Rois - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 de la Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e dos artigos 15.1 e 59.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o Imposto sobre construcións, instalacións e obras, que se rexerá polo disposto na devandita lei e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.º .-Feito impoñible
1.-Constitúe o feito impoñible do Imposto a realización no termo municipal de Rois de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non a devandita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2.-Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior; e en particular as seguintes:
a) As obras da nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou de reforma que afecten á estrutura, o aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) A construción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construcións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servizos públicos, que corresponderán tanto as obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrución ou amaño do estragado coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, terraplenados, agás que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valados, os andamios e as andamiaxes de precaución.
h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servizos públicos, calquera que sexa seu emprazamento.
i) Os usos e instalacións de carácter provisorio.
l) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valados que teñan publicidade ou propaganda.
ll) As instalacións subterráneas dedicadas aos aparcamentos, as actividades industriais, mercantís ou profesionais, aos servizos públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.
m) A realización de calquera outra actuación establecida polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licenza municipal, sempre que se trate de construcións, instalacións ou obras.
n) Derrubamentos.
ñ) Aliñacións e rasantes.
o) As que se realicen en cemiterios.
p) Calquera outra construción, instalación ou obra que precise licenza de obra o urbanística.
3.-Quedan tamén incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licenza aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez ditada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo ao interesado.
Artigo 3.º .-Supostos de non suxeición
Non estarán suxeitas ao imposto regulado na presente ordenanza:
a) As obras, construcións e instalacións que, debendo ser entregadas ao Patrimonio Municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude de convenio de colaboración ou cooperación co Concello.
b) As obras, construcións e instalacións realizadas por entidades de interese público ou asociacións veciñais en bens de uso ou servizo público municipal, coa autorización previa do órgano correspondente.
c) As obras que consistan en construción e reconstrución de muros, como consecuencia da necesidade de ensanche das vías públicas se se efectuou a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.
d) A execución de obras de urbanización realizadas polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ao Patrimonio municipal.
e) As obras realizadas nos centros públicos e nos centros privados concertados sempre que estas se realicen nos niveis de educación obrigatoria.
f) As obras e construcións que se promovan pola Mancomunidade a que pertenza o Concello de Rois, no seu caso
Artigo 4.º .-Exencións
Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que estando suxeitas a este, sexan directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Artigo 5.º .-Suxeitos pasivos e substitutos do contribuínte.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58 / de 28 de decembro, que sexan donos das construcións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realicen aquelas.
Aos efectos deste punto terán a consideración de donos das construcións instalacións ou obras quen soporten os gastos ou costos que comporten a súa realización.
2.-Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, no caso de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
Para a aplicación deste apartado considerarase substituto de primeiro grao ao solicitante da licenza e contra este obrigado exercitarase a acción administrativa dirixida ao cobro do imposto. Cando non exista solicitude de licenza esixirase a presentación da declaración e o ingreso, á empresa que realice a construción, instalación ou obra.
3.-O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
Artigo 6.º .-Base impoñible.
A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra; e se entende por tal, a estes efectos, o custo de execución material de aquela.
Non formarán parte de dita base o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou obra, nin os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre o custo de execución material.
Artigo 7.º .-Tipo de gravame e cota tributaria
1.-A cota íntegra do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravame:
a) Tipo xeral: 2%.
b) Construcións, instalacións e obras en solo industrial: 2,5%.
c) Construción de edificacións plurifamiliares, vivendas colectivas ou promocións que na solicitude de licenza conteñan mais dunha vivenda unifamiliar: 3%
2.-A cota líquida do Imposto será, no seu caso, o resultado de aplicar a cota ás bonificacións que se establece no artigo 9.º desta ordenanza.
Artigo 8.º .-Devengo do imposto
1.-A obriga de contribuír nace no intre de se escomezar a construción, instalación ou obra, mesmo nos casos en que escomece sen ter obter a licenza que proceda.
2.-Aos efectos deste imposto, entenderanse iniciadas as construcións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fora concedida a preceptiva licenza municipal; no momento no que sexa retirada a devandita licenza polo interesado ou o seu representante, ou noutro caso, no mes da data do Decreto ou do acordo da Xunta de Goberno Local.
Artigo 9.º .-Bonificacións
Artigo 10.º .-Normas de xestión
1.-Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, acompañada dos correspondentes orzamentos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza antes do inicio das obras, a conduta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 11 desta Ordenanza.
2.-Concedida a licenza ou adoptado o acordo aprobatorio ou autorización en relación coas construcións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal e, en todo caso, no prazo máximo dun mes contado a partir do momento no que se inicie a construción, instalación ou obra, mesmo cando non fose solicitada, concedida ou denegada aínda a devandita licenza, o suxeito pasivo estará obrigado a abonar a liquidación pertinente nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, sen que o pagamento comporte ningún tipo de acto declarativo de dereito a prol daqueles.
A base impoñible para esta liquidación determinarase en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial correspondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.
3.-O pagamento da liquidación practicada terá carácter provisorio e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras.
4.-Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modifica-la base impoñible a que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que resulte.
Para estes efectos, e no caso de que se modificara o proxecto inicial das construcións, instalacións ou obras e se incrementara o orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal os suxeitos pasivos están obrigados a facer o ingreso da liquidación complementaria pola diferenza entre o orzamento inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
5.-No caso de que non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa á licenza ou caducara a mesma.
6.-Nos supostos de licencias concedidas en virtude da aplicación das normas sobre silenzo administrativo, o pagamento do imposto deberá realizarse antes de dar comezo as obras.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse no exercicio 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición derrogatoria.
Coa entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior ordenanza fiscal de construcións, instalacións e obras, aprobada polo Pleno da Corporación, na sesión do 8 de novembro de 2003 e publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 266, do mércores dezanove de novembro de dous mil tres.
ANEXO
1.-Obra menor:
1.1. Demolición de muros: 14,89 euros/m2.
1.2. Demolición de tabiques: 3,96 euros/m2.
1.3. Levantado de solainas: 4,33 euros/m2.
1.4. Picado de azulexados e revestimentos: 5,19 euros/m2.
1.5. Demolición de forxados: 9,69 euros/m2.
1.6. Demolición completa 9,37 euros/m2.
2.-Movemento de terras:
2.1. Escavación de gabias: 7,76 euros/m3.
2.2. Escavación de vaciado: 2,14 euros/m3.
2.3. Recheo de gabias: 11,12 euros/m3.
2.4. Recheo de ceo aberto: 6,42 euros/m3.
2.5. Carga e transporte de terras a vertedoiro: 4,36 euros/m3.
2.6. Tubos de canalización: 3,64 euros/m.
3.-Peches:
3.1. Peche de estacas e arame: 3,64 euros/m.
3.2. Peche de tea: 19,33 euros/m.
3.3. Peche de zócalo fábrica e tea: 31,11 euros/m.
3.4. Peche de fábrica h. 1 m: 23,51 euros/m.
3.5. Peche de zócalo fábrica e celosía: 44,99 euros/m.
3.6. Peche de cachotería e celosía: 72,62 euros/m.
3.7. Peche de cachotería e reixa: 34,59 euros/m.
3.8. Colocación de columna para contador da luz: 193,61 euros/ud.
4.-Cuberta:
4.1. Demolición de cuberta de fibrocemento: 2,09 euros/m2.
4.2. Demolición de cuberta de tella: 3,64 euros/m2.
4.3. Cuberta de fibrocemento: 13,17 euros/m2.
4.4. Cuberta de tella: 31,11 euros/m2.
4.5. Cuberta de lousa: 44,99 euros/m2.
4.6. Substitución de tella por fibrocemento: 17,30 euros/m2.
4.7. Substitución de tella por tella: 27,68 euros/m2.
4.8. Substitución de tella por fibrocemento e tella: 38,07 euros/m2.
5.-Albanelería:
5.1. Formigón en masa: 8,10 euros/m3.
5.2. Estrutura completa de formigón armado: 57,41 euros/m2.
5.3. Estrutura completa de aceiro: 62,93 euros/m2.
5.4. Estrutura naves de formigón armado: 35,98 euros/m2.
5.5. Estrutura naves metálica: 42,89 euros/m2.
5.6. Soleira: 15,20 euros/m2.
5.7. Forxado: 48,42 euros/m2.
5.8. Muro de contención de formigón armado: 51,90 euros/m2.
5.9. Muro de cachotería: 103,74 euros/m2.
5.10. Muro de bloque: 24,20 euros/m2.
5.11. Muro de ladrillo (tabiquería): 12,48 euros/m2.
5.12. Cerramento de dobre folla de ladrillo: 35,93 euros/m2.
5.13. Celosía, balaustrada: 26,24 euros/m2.
5.14. Azulexado: 17,30 euros/m2.
5.15. Solaina: 24,90 euros/m2.
5.16. Enfoscado: 9,00 euros/m2.
6.-Pinturas:
6.1. Pintura interior: 4,12 euros/m2.
6.2. Pintura exterior: 6,59 euros/m2.
7.-Galpóns:
7.1. Galpón de bloque ou ladrillo: 141,76 euros/m2.
7.2. Galpón de madeira: 72,62 euros/m2.
8.-Carpintería:
8.1. Porta de entrada: 242,09 euros/m2.
8.2. Porta interior: 107,12 euros/ud.
8.3. Fiestra: 146,85 euros/m2.
8.4. Fiestra en plano de tellado: 152,21 euros/m2.
8.5. Peche de balcóns e terrazas con galería: 138,34 euros/m2.
8.6. Reixa de seguridade e portas e fiestras: 44,99 euros/m2.
8.7. Fronte de portal: 117,61 euros m2.
9.-Instalación de fontanería e saneamento:
9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 152,21 euros/ud.
9.2. Instalacións en baños (sen aparatos sanit.): 200,63 euros/ud.
9.3. Instalación de cociña: 172,89 euros/ud.
9.4. Lavado incluso billame: 172,89 euros/ud.
9.5. Inodoro: 186,75 euros/ud.
9.6. Bidé incluso billame: 141,36 euros/ud.
9.7. Bañera incluso billame: 165,98 euros/ud.
10.-Instalación de electricidade:
10.1. Instalación de electricidade: 1.245,00 euros/ud.
11.-Instalación de calefacción:
11.1. Instalación. Mínimo ata 100 m2: 3.804,15/ud. 13,87 euros/m2.
12.-Pozos:
12.1. Pozo de barrena: 1.314,14 euros/ud.
12.2. Pozo artesán: 1.729,13 euros/ud.
13.-Depuración:
13.1. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.245,00 euros/ud.
14.-Piscinas:
14.1. Piscina completa. Mínimo: 10.374,89 euros/ud.
15.-Pistas:
15.1. Pista deportiva: 69,09 euros/m2.
15.2. Beirarrúa: 17,99 euros/m2.
16.-Guindastre:
16.1. Guindastre: 300 euros/ud.
17.-Colocación de andamios:
17.1. Colocación de andamios: 30,00 euros/ud.
2.-Obra maior.
Relación de prezos medios de execución material (m2 construído).
Uso de vivenda en edificio de vivendas plurifamiliares: 390,08 euros/m2.
Outros usos en edificio de vivendas plurifamiliares:
(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 155,10 euros/m2.
Usos de vivenda unifamiliar: 465,11 euros/m2.
Outros usos en edificio de vivenda unifamiliar:
(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 150,59 euros/m2.
Edificios con uso exclusivo industrial.
Sen proceso produtivo: 193,83 euros/m2.
Edificio con uso exclusivo terciario: 348,68 euros/m2.
Acondicionamento ou reforma de locais comerciais: 338,68 euros/m2.
NOTA.-No caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo, agás que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestimar a valoración realizada.