Rois - Ordenanza reguladora da taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase

Publicación provisional: 15/03/2004 BOP Nº: 61
Publicación definitiva: 15/03/2004 BOP Nº: 61
Aplicable dende: 15/03/2004

Artigo 1.º .-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 58, en relación co artigo 20, ámbolos dous da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, segundo a modificación establecida polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este Concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais por entradas de vehículos a través das beirarrúas e a reserva de vía pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, especificando nas tarifas contidas no artigo 4 seguinte, que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza as persoas ou entidades a prol das cales se outorguen as licencias, ou quen se beneficia do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.

Artigo 3.º .-Categorías das rúas ou polígonos.

Para os efectos previstos para a aplicación da tarifa do apartado 2 do artigo 4 seguinte, as vías públicas deste concello clasifícanse nunha categoría.

Artigo 4.º .-Contía.

1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.

2.-As tarifas das taxas serán as seguintes:

Tarifa primeira.

- Entrada de vehículos en edificios de vivenda colectivos ou cocheiras particulares:

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 18 euros.

- Entrada de vehículos en vivendas particulares unifamiliares:

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 6,01 euros.

- Entrada en aparcamentos individuais de propiedade privada dentro dun aparcamento xeral e os situados en zonas ou rúas particulares que formen parte de comunidades de propietarios, con prohibición de aparcamento para vehículos que non sexan de propiedade dalgún membro da comunidade.

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 18 euros.

Tarifa segunda.

Entrada en garaxes ou locais destinados á garda, venta, exposición de vehículos ou no que se realicen reparacións destes, prestación de servicios de engraxe, lavado, petroleado, etc., ou repostar carburantes.

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 12 euros.

Tarifa terceira.

Entrada en locais, garaxes ou aparcamentos comerciais para gardar vehículos, mediante prezo por tempo de estacionamento (aparcamento por horas).

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 12 euros.

Tarifa cuarta.

Entrada en locais comerciais ou industriais para a carga e descarga de mercadorías.

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 12 euros.

Normas comúns para a aplicación da taxa:

1.-A taxa aplicarase tanto nas beirarrúas construídas polo Concello como se se trata de beirarrúas construídas por particulares, toda vez que o pagamento deste aproveitamento está motivado pola molestia que ó transeúnte ocasiona e polo beneficio que obtén o usuario. Polo tanto, tamén procederá a aplicación da taxa, aínda cando a rúa careza de beirarrúa, se a rasante se atopa na parte correspondente a unha porta de garaxe.

2.-Os obrigados ó pagamento declararán os elementos tributarios que empreguen, especificando as características destes, e comunicarán calquera variación que deba repercutir na contía da tarifa, así como, en caso de construcción de rego ou vao autorizado, dar conta á Administración municipal da data en que remata a construcción.

3.-A desaparición de regos ou vaos será por conta do propietario quen, deberá solicitar, previamente, a oportuna autorización.

Tarifa quinta.

Reserva de espacios nas vías e terreos de uso público para carga e descarga.

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 12 euros.

Tarifa sexta.

Reserva de espacios ou prohibición de estacionamento.

Epígrafe: contía anual.

Por cada metro lineal de fachada: 12 euros.

Artigo 5.º .-Normas de xestión.

1.-As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas se liquidarán por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

2.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo ó que se refire o artigo seguinte e formular declaración acompañando un plano detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do Concello.

3.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; se se desen diferencias, notificaranse estas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

5.-Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente declaración da baixa polo interesado.

6.-A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do ano natural seguinte ó da súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar aboando a taxa.

7.-As licencias de vao serán transmisibles xunto coa propiedade do local ó que se refiren, debendo ser notificado ó Concello para os efectos de determina-lo titular de ámbolos dous e as responsabilidades que de tal condición se derivasen, sempre que non se produza reforma do local ou cambie a actividade a que viña destinado, en cuxos casos será necesario solicitar e obter nova licencia de vao.

8.- A reserva de espacios para vehículos de minusválidos ou vehículos que os transporten, quedarán exentas do pagamento da taxa.

Artigo 6.º .-Obrigación de pagamento.

1. A obrigación de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada ano natural.

c) As licencias tramitadas no segundo semestre do ano pagarán o 50 por cento da taxa.

2. O pagamento da taxa realizarase:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.

Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 47.1 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais na Tesourería municipal ou onde establecese o Concello.

Artigo 7.º .-Instancias.

A instancia solicitando licencia se cursará cumprindo os seguintes requisitos e acompañada dos documentos que se indican:

Para vaos:

a) Plano de situación do local.

b) Fotocopia da escritura do local ou, no seu defecto, plano ou planos de planta do local, debidamente acoutados a escala 1:100 mínima, coa situación e dimensións do acceso.

c) Para garaxes colectivos, xustificación de cumprimento da Normativa contra incendios, asinado por técnico habilitado para tal efecto.

d) No caso de locais comerciais, industriais ou almacéns, ademais dos requisitos anteriores, se deberá presenta-la licencia de actividade e apertura do establecemento.

Para reserva de espacio:

a) Os que se sinalan nos apartados a e b do punto anterior, a excepción da escritura de propiedade.

b) Xustificación da necesidade desta.

c) Licencia de actividade e apertura do establecemento.

d) Outras que o solicitante estime oportuno.

Artigo 8.º .-Das obrigacións do titular da licencia.

O titular da licencia de vao queda obrigado a:

1. Responder de tódolos danos producidos no acceso dende a vía pública ó interior do inmoble, e en particular os que afecten á calzada, beirarrúas, paseos, mobiliario urbano e elementos de sinalización ou servicios.

2. Realizar, á súa costa, as obras de rebaixe necesarias na beirarrúa ou parte da vía pública que limite co inmoble ou local destinado a garaxe. Estas obras, en todo caso, deberán estar expresamente autorizadas polo Concello e baixo a inspección do técnico municipal.

3. Mante-lo acceso ó inmoble limpo de graxas, aceites ou outros producidos polo tráfico de entrada e saída de vehículos a este.

4. Coloca-los sinais de vao oficial na porta de entrada e saída do inmoble, en lugar visible, a ámbolos dous lados da porta, de modo que quede perfectamente definida a zona de vao.

5. Aboa-los tributos debidamente aprobados polo Concello, constituíndo a falta de pagamento destes causa suficiente para a resolución da licencia, por entenderse que o titular desta desiste implicitamente.

6. Solicitar novas placas, en caso de perda ou deterioro importante destas.

7. Entregar ó Concello as placas correspondentes no caso de resolución da licencia ou renuncia voluntaria xunto con esta.

Artigo 9.º .-Emprazamento dos vaos.

Non se concederá licencia de vao, aínda cando reúnan os requisitos do artigo 7, nos seguintes casos:

a) Cando teñan que atravesa-los vehículos unha zona verde.

b) Cando teñan que atravesa-los vehículos unha beirarrúa pública de máis de 4 metros de anchura, salvo que se trate de garaxes comunitarios.

c) Cando os locais para os que se solicita o vao estean situados nunha zona peonil.

d) Cando o acceso ó local se faga a través dun paso de peóns.

e) Cando o acceso ó local requira a retirada de farois, árbores ou mobiliario urbano.

f) Cando poida desharmonizar pola proximidade dun monumento histórico-artístico.

Artigo 10.º .-Distintivos.

O sinal ou placa indicadora de concesión de vao ou reserva de espacio, terá modelo oficial fixado polo Concello, e nela figurará o número de rexistro da autorización así como a data de revisión. No caso de placa de reserva de espacio figurará ademais a limitación horaria.

Queda expresamente prohibido a instalación doutro tipo de placas e carteis indicadores de prohibido aparcar, así como calquera utilización de sinais horizontais ou verticais que non sexan oficiais.

Artigo 11.º .-Rexistro de licencias.

Para os efectos de control e actualización sobre licencias concedidas, no Negociado de Obras do Concello se levará un libro de rexistro destas.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.