Pontes de García Rodríguez As - TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa da actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades municipais.
2.- Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte por calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.
3.- Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedintes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou ó aproveitamento especial de bens de dominio público municipal que estean gravados por outra taxa municipal, ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.
ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES
1.- Respondenrán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (LXT).
2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.
ARTIGO 5º.- EXENCIÓNS SUBXECTIVAS
Gozarán de exención aqueles contribúintes en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
1ª.- Que fosen declaradas pobres por precepto legal.
2ª.- Estar inscritas no padrón da beneficencia como pobres de solemnidade.
3ª.- Que obtivesen o beneficio xudicial de probeza, respecto ós expedintes que deben surtir efecto, precisamente, no procedemento xudicial no que fosen declarados pobres.
4ª.- Así mesmo estarán exentos de taxa na presentación de instancias, as sociedades de veciños ou comunidades cando realicen peticións ó Concello que teñan carácter colectivo.
ARTIGO 6º.- COTA TRIBUTARIA
ARTIGO 7º.- TARIFA
As tarifas ás que se refire o artigo anterior serán as seguintes:
NATUREZA DOS EXPEDIENTES | Euros |
Por fotocopia. | 0,15 |
Modificación dos datos do suxeito pasivo. | 3,00 |
Certificacións de informes emitidos polos Técnicos municipais a petición de arte. | 7,00 |
Cambios de titularidade do Im osto de bens inmobles de natureza rústica. | 12,00 |
Máis de cinco cambios de titularidade. | 7,00 |
Partición de fincas de IBI natureza rústica | 12,00 |
Cambios de titularidade de unidades a efectos de bens inmobles de natureza urbana. | 12,00 |
Altas no Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana, por unidade, con traballo de campo e cartografía. | 45,00 |
Alta por expediente | 21,00 |
Alta por unidade urbana | 3,00 |
Expedición, a instancia de articulares interesados, de copias de atestados policiais | 43,77 |
DEREITOS DE EXAME (funcionarios de carreira e ersoal laboral fixo): |
|
Exame ara prazas encadradas no grupo A ou asimilado | 37,44 |
Prazas do grupo B ou asimilado | 32,24 |
Prazas do grupo C ou asimilado | 28,08 |
Prazas do grupo D ou asimilado | 22,88 |
Prazas do grupo E ou asimilado | 18,72 |
ARTIGO 8º
ARTIGO 9º.- DEVENGO
Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedintes suxeitos ó tributo.
Nos casos ós que se refire o número 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
ARTIGO 10º.- DECLARACIÓN E INGRESO
A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito da solicitude da tramitación do documento ou expedinte, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira, ou a solicitude no fora expresa. Os escritos recibidos polos conductos ós que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso se non que se subsane a deficencia, para tal fin requirase ó interesado para que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercebimento de que, transcorrido dito prazo sen efectúalo, teránse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
As certificacións ou documentos que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacese a correspondente cota tributaria.
ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
1. A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, comenzará a rexelo mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.
2. A presente ordenanza fiscal, que consta de 11artigos e unha disposición derradeira, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión de data 3 de outubro 2005.