Carnota - ORDENANZA REGULADORA DA EXPEDICIÓN DE TARXETAS DE ESTACIONAMIENTO PARA PERSOAS CON MINUSVALÍA

Publicación provisional: 25/04/2001 BOP Nº: 94
Publicación definitiva: 25/04/2001 BOP Nº: 94
Aplicable dende: 25/04/2001

Normativa

Ó abeiro do disposto nos artigos 27.2 da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e, 50.2 E 53.1 do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.º .-Obxecto.

A presente ordenanza ten por obxecto a regulamentación da expedición polo Concello de Carnota das tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalía, ó abeiro do disposto nos artigos 27.2 da Lei 8/97, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e 50.2 e 53.1 do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro.

2.º .-Destinatarios.

Os destinatarios da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, serán aqueles que estando empadroados neste Concello teñan recoñecida a imposibilidade de utilización de transportes públicos, polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes das seccións de cualificación e estimación de minusvalía da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa física poderá emprega-la tarxeta en calquera vehículo no que se translade, aínda que este non sexa o propietario do vehículo, ou o conductor deste.

Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica, esta incluirá a matrícula de tódolos vehículos habilitados para o transporte das persoas con graves problemas de mobilidade.

3.º .-Documentación.

A documentación que deberá achega-lo solicitante da tarxeta é a que segue:

1.-Certificado de empadroamento.

2.-Solicitude debidamente cumprimentada.

3.-Documento nacional de identidade do titular da tarxeta.

4.-Certificado de minusvalía expedido polo equipo de valoración (EVO), desta Comunidade Autónoma ou organismo análogo doutras comunidades.

5.-Unha fotografía tamaño carné.

6.-Fotocopia do carné de conducir, ben do minusválido, ou ben da persoa que o transporta habitualmente.

4.º .-Requisitos.

- Estar empadroado no Concello de Carnota.

- Ter recoñecida a imposibilidade de utilización de transportes públicos polo equipo de valoración (EVO), dependente da sección de valoración e cualificación de minusvalías.

5.º .-Procedemento de trámite.

Corresponde ó Concello de Carnota a concesión das tarxetas de estacionamento para minusválidos, a través do seguinte procedemento:

a) A solicitude, que se poderá recoller no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Carnota, cumprimentarase, iniciándose o expediente por instancia da persoa interesada ou de quen a represente.

b) A persoa que tramite a solicitude comprobará que no certificado de minusvalía conste o recoñecemento expreso da imposibilidade de utilización de transporte público; en caso contrario, o Concello axuntará unha copia da solicitude ó EVO, do correspondente informe.

e) Completado o expediente, o alcalde, órgano ou persoa na que delegue, emitirá a resolución, que concederá ou denegará a tarxeta solicitada.

A resolución será notificada ó solicitante de acordo co procedemento establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do proceso administrativo común.

Unha vez concedida a tarxeta deberá ser asinada polo titular para logo ser plastificada, e cando se faga uso dos dereitos desta colocala nun lugar visible do vehículo

6.º .-Validez, caducidade e obrigas dos beneficiarios das tarxetas.

As tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalidez terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos países da Unión Europea, debendo solicita-lo translado do expediente, en caso de cambio de domicilio a outro Concello, do beneficiario da tarxeta.

No caso de que a cualificación da minusvalía sexa permanente, a tarxeta caducará ós dez anos da concesión.

No caso de que a cualificación da minusvalía sexa provisional, caducará na data de validez sinalada na cualificación desta.

O beneficiario que faga un uso indebido da tarxeta de maneira reiterada e debidamente probada, a citada tarxeta seralle retirada por un período de dous anos.

7.º .-Modelos

ANEXO I

Modelo de solicitude.

"Don/dona ..., maior de idade, con enderezo en ..., teléfono ..., con DNI número ...;

En nome do beneficiario ..., con DNI ...;

Expón:

Que ten recoñecida a imposibilidade de uso de transporte público, tal como figura no certificado de minusvalía, emitido polo equipo de valoración (EVO) correspondente.

Que está recoñecido minusválido, pero no certificado non aparece expresamente recoñecida a imposibilidade de uso de transporte público polo EVO correspondente.

Que ten graves problemas de mobilidade, pero non ten a condición de minusválido por non estar recoñecido polo EVO correspondente.

Que son beneficiario dunha tarxeta de estacionamento para minusválidos concedida polo Concello de..., e solicito o translado de expediente ó Concello de Carnota.

Solicita:

Que lle sexa expedida a tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, segundo o modelo establecido no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia, compremeténdose a cumpri-las normas que regulan a súa expedición.

Carnota, ... de ... de 200...

Sinatura.

O señor alcalde-presidente do Concello de Carnota.

 

MODELO II

 

Modelo de notificación da concesión da tarxeta de estacionamento para minusválidos.

Destinatario: don/dona ...

Asunto: notificación de concesión da tarxeta de estacionamento para minusválidos.

Vista a solicitude da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, formulada por don/dona ..., a Alcaldía do Concello de Carnota, en aplicación do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia,

Resolveu o día ... de ... de 200...

Concederlle a tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, polo que deberá pasar polo Departamento de Servicios Sociais deste Concello a recollela.

O que lle comunico, para o seu coñecemento e efectos, significándolle que pode interpoñer recurso ante este órgano que dictou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte á recepción desta notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses, que comezará a contar dende o día seguinte á recepción desta notificación.

Carnota, ... de ... de 200...

O alcalde, Xosé Manuel García Martínez.

 

ANEXO III

 

Modelo de notificación da denegación da tarxeta de estacionamento.

Destinatario: don/dona ...

Asunto: notificación de denegación da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía.

Vista a solicitude de tarxeta de estacionamento para minusválidos formulada por don/dona ..., en aplicación do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia,

Resolveu o día ... de ... de 200...

Denegarlle a tarxeta de estacionamento para minusválidos polos seguintes motivos: .........

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos, significándolle que pode interpoñer recurso ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte á recepción desta notificación, ou ben recurso contencioso administrativo ante o órgano contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses, que comezará a contar dende o día seguinte á recepción desta notificación.

Carnota, ... de ... de 200...

Asinado.

O alcalde-presidente.