Pontes de García Rodríguez As - PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO EN REPRESENTACIÓNS TEATRAIS, MUSICAIS, ARTÍSTICAS, COREOGRÁFICAS, AUDIOVISUAIS E CINEMATOGRÁFICAS.

Publicación provisional: 29/03/2007 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 19/05/2007 BOP Nº: 114
Aplicable dende: 19/05/2007

ARTIGO 1º.- CONCEPTO

De conformidade co disposto no artigo 127 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais en relación cos artigos 41 a 47, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de representacións teatrais, musicais, artísticas, coreográficas, audiovisuais e cinematográficas, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, e cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado RDL.

ARTIGO 2º.-OBRIGADOS AO PAGO

Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta Ordenanza quen se beneficie do servizo prestado por este Concello, a que se refire o artigo anterior.

ARTIGO 3º.- CONTÍA. TIPO DE ESPECTÁCULO

3.1.-Espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios

 

Cache do espectáculo Entrada ordinaria Entrada espectáculos infantís
(menores de 12 anos)
Ata 2.500,00 euros 3,00 euros 1,50 euros
De 2.501,00 euros a 5.000,00 euros 3,50 euros 1,75 euros
Mais de 5001,00 euros 5,00 euros 2,50 euros

 

3.2.-Espectáculos teatrais, musicais, artísticos e coreográficos

 

Prezo do espectáculo
(Cache + Condicións técnicas)
Entrada ordinaria Entrada espectáculos infantís
Ata 5.000 euros 3,00 euros 1,50 euros
De 5.001,00 euros a 12.000,00 euros 5,00 euros 2,50 euros
Espectáculos especiais 8,00 euros 4,00 euros

Nos espectáculos dirixidos a público familiar, o adulto aboará a entrada ordinaria, e os menores de 12 anos o prezo correspondente.

3.3.-Abonos (paquete de espectáculos): desconto do 25 por cento. Os abonos como máximo serán semestrais e referidos ao período e espectáculos que se especifique no mesmo.

3.4.-Proxeccións cinematográficas e audiovisuais

Entrada sesión adulto: 3,00 euros

Entrada sesión infantil: 1,50 euros

Descontos para colectivos referidos aos apartados 3.1 e 3.2: menores de 12 anos, carné xove, carne de estudiante (ata 26 anos), maiores de 65 anos, e outros colectivos previa proposta do concelleiro-delegado da área de cultura e deportes acompañado dun informe técnico do servizo de cultura o 50 por cento do prezo ordinario.

Para favorecer a difusión cultural poderase establecer a gratuidade do espectáculo previa proposta do concelleiro-delegado da área de cultura e deportes acompañado dun informe técnico do servizo de cultura.

Asemade por convenio con outras administracións poderase establecer a gratuidade dos espectáculos, actividades ou proxeccións cinematográficas co fin de favorecer a súa difusión cultural.

Nos espectáculos que ofrecen outros organismos públicos ou privados, a entrada será a establecida pola entidade promotora.

ARTIGO 4º.- OBRIGACIÓN DE PAGO

1.-É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xera tributaria, que solicite a prestación dos servizos recollidos na presente ordenanza.

2.- O pago da taxa farase ao retirar a oportuna autorización mediante recibo que se expedirá para o efecto.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza, que consta de 4 artigos e unha disposición derradeira, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión ordinaria de data 6 de marzo de 2007 e publicada integramente no boletín oficial provincia, comezará a rexer a partir do mesmo día da súa publicación íntegra, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.