndolle de aplicación máxima.
DISPOSICIÓNS FINAIS
1.-Dereito Supletorio: No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Titulo I do citado texto refundido da lei reguladora das facendas locais, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
2.-Vixencia: A presente ordenanza, entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir da devandita data, permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
3.-Aprobación: A presente ordenanza fiscal nº 30, que consta de 10 artigos e unha disposición final, foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o día 27 de maio de 2004.