Dumbría - Ordenanza reguladora da taxa por postos, barracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións situados no terreo de uso público e industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico
Artigo 1.-Concepto.
De conformidade co previsto no art. 117, en relación co artigo 41.A), ambos da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais derivados da ocupación da vía pública ou terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións, industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico, especificado nas tarifas da presente ordenanza.
Artigo 2.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pago da taxa regulada nesta ordenanza as persoas ou entidades ás que se De outorguen as licencias, ou quenes se beneficien do aproveitamento, no caso de que se procedera sen a oportuna autorización.
Artigo 3.-Contía.
1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no
apartado seguinte.
a).-Por metro cadrado e día de ocupación: 1.000 pesetas.
b).-Cando a ocupación se produza con motivo dalgún mercadillo ou mercado que puidera realizarse no término municipal por metro e día de ocupación: 100 pesetas.
Artigo 4.-Normas de xestión.
1.-As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período anual ou de tempada autorizado.
2.-Os emprazamentos, instalacións, postos, etc. poderanse sacar a licitación pública antes da realización das feiras e o tipo de licitación, en concepto de taxa mínima que servirá de base, será a contía fixada na tarifa desta ordenanza.
3.-Procederase, con antelación á poxa, á formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser subhastados, numerando as parcelas que teñan que ser obxecto de licitación e sinalando a súa superficie. Asemade, indicaranse as parcelas que podan adicarse a coches de choque, circos, teatros, exposicións, etc.
4.-Se algún concesionario dos aproveitamentos utilizase maior superficie que a que lle foi adxudicada en poxa, satisfará por cada metro cadrado utilizado de mais do 100 por 100 do importe da puxanza, ademais da contía fixada nas tarifas.
5.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o art. 6.2 a) seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación no municipio.
6.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este concello a devolución do importe ingresado.
7.-Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se sexa aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente.
8.-As autorizacións entenderanse prorrogadas mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes.
9.-A presentación da baixa terá efectos a partires do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa a que sexa a causa alegada en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
10.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. 0 incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.
Artigo 5.-Obriga de pagamento.
1.-A obriga de pago da taxa regulada nesta ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada ano.
2.-O pagamento da taxa realizarase:
a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou de aproveitamentos con duración limitada por ingreso directo na Depositaría Municipal, pero sempre antes de retira-la licencia ou a denominación que corresponda.
b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais, na Depositaría Municipal.
Disposición derradeira
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.