Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POLO SERVICIO DE REFORZO EDUCATIVO, CURSOS E OUTRAS ENSINANZAS ESPECIAIS
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7185 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.
Artigo 2.º .-Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios de reforzo educativo e ensinanzas especiais a través de cursos, xornadas, seminarios, talleres, escolas entre outra e que teñan por obxecto a adquisición de técnicas ou coñecementos, disciplinas, artes ou oficios.
Artigo 3.º .-Devengo
A taxa se considerará devengada ,nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.
Artigo 4.º .-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 33 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servicio para as persoas beneficiarias do servicio.
Artigo 5.º .- Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Ley General Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os pais ou titores nos casos de menores solicitantes da acción formativa correspondente.
Artigo 6.º .- Tarifas
1. Pola realización de cursos: 10 euros/curso.
2. Pola prestación do servicio de reforzo educativo: 60 euros.
3. Cando dous o mais usuarios do servicio de reforzo sexan irmáns e dependan da mesma unidade familiar a cota será de 50 euros por cada un dos alumnos
4. Cando por circunstancias de precariedade económica, acreditado de forma motivada, se solicite o reforzo educativo a tarifa será de 6 euros.
Artigo 7.º .-Normas de xestión
1.-A taxa por matrícula esixirase en réxime de autoliquidación.
2.-Os interesados na prestación deste servicio deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía.
3.-En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.
4.-No referente ós cursos serán os encargados da súa preparación os que tramiten segundo a regulación local o réxime de asistencia.
5.-No referido á liquidación da tarifa, a Tesourería Municipal dictará os oportunos actos para poñer ó cobro dita tarifa segundo a actividade habitual no Concello de Cee.
6.-En ningún caso as tarifas son prorrateables.
7.-O curso escolar empeza o 1 de outubro e remata o 31 de agosto agás este ano que empeza o 1 de xaneiro.
Artigo 8.º .-Exencións e bonificacións
Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, derivados dos tratados internacionais ou de convenios de persoal vixentes neste concello. Establécense as bonificacións relativas a irmáns no reforzo educativo e a situación de precariedade económica xa que a lei permite ter en conta circunstancias de capacidade económica á hora de fixar as tarifas.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do 1 de xaneiro do presente ano, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.