Ponteceso - Ordenanza fiscal nº 4, reguladora da taxa por expedir documentos administrativos
Artigo 1.º.-O fundamento e a natureza.
Artigo 2.º.-O feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal que o Concello desenvolve como consecuencia de tramitar, a instancia de parte, toda clase de documentos que expida ou de expedientes que realicen as autoridades municipais ou a administración.
2. Para estes efectos, o Concello entenderá tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que provoque un particular ou que redunde no seu beneficio, aínda que non haxa unha solicitude expresa do interesado.
3. Cando estean gravados por outra taxa municipal ou cando o Concello esixa un prezo público e naquelas que establezan as leis especiais, non estará suxeita a esta taxa a tramitación dos documentos e dos expedientes necesarios para cumprir as obrigas fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra as resolución municipais de calquera índole, os relativos a prestar servizos ou a realizar actividades de competencia municipal e os relativos á utilización privativa ou ao aproveitamento especial de bens de dominio público municipal.
Tampouco estará suxeita a esta taxa a expedición de certificados esixidos na tramitación de expedientes no Concello de Ponteceso para conceder axudas e outros beneficios asistenciais de carácter social.
Artigo 3.º.-Os suxeitos pasivos.
Artigo 4.º.-Os responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas, as xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores, de feito ou de dereito, das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores das sociedades e das entidades que adquiran bens afectos pola lei ao pago da débeda tributaria, e as persoas ou as entidades que contraten ou que subcontraten executar obras ou prestar servizos que correspondan á súa actividade económica principal, nos supostos e e co alcance que sinala o amigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º.-As exencións e as bonificacións.
Artigo 6.º.-A cota tributaria
1. A cota tributaria determinaraa o Concello por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou dos expedientes que vai tramitar, de conformidade coa tarifa do artigo seguinte.
2. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou do expediente do que se trate, dende o seu inicio ata a súa resolución final, incluíd a certificación e a notificación do acordo recaído ao interesado.
Artigo 7.º.-A tarifa
A tarifa á que se refire o artigo anterior, estrutúrase nos seguintes epígrafes.
Epígrafe 1.-Padón de habitantes.
1. Certificados de empadronamiento:
No padrón que está vixente: 3,00 euros.
En padróns anteriores: 6,00 euros.
2. Informes de convivencia e residencia: 3,00 euros.
Epígrafe 2.-Certificacións e cotexo de documentos.
1. Certificacións de resolucións ou de acordos municipais:
Se corresponden ao último ano: 4,00 euros.
Se corresponde a anos anteriores: 6 00 euros.
2. Dilixencia de cotexo de documentos:
A primeira folla: 1,50 euros.
As follas seguintes: 0,30 euros.
3. Verificación de poderes que teñan que producir efecto nas oficinas municipais: 12,00 euros.
4. As demais certificacións: 3,00 euros.
Epígrafe 3.-Urbanismo.
1. Expedientes declaración de ruína: 150,00 euros.
2. Certificacións dos informes que emitan os técnicos municipais: 10,00 euros.
3. Informes e consultas en materia urbanística: 8,00 euros
Epígrafe 4.-Outros.
1. Expedición de documentos mediante fotocopia:
DIN A4: 0,15 euros.
DIN A3: 0,30 euros.
2. Copia da cartografía en soporte papel:
DIN A4: 1,00 euros.
DIN A3: 1,50 euros.
3. Informe das parcelas catastrais: 3,00 euros
4. Expedición da tarxeta de armas de 4.ª categoría: 10,00 euros.
Artigo 8.º.-A obriga de contribuír
Artigo 9.º.-A declaración e o ingreso
1. O Conoello esixirá a taxa en réxime de autoliquidación. A persoa interesada deberá presentar o xustificante acreditativo do pagamento da taxa xunto coa solicitude ou co escrito que presente.
2. O Concello admitirá provisionalmente as solicitudes que reciba polos medios aos que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, e que non veñan debidamente reintegradas, pero non as cursará ata que a persoa interesada subsane a deficiencia. Para eso, o Concello requerirá á persoa interesada para que no prazo de dez días pague as cotas correspondentes. Apercibirá á persoa interesada de que os escritos que presentou os terá por non presentados ou de que arquivará a solicitude, se no prazo concedido non realiza o pagamento.
3. A administración municipal non entregará nin remitirá as certificacións ou os documentos que expida a administración municipal en virtude de oficios de xulgados e tribunais para toda clase de litixios se non satisfixeron previamente as correspondentes cotas tributarias.
Artigo 10.º.-As infraccións e as sancións
Disposición final.
Esta ordenanza fiscal consta de 10 artigos, aprobouna o Pleno do Concello de Ponteceso na sesión do día 28.02.2005, enriará en vigor ao día seguinte de que se publique no Boletín Oficial da Provincia, aplicarase ao día seguinte de que se publique e permanecerá en vigor ata que o Concello a modifique ou a derrogue expresamente.
A partir da data de entrada en vigor desta modificación, queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora da taxa por expedir documentos administrativos, que a aprobara o Pleno da Corporación na sesión do 25 de agosto de 2003.