Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 8, TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE DOMINIO PÚBLIO LOCAL.
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este Concello, conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20,3,g) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a Taxa por ocupación de terreos de dominio público local con mercancías, materiais de construcción, escombros, valos, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.
Artigo 2. Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a ocupación de terreos de dominio público local con:
a) Escombros, terras, areas, materiais de construcción, leña ou calquera outros materiais análogos.
b) Valos, andamios e outras instalacións adecuadas para protección da vía pública das obras colindantes.
c) Puntais, asnillas, e en xeral toda clase de apeos de edificios.
d) Colocación de mesas, sillas, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
e) Instalacións de taboados, tribunas, casetas, barracas etc.
f) Venda ambulante.
2. Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza produxésense desperfectos no pavimento, instalacións da vía pública ou bens de uso público, os titulares daqueles están obrigados a reparar ou reconstruír os danos causados con independencia do pago da taxa. Se os danos fosen irreparables o Concello será indemnizado. A indemnización fixarase nunha suma igual ó valor das cousas destruídas.
Artigo 3. Devengo.
A obrigación de contribuír nacerá pola ocupación do dominio público local, autorizada na correspondente licencia ou dende que se inicie o aprovechamiento, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4. Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, a quen se autorice para efectuar o aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 5. Base impoñible e liquidable
A base estará constituída polo tempo de duración dos aproveitamentos e pola superficie en metros cadrados ocupada polos materiais depositados, os metros cadrados delimitados polas valos, andamios ou outras instalacións axeitadas e o número de puntais, asnillas e demais elementos empregados no apeo de edificios.
Artigo 6. Cota tributaria
TARIFA A)
Ocupación da vía pública con escombros, terras, areas, materiais de construcción, leña ou calquera outro material por m2 ou fracción e día: 0,22 euros
Ocupación da vía pública con valos, andamios ou calquera outras instalacións, por metro cuadrado ou fracción e día: 0,22 euros
Cando o valo exceda de 3 m. de altura: Recargo do 100% sobre a anterior
Cando se empregue andamio voado: Reducción do 50%
TARIFA B)
Ocupación da vía con mesas e sillas, por m2 anual: 6,75 euros
Ocupación con sombriñas, toldos e demais instalacións protectoras, sempre que se apoien no solo, por m2 anual: 13,35 euros
TARIFA C)
Ocupación con taboados e tribunas, por m2 e día: 0,22 euros
Ocupación con taboados e tribunas, por m2 e mes: 5,30 euros
Ocupación con taboados e tribunas, por m2 e ano: 64,00 euros
Ocupación con postos, barracas, casetas de venda e atraccións, por cada metro lineal e día: 2,20 euros
Industrias rueiras e ambulantes, por cada día: 6,75 euros
Artigo 7.
As cotas esixibles por esta tasa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado. Serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados na tarifa e faranse efectivas na Tesourería Municipal ó retirar a oportuna licencia co carácter de depósito previo, sen prexuízo da liquidación definitiva que corresponda.
Artigo 8. Responsables
1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consintiran no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 9. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou os previstos en normas con rango de Lei.
O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadán ou á defensa nacional.
Artigo 10. Normas de xestión
O tributo liquidarase por cada aproveitamento solicitado e conforme ó tempo que o interesado indique ó pedi-la correspondente licencia. Se o tempo non se determinase seguiranse producindo liquidacións pola Administración Municipal polos períodos irreducibles sinalados nas tarifas, ata que o contribuínte formule a pertinente declaración de baixa.
Artigo 11.
As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da súa natureza, tempo e duración do mesmo, lugar exacto onde se pretenden realizar, sistema de delimitación e en xeral cantas indicacións sexan necesarias para a exacta determinación do aproveitamento desexado.
Artigo 12.
De non determinarse con claridade a duración dos aproveitamentos, os titulares das respectivas licencias, presentarán no Concello a oportuna declaración de baixa ó cesar en aqueles, a fin de que a Administración municipal deixe de practicar as liquidacións das cotas. Aqueles que incumpran tal obrigación seguirán suxeitos ó pago do tributo.
Artigo 13. Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.