Pontes de García Rodríguez As - TAXA POR ENSINANZAS ESPECIAIS EN ESTABLECEMENTOS DOCENTES MUNICIPAIS
ARTIGO 1º .- FUNDAMENTO DE RÉXIME
ARTIGO 2º .- FEITO IMPOÑIBLE
ARTIGO 3º .- DEVENGO
ARTIGO 4º .- SUXEITOS PASIVOS
ARTIGO 5º .- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE
ARTIGO 6º .- COTA TRIBUTARIA E CADRO DE TARIFAS
A cota tributaria virá determinada pola aplicación das tarifas máximas fixadas neste artigo e tendo en conta, de ser o caso, os coeficientes reductores que se establecen no artigo 8º , atendendo a criterios xenéricos de capacidade económica e circunstancias familiares.
Tarifas:
Curso completo de grao elemental | 333,00 euros |
Curso completo de grao medio | 500,00 euros |
Disciplinas soltas de grao elemental | 100,00 euros |
Disciplinas soltas de grao medio | 150,00 euros |
Proba de acceso ó grao medio | 100,00 euros |
Servicios xerais | 20,00 euros |
Inscrición por primeira vez | 30,00 euros |
Certificado de estudios | 5,00 euros |
Traslado de expediente | 8,00 euros |
Outras certificacións | 5,00 euros |
Aboaranse as tarifas correspondentes á "inscrición por primeira vez" o primeiro ano que o alumno se matricule no centro, e a correspondente a "servizos xerais" cada curso por matrícula.
A tarifa correspondente a "traslado de expediente" tamén se aboará no caso de "traslado de matrícula viva".
No caso de alumnos matriculados en dúas especialidades terán que aboa-la contía completa dun curso e as disciplinas soltas precisas para cubri-la outra especialidade.
Poderase aboa-lo importe total da matrícula no momento de formaliza-la mesma, ou ben aboa-lo 35% nese momento e o resto facelo en nove mensualidades, comprendidas entre os meses de outubro e xuño.
No suposto de renuncia de matrícula e previa solicitude terán dereito á devolución de ingresos nos seguintes casos:
A) Se a renuncia se fai antes do 31 de decembro o 35 por cento da matrícula, e en caso de ter pagada a matrícula completa o importe desta ratearase por meses naturais.
B) Se a renuncia se fai despois do 31 de decembro non corresponde devolución e só se deixan de ingresar as mensualidades restantes, dende o mes seguinte á solicitude de renuncia.
ARTIGO 7º .- RESPONSABLES
1.- Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, todas as sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarios das infracións cometidas neste réxime de tributación.
2.- Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.
3.- Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consentiran no incumprimento por quen dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de executar polas persoas xurídicas que cesasen nas súas actividades.
4.- Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputadas ós respectivos suxeitos pasivos.
ARTIGO 8º .- BENEFICIOS FISCAIS
De acordo co establecido no artigo 24.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co fin de establece-las taxas atendendo ó criterio de capacidade económica e as circunstancias familiares de quen ten que satisfacelas, establécense sobre as tarifas previstas no artigo 6º os seguintes coeficientes reductores:
A. Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar.
Sobre as tarifas aplicaranse as seguintes reduccións totais ou parciais:
a) Inferior ó 50 por cen do SMI unha reducción do 100 por cento.
b) Entre o 50 e o 100 por cen do SMI unha reducción do 50 por cento.
c) Entre o 100 e o 125 por cen do SMI unha reducción do 10 por cento.
Unha vez concedida a reducción, previo achegamento polo interesado da correspondente solicitude e xustificación documental, se como consecuencia das posteriores actuacións de comprobación efectuadas polo Concello, se tivese comprobado que as circunstancias alegadas polo interesado, con base nas cales lle forón outorgados os beneficios fiscais, non se corresponden coa súa verdadeira situación, este virá na obriga de proceder ó reintegro das cantidades que indebidamente tivera deixado de ingresar na facenda local.
B. Segundo as circunstancias da unidade familiar.
Unha reducción do 50 por cen sobre as tarifas en función de que o usuario do servizo acredite -mediante fotocopia compulsada do libro de familia numerosa- ser membro dunha familia numerosa de primeira categoría ou familia numerosa monoparental.
Ademáis os fillos dos profesores do Conservatorio de música profesional das Pontes, cando estes presten unha xornada igual ou superior ó cincuenta por cento da habitual na súa categoría, terán dereito a ensinanza gratuíta no Conservatorio de música deste Concello no que prestan os seus servicios e para as ensinanzas que na mesma se impartan con habitualidade.
ARTIGO 9º .- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello e publicada íntegramente no Boletín Oficial Provincia, entrará en vigor o día trinta de agosto de dous mil catro.
As Pontes de García Rodríguez, 3 de setembro de 2004