Valdoviño - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVICIOS DA AULA DE INFORMÁTICA DO CONCELLO DE VALDOVIÑO.

Publicación provisional: 16/12/2003 BOP Nº: 287
Publicación definitiva: 29/06/2004 BOP Nº: 147
Aplicable dende: 09/02/2005

Art. 1º .- Concepto

A) Dacordo co disposto no artigo 129 en relación co artigo 41 ámbolos dous da Lei 39/88, de 20 de decembro , Reguladora das Fachendas Locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/ 1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece o prezo público por utilización dos servicios da aula de informática do Concello de Valdoviño, que se rexerá polo que dispón esta Ordenanza

B) Poderán ser usuarios da Aula Informática tódalas persoas físicas ou xurídicas que soliciten a utilización do Servicio e as entidades que desenvolven actividades de interese municipal ou de clara relevancia cultural.

Art. 2º .- Suxeitos obrigados ó pago

Son suxeitos obrigados ó pago as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a utilización do servicio ou as que resulten beneficiadas polo mesmo.

Non estarán obrigados ó pago as persoas físicas ou xurídicas cando utilicen o dito servicio para realizar actividades patrocinadas polo Concello de Valdoviño.

Art. 3º .- Actividades gravadas

Constitúe servicio ou actividade gravada por este prezo público a prestación de servicios da Aula Informática do Concello de Valdoviño, consistentes en:

1.- Cursos ou actividades de informática programados e impartidos por profesores que implique conexión á rede telefónica ( Internet, correo electrónico.....), ou non impliquen conexión á rede informática (ofimática, xogos...).

2.- Cesión temporal da aula de informática e súas instalacións ás persoas xurídicas e/ou empresarios individuais para realizar cursos ou actividades, non organizadas polo mesmo Concello.

Art. 4º .- Contía das actividades gravadas

1.- O importe do prezo público fixado cubrirá, como mínimo, o custo do Servicio prestdo, podendo así fixarse un prezo público por debaixo do custo cando existan razóns sociais benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsexen. Especialmente nos casos enunciados no artigo sexto da presente Ordenanza.


2. La cuantía del precio público se determinará aplicando las tarifas siguientes:

Tarifa primera: Cursos o actividades programadas de informática:

* Que no impliquen conexión a la red telefónica: 1,55 euros/hora de curso o actividad.

* Que implique conexión a la red telefónica: 2,07 euros/hora de curso o actividad.

Tarifa segunda: Cesión del aula de informática y sus instalaciones:

* Para entidades con ánimo de lucro: 15,54 euros/hora.

 

Art. 5º .- Obriga de pagamento

A obriga de pago nace sempre dende que se inicia a prestación do Servicio.

Art. 6º .- Normas de xestión: Pagamento

As solicitudes para a admisión en cursos ou/e actividades de informática programadas ou para a utilización por cesión da Aula de Informática e as súas instalacións, dirixiranse ó Alcalde-Presidente do Concello de Valdoviño, sendo informadas e tramitadas polo Servicio Responsable da Aula de Informática do Concello. As utilizacións por cesión da Aula de informática e instalacións, así como a admisión ós cursos ou/e actividades de informática programados será concedida polo Alcalde-Presidente do Concello de Valdoviño e notificadas ó interesado.

Dende a data de recepción da notificación, o importe do prezo público faráse efectivo por ingreso directo nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello e sempre antes de iniciar la utilización das aulas informáticas.

As débedas non satisfeitas nos termos deste artigo esixiranse por vía de constrenximiento dacordo co que dispón o Regulamento Xeral de Recadación.

Art. 7º .- Outras obrigas

Os solicitantes do Servicio da Aula Informática deberán estar ó corrente do pago das débedas contraídas co Concello de Valdoviño.

Nos supostos en que o servicio ou actividade a desenvolver na Aula de Informática, previa autorización, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Comisión de Goberno, conforme o artigo 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa a proposta do servicio técnico co previo informe de la intervención municipal.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, permaneciendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.

A partir da data de entrada en vigor desta ordenanza fiscal, queda derogada a ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servicios da aula informática anteriormente vixente.