Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 27, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZAS DE PRIMEIRA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS.

Publicación provisional: 12/11/2005 BOP Nº: 259
Publicación definitiva: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1º. -Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LBRL), este Concello establece a taxa por licenzas urbanísticas a que se refire o artigo 20.4.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLFL), que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e as súas normas atenden ao previsto no artigo 57 do TRLFL.

Artigo 2º. -Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos técnicos e administrativos necesarios para o outorgamento da licenza de primeira utilización e verificar se os actos de uso do solo se axustan á licenza de obra concedida. Sen a obtención desta licenza, e sen prexuízo das normas legais que en cada caso sexan de aplicación, non se poderá proceder á conexión dos servizos de electricidade, auga, gas e evacuación de augas residuais.

Artigo 3º. -Obriga de contribuír

A obriga de contribuír nace coa petición da licenza ou desde a data en que debeu de solicitarse no suposto de que fose preceptiva.

Artigo 4º. -Suxeito pasivo

1.- Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei 28/2003, de 18 de decembro, Xeral Tributaria (LXT), que sexan propietarios ou posuidores dos inmobles para os que se solicita a licenza.

2.- Terán a consideración de sustitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.

Artigo 5º. - Base impoñible e cota tributaria

A base impoñible determínase polo custo real e efectivo da obra a realizar.

A cota tributaria determinarase pola aplicación da seguinte tarifa:

Por licenzas de 1ª utilización: 0,5% do correspondente proxecto.

Artigo 6º. - Exencións e bonificacións

Non se concederá exención ou bonificación ningunha.

Artigo 7º. - Normas de xestión. Administración e cobranza.

1.- A taxa esixirase en réxime de declaración e liquidación simultánea, cando se realice a petición do interesado e

2.- No suposto de que se preste de oficio, por liquidación practicada pola Administración tributaria local.

Artigo 8º. - Solicitudes.

Os interesados, para a obtención da licenza, presentarán solicitude no rexistro xeral do Concello acompañada da certificación de final de obra expedida por técnico competente, así como xustificante de haber solicitado a alta no imposto sobre bens inmobles de natureza urbá ou, noutros supostos, certificación de técnico competente comprensiva das condicións mínimas de habitabilidade segundo o disposto no Decreto 311/92, do 12 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.

Artigo 9º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da LXT.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, e será de aplicación dende o 1 de xaneiro do ano 2006 para todas aquelas licenzas outorgadas con posterioridade á dita data, e manterá a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derrogada expresamente".