Oroso - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por dereitos de examen
Artigo 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
Artigo 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE
Constitue o feito impoñible da taxa, a actividade técnica e administrativa conducente á selección do persoal funcionario e laboral entre quenes soliciten participar nas correspondentes probas de acceso ou de promoción ós Corpos ou Escalas de funcionarios ou ás categorías de personal laboral convocadas por este Concello.
Artigo 3.º.-SUPOSTOS DE NON SUXECIÓN.
A presente ordenanza non será de aplicación ós procesos selectivos de persoal laboral temporal financiados na súa totalidade ou en parte con aportacións de outras administracións públicas.
Artigo 4.º.-SUXEITOS PASIVOS.
Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas físicas que soliciten a inscripción como aspirantes nas probas selectivas as que se refiere o artigo segundo.
Artigo 5.º.-DEVENGO.
O devengo da taxa e a correspondente obligación de contribuir prodúcese pola inclusión nas listas de admitidos nas mencionadas probas.
Non obstante, efectuarase o deposito previo do seu importe total dentro do prazo de presentación de solicitudes nos termos do artigo 7 da presente ordeanza.
Artigo 6.º.-COTA TRIBUTARIA.
A cota tributaria ven determinada pola aplicación de unha tarifa segundo o grupo laboral ou funcionarial o que corresponda o proceso selectivo:
Euros | |
Grupo A ou I | 35 |
Grupo B ou II | 30 |
Grupo C ou III | 25 |
Grupo D ou IV | 20 |
Grupo E ou V | 15 |
Artigo 7.º.-NORMAS DE XESTIÓN.
1.-A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, debendo os suxeitos pasivos practica-la nos impresos habilitados ó efecto pola administración municipal e realiza-lo ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presenta-la correspondente solicitude de participación no proceso selectivo.
2.-A solicitude non se tramitará mentres non se faga efectivo o importe da taxa, nos termos previstos nesta ordenanza.
3.-Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, a actividade técnica e/ou administrativa que constitue o feito impoñible da taxa non se realice, procederá a devolución do importe correspondiente. Por tanto, non procederá a devolución algunha dos dereitos de exame nos supostos de exclusión das probas selectivas por causas imputables ó interesado.
Artigo 8.º.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
De conformidade co disposto no artigo 9 do TR 2/2004, non se concederán máis exencións ou bonificacións que as que expresamente se prevean nas leis ou as que se deriven da aplicación dos Tratados Internacionales.
Artigo 9.º.-INSPECCIÓN E RECADACIÓN
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 10.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como a determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó día seguinte logo da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.