Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 18. -REGULADORA DA TAXA POLA RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA E DEPÓSITO DELES E INMOBILIZACIÓN DOS ESTACIONADOS ANTIREGULAMENTARIAMENTE

Publicación provisional: 26/12/2001 BOP Nº: 294
Publicación definitiva: 26/12/2001 BOP Nº: 294
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 1º . - Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade cos artigo 15 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Cambre establece a "taxa pola retirada de vehículos da vía pública ou terreos adxacentes e o almacenamento dos mesmos, así como a inmobilización dos estacionados antirregulamentariamente sen perturbar gravemente a circulación", de acordo co previsto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 2º. - Feito impoñible e obriga de contribuír.

1. Constitúe o feito impoñible da presente exacción, a prestación do servicio de recepción obrigatoria de retirada, traslado e almacenaxe de vehículos que se encontren na vía pública e terrenos adxacentes, así como a inmobilización daqueles que se atopen estacionados de forma antirregulamentaria sen perturbar gravemente a circulación. A retirada, traslado e almacenaxe de vehículos producirase nos casos previstos na lexislación vixente e en concreto:

 

a) Cando o requiran as autoridades xudiciais e administrativas.

 

            b) Cando o vehículo se atope en estado de abandono.

 

            c) Cando o vehículo se atope estacionado na vía pública de modo que perturbe, entorpeza ou obstaculice a circulación da mesma.

 

            d) Cando o vehículo sexa inmobilizado polos axentes da autoridade e transcorran máis de 24 horas sen que o conductor ou propietario proceda a subsana-las deficiencias e a retira-lo mesmo.

 

2. A obriga de contribuír nacerá, devengándose a taxa, no momento en que interveñan os axentes municipais co fin de retirar, trasladar ou inmobilizar os vehículos.

 

Na modalidade de depósito, devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír desde que o vehículo chega ó local destinado ó seu depósito.

Artigo 3º . - Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades a que se refiere el artículo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan propietarios dos vehículos.

2. Responderán subsidiariamente co suxeito pasivo, os conductores do vehículo que aparezan como causantes da conducta da que deriva a producción do feito impoñible, así como as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 de la Lei xeral tributaria.

3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebra, concursos, sociedades e as entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinalen os artigos 41 e 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 4º. - Beneficios fiscais.

Non serán aplicables beneficios fiscais, salvo os que poidan establecerse en normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 5º. - Base de gravame.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa en función da natureza do servicio prestado

Artigo 6.º .-Tarifas.

Rexerán as seguintes tarifas:

1. Retiradas e traslados ó depósito, por cada vehículo:

1.1 Retirada e traslado ó depósito municipal: 90,15 euros.

1.2 Depósito e custodia do vehículo: 8,66 euros diarios.

Estas tarifas serán tamén de aplicación ós vehículos inmobilizados.

En caso de que o propietario do vehículo se persone no lugar da retirada antes de que comece o traslado, a tarifa será reducida nun 50 por cento.

Artigo 7º. - Normas complementarias e de xestión.

1. Os dereitos e taxas desta ordenanza son esixibles e plenamente compatibles coas sancións que procedan de acordo co cadro de multas do Código de circulación.

 

2. Trasladados os vehículos ó depósito, pola dependencia administrativa que corresponda ou polo concesionario do servicio, cursarase comunicación ó titular do vehículo para que antes do último día hábil  do mes seguinte a aquel no que reciba a comunicación, se faga cargo do mesmo e aboe o importe das taxas correspondentes, debendo facerse efectivos no momento en que o titular ou persoa interesada se presente a recolle-lo vehículo.

 

3. A saída de toda clase de vehículos ingresados no depósito, deberase autorizar por quen dispuxo o seu ingreso ou persona habilitada para elo e únicamente poderán ser entregados ós titulares ou a persoas autorizadas, os cales, en dito momento, autoliquidarán a taxa de acordo coa tarifa contida no artigo 6º. Contra dita liquidación poderanse interpoñer os recursos que en dereito procedan.

 

4. Transcorrido o prazo ó que se refire o apartado 2 sen que o titular se fixera cargo do vehículo e pagado as taxas, procederase ó cobro das mesmas pola vía de constrinximento administrativo.

 

5. No acto de finalización e adxudicación do vehículo, practicarase a liquidación definitiva dos débitos á Facenda municipal, acumulando a débeda principal ademais dos gastos de procedemento, ata o momento da adxudicación.

 

6. Cando os titulares dos vehículos depositados foran descoñecidos, a notificación a que se refire o apartado 2 do presente artigo, practicarase mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, sendo o seu importe a costa do interesado. O procedemento seguirá a continuación na forma prevista neste precepto.

 

7. Inmobilización dos vehículos. Cando un vehículo se encontre estacionado de forma antirregulamentaria sen perturbar gravemente a circulación e o seu conductor non estivera presente ou, estando se negara a retiralo, será inmobilizado por medio de cepos ou outros procedementos mecánicos similares para impedir a súa circulación. Tamén procede a inmobilización dos vehículos nos termos previstos nas normas que regulan o estacionamento de vehículos nas vías urbanas.

 

Os conductores ou propietarios de vehículos inmobilizados conforme ó previsto no párrafo anterior, solicitarán  ós  axentes municipais  a súa posta  en  circulación, polo cal procederá a ingresar o seu importe de cota prevista no artigo 6º, aplicándose o resto das normas de xestión previstas nesta ordenanza.

Artigo 8º . - Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación das infraccións cometidas e a súa sanción, se estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria."