Rianxo - REGULAMENTO DO SERVIZO DE VERTEDURAS Á REDE DE SUMIDOIROS DE RIANXO, E USO DA MESMA

Publicación provisional: 23/03/2007 BOP Nº: 68
Publicación definitiva: 17/07/2007 BOP Nº: 164
Aplicable dende: 06/08/2007

ÍNDICE

CONSIDERANDO
PREÁMBULO
CORPO DA NORMATIVA.
TÍTULO I: Disposicións xerais
Capítulo I.-Definicións e conceptos.
Artigo 1.º
Artigo 2.º
Artigo 3.º
Artigo 4.º
TÍTULO II: Descarga de verteduras líquidas residuais.
Capítulo I.-Das autorizacións de verteduras residuais.
Artigo 5.º
Artigo 6.º
Artigo 7.º
Artigo 8.º
Artigo 9.º
Artigo 10.º
Capítulo II.-Control da contaminación de orixe.
Artigo 11.º
Capítulo III.-Verteduras prohibidas e limitadas.
Artigo 12.º
Artigo 13.º
Artigo 14.º
Artigo 15.º
Artigo 16.º
Artigo 17.º
Capítulo IV.- Situacións de emerxencia.
Artigo 18.º
Artigo 19.º
TÍTULO III: Medidas e determinación das verteduras.
Artigo 20.º
Artigo 21.º
Artigo 22.º
Artigo 23.º
Artigo 24.º
TÍTULO IV: Inspección e vixilancia.
Artigo 25.º
Artigo 26.º
Artigo 27.º
TÍTULO V: Instrucións sobre o uso e empalmes da rede de sumidoiros.
Capítulo I.-Disposicións xerais.
Artigo 28.º
Capítulo II.-Uso obrigado da rede de sumidoiros.
Artigo 29.º
Artigo 30.º
Artigo 31.º
Artigo 32.º
Capítulo III.-Empalmes e empalmes lonxitudinais.
Artigo 33.º
Artigo 34.º
Artigo 35.º
Artigo 36.º
Artigo 37.º
Artigo 38.º
Artigo 39.º
Artigo 40.º
Artigo 41.º
Artigo 42.º
Artigo 43.º
TÍTULO VI: Infraccións, sancións e medidas correctoras.
Artigo 44.º
Artigo 45.º
Artigo 46.º
Artigo 47.º
Artigo 48.º
Disposicións transitorias.
Disposicións finais.
ANEXO I documentación permiso
ANEXO II disposición actividades residuos radioactivos
ANEXO III lista subtancias toxicas
ANEXO IV Tarifas IVmodelo de solicitude
ANEXO V rexistro
ANEXO VI Normas de execución
ANEXO VII CARACTERISTICAS EQUIPO CONTROL DE VERTEDURAS

CONSIDERANDO

O obxectivo do Concello de Rianxo é dotarse dun instrumento normativo que faga compatibles, de forma razonable, o desenvolvemento urbano económico e social coa mellora da calidade de vida e coa sostibilidade.
Os veciños gozarán duns servizos de calidade para o que resulta imprescindible dotarse dun corpo normativo que faga compatible os dereitos dos veciños e veciñas co necesario coidado e mantemento deses servizos, evitando calquera deterioro, menoscabo, degradación ou entorpecemento dos mesmos.

PREÁMBULO

A Directiva 91/271/CEE, de 21 de maio, relativa ao tratamento das augas residuais urbanas, sinala a necesidade de que as verteduras de augas residuais industriais que sexan incorporadas ao sistema de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, sufran un tratamento previo para garantir, principalmente, que non teñan efectos nocivos sobre as persoas e o medio ambiente, e que non deterioren a infraestrutura de saneamento e depuración.
Este regulamento, que se fundamenta naquela directiva, toma tamén como referencia a Lei de augas 29/1985, de 2 de agosto e o Regulamento do dominio público hidráulico (R.D. 849/1986; RD1315/1992; RD 995/2000; RD 606/2003) que a desenvolve, así como se enmarca, no que á asignación de competencias se refire, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, que no seu artigo 25, establece que os municipios exercerán, en todo caso e de acordo coa lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, competencias en materia de rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais.
Neste sentido cabe resaltar que segundo a Disposición adicional segunda. lei 8/2001, de 2 de agosto, de protección da calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servizo público de depuración de augas residuais urbanas. (DOG Nº 161, 21.08.01), obriga os concellos que se encontren incluídos, na súa totalidade ou en parte, dentro do ámbito territorial desta lei, indicado no anexo I, que deberán, no prazo de un ano a partir da entrada en vigor desta lei, aprobar ou, de ser o caso, revisar as súas correspondentes ordenanzas de verteduras, co fin de adecualas aos obxectivos de calidade establecidos nesta lei, para o que poderán contar co asesoramento da Administración hidráulica de Galicia.
O Excmo. Concello de Rianxo nestes intres presta o servizo de sumidoiros e depuración das augas residuais e pluviais a través dunha empresa concesionaria.

CORPO DA NORMATIVA

TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO I.-DEFINICIÓNS E CONCEPTOS

Artigo 1.

O presente regulamento ten por obxecto regular as verteduras de augas residuais á rede pública de sumidoiros e establecer as condicións ás que deberá axustarse o uso da rede de sumidoiros e das súas instalacións complementarias do Concello da Rianxo.
Será de aplicación para todos os usuarios que realicen verteduras, directas ou indirectas, de augas residuais e pluviais, ás conduccións de saneamento que vertan ou se integren na rede pública do Concello de Rianxo.

Artigo 2.

Para os efectos deste regulamento establécense as definicións seguintes:
* Por verteduras residuais: toda materia residual sólida, líquida ou caseosa, incluídas as augas de refrixeración, resultante dunha actividade manufactureira ou industrial, e outras non asimilábeis a augas residuais domésticas ou de desenvolvemento, recuperación ou procesamento de recursos naturais.
* Por actividade industrial: calquera establecemento ou instalación que efectúe verteduras de aguas residuais industriais ás instalacións de sumidoiros e saneamento.
* Por augas residuais: as augas utilizadas que, procedentes de vivendas e instalacións comerciais, industrias, sanitarias, comunitarias ou públicas, son admitidas nas instalacións públicas de sumidoiros e saneamento.
* Por augas residuais domésticas: as que están formadas polos restos líquidos procedentes da preparación, cocción e manipulación de alimentos, así como secrecións humanas ou materias semellantes vertidas a través das instalacións sanitarias das vivendas, ou de calquera outra instalación mencionada no parágrafo anterior.
* Por augas residuais industriais: as procedentes das instalacións xa mencionadas e que son debidas aos procesos propios desas actividades, comportando presencia de restos, como consecuencia dos mesmos, e, en xeral, diferentes dos mencionados no parágrafo anterior.
* Por augas industriais non contaminadas: as procedentes das instalacións da actividade industrial definida, que foron utilizadas unicamente para refrixeración de máquinas ou que foron depuradas e sexan susceptíbeis de vertido no colector de pluviais dada a súa inocuidade, e cumpran en ambos os casos co presente Regulamento.
* Por augas pluviais: as producidas simultaneamente ou inmediatamente a continuación de calquera forma de precipitación natural e como resultado da mesma.
* Por rede de sumidoiros: o conxunto de conductos e instalacións que, no subsolo dos municipios, serven para a evacuación de augas residuais e pluviais.
* Por sumidoiro público: todo conxunto subterráneo de saneamento construído ou aceptado polo Concello para servizo xeral do seu territorio ou parte do mesmo, dos que a súa limpeza e conservación perténcelle ao Concello ou, por adxudicación das mesmas, á empresa adxudicataria.
* Por empalme: aquel conducto subterráneo colocado transversalmente á vía pública, que sirva para conducir as augas residuais ou pluviais dende un edificio a un sumidoiro público.
* Por embornal: toda instalación composta de boca e dispositivo de caída e conducción ata a rede de sumidoiros, destinado a recoller e conducir á rede de sumidoiros públicos as augas superficiais de escorrentías dunha vía pública.
* Por informe de vertedura: o informe obrigatorio que deberá emitir o servizo, en todas as solicitudes de conexión á rede de sumidoiros.
* Por permiso de verteduras: a licenza expedida pola Administración despois da tramitación do correspondente expediente administrativo autorizando o verteduras ao sumidoiro público.
* Por estación depuradora: aquela instalación na que se someten as augas residuais a un tratamento de depuración física, biolóxica ou química, tal que permita a súa posterior reutilización para diversos fins ou a súa reincorporación ao medio natural.
* Por verteduras perigosas: toda vertedura, voluntaria ou involuntaria, que poida ocasionarlles unha emerxencia real ou potencial ás persoas, instalacións ou ao propio leito receptor.
* Por verteduras limitadas: toda vertedura que polo seu potencial contaminador e baixo certas limitacións poida tolerarse nas instalacións municipais e no seu leito receptor.
* Por verteduras permitidas: calquera vertedura tolerábel ou inofensiva que teña concedida a correspondente autorización de vertedura.
* Por verteduras prohibidas: aquelas verteduras que pola súa natureza e perigosidade son totalmente inadmisíbeis nas instalacións de sumidoiros e depuración, ou aqueles que excedan dos parámetros establecidos no artigo 13 deste Regulamento.
* Por usuario: aquela persoa física ou xurídica que solicite e á que se lle conceda a preceptiva licenza municipal para verteduras de augas residuais á rede de sumidoiros.

Artigo 3.

O Concello de Rianxo ten concedida a unha empresa concesionaria a administración e explotación dos servizos á que se refire este Regulamento, denominándose a mesma, en adiante, o servizo ou o servizo de saneamento.

Artigo 4.

Sen prexuízo do establecido no presente Regulamento, a construcción de calquera elemento da rede de sumidoiros, empalmes, embornais, etc., axustarase ao disposto no anexo VI e pola normativa urbanística do Concello, así como ás normas tecnolóxicas da edificación (NTE-ISS).

TÍTULO II.-DESCARGA DE VERTEDURAS LÍQUIDAS RESIDUAIS

CAPÍTULO I.-DAS AUTORIZACIÓNS DE VERTEDURAS RESIDUAIS

Artigo 5.

Todos os edificios, tanto de vivendas como industrias, deberán cumprir as disposicións e normativa do presente Regulamento.
Todas as instalacións, tanto existentes como futuras, deberanse conectar á rede de sumidoiros a través do correspondente empalme.
Non se permitirán verteduras a ceo aberto, nin a sumidoiros alleos ao Servizo, nin a eliminación de augas residuais por inxección ao subsolo.
Só xustificadamente se poderán autorizar verteduras a canles públicas ou outros sistemas de eliminación dos mesmas, debendo axustarse en tal caso ao establecido na Lei de augas e disposicións complementarias ou outra normativa que resulte de aplicación.
Os usuarios domésticos non precisarán, para obter a licenza de Conexión á rede de sumidoiros, do permiso de verquido.
As instalacións responsables de calquera descarga de augas residuais non domésticas á rede de sumidoiros, deberán remitir a documentación á que se fai referencia no anexo nº I do presente Regulamento, para a obtención do correspondente permiso de verteduras, nas oficinas do servizo. Así mesmo a solicitude de autorización de vertedura incluirá unha declaración responsablel asinada polo titular ou representante da persoa física ou xurídica que solicita a vertedura, por medio da cal declara o cumprimento deste Regulamento en canto a que non se verte ningunha sustancia das catalogadas como prohibidas nin se excedan as concentracións máximas permitidas para as sustancias que se especifican no capítulo III. A solicitude de vertedura e a declaración responsable axustaranse ao modelo que figura no anexo IV.
Quedan exceptuados da referida obriga, os titulares de actividades propias de comercios, oficinas e despachos, cando estas se realicen en locais divisionarios de edificios de vivendas, para os que non poidan establecerse condicións de vertedura diferenciadas.

Artigo 6.

O Servizo estudiará a documentación achegada polos usuarios non domésticos, para a concesión do permiso de vertedura, solicitará toda a documentación e analises que foran necesarias para comprobar que cumpre as condición impostas neste Regulamento; e informará ao respecto a Administración municipal para a súa aprobación ou denegación.
Para a concesión da licenza de primeira ocupación nos edificios de vivendas será preciso a obtención da licenza de conexión, e para a obtención do permiso de apertura, ampliación ou modificación tanto na súa estructura como no seu uso das instalacións comerciais e industriais será precisa a obtención do permiso de vertedura e da licenza de conexión.

Artigo 7.

Os usuarios que dispoñendo de permiso de vertedura efectúen modificacións nas súas instalacións ou no uso das mesmas causen variacións no efluente, deberán solicitar un novo permiso de vertedura á rede de sumidoiros.
Os usuarios da rede de sumidoiros deberán efectuar o pretratamento necesario das súas augas residuais para adecualas ás esixencias do presente Regulamento. Ditas instalacións deberán ser construídas e explotadas polo propio usuario, totalmente ao seu cargo.
As instalacións de pretratamento ás que se refire o parágrafo anterior, poderán ser realizadas por un só usuario ou unha agrupación deles, sempre que esta última estea legalmente constituída.
O Concello, naqueles casos que se coide procedente, en función dos datos de que se dispoña, e/ou do informe de vertedura, poderán esixir a adopción de medidas especiais de seguridade co fin de evitar accidentes que puidesen supoñer unha vertedura incontrolada á rede xeral, de productos almacenados de carácter perigoso.

Artigo 8.

As instalacións existentes no momento de entrada en vigor do presente Regulamento e que vertan augas residuais á rede de sumidoiros deberán solicitar o permiso de vertedura segundo o disposto na Ordenanza e no prazo e forma que se fixa nas disposicións transitorias do Regulamento.

Artigo 9.

Os usuarios da rede de sumidoiros e instalacións complementarias de depuración, deberán satisfacer as taxas, e no seu caso, cánones que por ditos feitos lles corresponda. O importe das mesmas será fixado na correspondente ordenanza municipal e neste Regulamento.
Os permisos de vertedura outorgaranse por un período de tempo non inferior a cinco anos e se á expiración dos mesmos, o titular non recibe aviso ou notificación da Administración no sentido contrario, considérase prorrogado ata que a Administración se pronuncie sobre o particular.
O período de tempo do permiso de vertedura estará suxeito a modificación, se hai variacións da propia vertedura (segundo o artigo 7), ou ben por necesidades do Concello. O usuario será informado con antelación das posibles modificacións e disporá de tempo necesario para a adaptación ao seu cumprimento.
O permiso poderá incluír os seguintes extremos:
a) Valores máximos e medios permitidos en concentración e en características das augas residuais vertidas.
b) Limitacións en relación co caudal e co horario das descargas.
c) Esixencias referentes ao mantemento, informes técnicos e rexistros en relación coas verteduras.
d) Programas de cumprimento, en relación coas posibilidades do servizo.
e) Condicións complementarias que aseguren o cumprimento deste Regulamento.
f) O número de inspeccións e análises que se realizarán anualmente con cargo ao responsábel da vertedura para comprobar as características.

CAPÍTULO II.-CONTROL DA CONTAMINACIÓN DE ORIXE

Artigo 10.

A regulación da contaminación na orixe, mediante prohibicións e limitacións nas descargas de verteduras, establécese cos seguintes fins:
1.º) Protexer a cunca receptora, eliminando calquera efecto tóxico, crónico ou agudo, tanto para o home coma para os seus recursos naturais e preservar a calidade do medio receptor tendo en conta os tipos de depuración.
2.º) Salvagardar a integridade e seguridade das persoas e instalacións de saneamento.
3.º) Previr de toda anomalía os procesos de depuración empregados.

CAPÍTULO III.-VERTEDURAS PROHIBIDAS E LIMITADAS

Artigo 11.

Con carácter xeral queda totalmente prohibido verter directa ou indirectamente á rede de sumidoiros calquera dos seguintes productos:
1.º.-Mesturas explosivas.- Entenderase como tales, aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que por razón da súa natureza ou cantidade sexan ou poidan ser suficientes por si mesmos, ou en presenza doutras substancias, de provocar ignicións ou explosións. En ningún momento as medicións sucesivas efectuadas con un explosímetro no punto de descarga da vertedura á rede xeral deberán indicar valores superiores ao 5% do límite inferior de explosividade, así como unha medida realizada de forma illada non deberá superar nun 10% o citado límite.
Prohíbense expresamente: os gases procedentes de motores de explosión, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, tricloroetileno, aldehidos, cetonas, peróxidos, cloratos, percloratos, bromuros, carburos, hidruros, nitruros, sulfuros, disolventes orgánicos inmiscíbeis en auga, e aceites volátiles.
2.º.-Residuos sólidos ou viscosos.- Entenderanse como tales aqueles residuos que provoquen ou poidan provocar obstruccións no fluxo da rede xeral, ou que poidan interferir no transporte das augas residuais. Inclúense os seguintes: graxas, tripas, tecidos animais, estercos, ósos, peles, carnazas, entrañas, sangue, plumas, cinzas, escouras, areas, cal morto, residuos de formigóns, leitadas de cemento, aglomerantes hidráulicos, fragmentos de pedras, mármore, metais, vidro, palla, labras, recortes de céspede, trapos, lúpulos, sobrantes de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, así como residuos e productos alcatranados procedentes de operacións de refinado e destilación, residuos asfálticos e de procesos de combustión, aceites lubricantes usados (minerais ou sintéticos), incluíndo auga-aceite, emulsións, axentes escumantes e, en xeral, todos aqueles sólidos de calquera procedencia con tamaño superior a 1,5 centímetros en calquera das súas tres dimensións.
3.º.-Materiais colorantes.- Entenderanse por materiais colorantes aqueles sólidos, líquidos ou gases tales como: tintas, vernices, lacas, pinturas, pigmentos e demais productos afíns, que incorporados ás augas residuais coloréanas de tal xeito que non se poden eliminar con ningún dos procedementos de tratamento usuais empregados na estación depuradora.
4.º.-Residuos corrosivos.- Entenderanse por tales aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que provoquen corrosións na rede xeral, tanto nos equipos como nas instalacións, e que sexan capaces de reducir, considerablemente, a vida útil destas, ou de producir avarías. Inclúense entre outros os seguintes: ácidos clorhídrico, nítrico, sulfúrico, carbónico, fórmico, acético, láctico, butílico, lixivias de sosa ou potasa, hidróxido amónico, carbonato sódico, augas de moi alta salinidade, e gases como sulfuro de hidróxeno, cloro, fluoruro de hidróxeno, dióxido de carbono, dióxido de xofre e, en xeral, todas aquelas substancias que reaccionando coa auga dean lugar a solucións corrosivas como sulfatos, cloruros, etc.
5.º.-Residuos que produzan gases nocivos.- Entenderanse como tales os residuos que produzan gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros, colectores, e/ou emisarios, en concentracións superiores aos límites seguintes:
Monóxido de carbono (CO):
100 cc/m³ de ar
Cloro (Cl2):
1 cc/m³ de ar
Sulfhídrico (SH2):
20 cc/m³ de ar
Cianhídrico (CNH):
10 cc/m³ de ar
6.º.-Restos radioactivos ou isótopos de vida media.- Aquelas concentracións tales que poidan provocar danos nas instalacións e/ou perigo para o persoal de mantemento das mesmas. Nisto estarase ao disposto no anexo II do presente Regulamento.
7.º.-Substancias non admitidas.- En xeral, son aquelas substancias que poidan perturbar a boa marcha das instalacións da rede e de depuración de augas residuais, inhibindo ou dificultando o proceso biolóxico de depuración.
Pódense resumir como tales aquelas comprendidas nas seguintes disposicións:
Real decreto 833/88, de 20 de xullo, que aproba o regulamento da lei básica de residuos tóxicos e perigosos.
Real decreto 952/97 que modifica o Regulamento da lei básica de residuos tóxicos e perigosos.
Orde do 13 de outubro de 1996 sobre a caracterización de residuos tóxicos e perigosos das cales dáse relación non exhaustiva no anexo III do presente Regulamento.
Orde do 12 de novembro de 1987 sobre normativa aplicada as novas substancias nocivas e perigosas que poden formar parte de determinadas verteduras de augas residuais.
Orde do 27 de febreiro que modifica o anexo V da orde de 12 de novembro de 1987.
Orde do 28 de xuño que amplía o ámbito de aplicación da orde de 12 de novembro de 1987.
Orde do 31 de outubro de 1989, do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo sobre verteduras de substancias perigosas.
Orde do 13 de marzo de 1989 (Anexos 9 ao 12).
Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.
Decreto 298/2000, do 7 de decembro que regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

Artigo 12.

Verteduras limitadas.
Queda prohibido verter directa ou indirectamente ás instalacións de sumidoiros e saneamento, verteduras coas características ou con concentracións de contaminantes iguais ou superiores en todo momento aos expresados na seguinte relación:
PARÁMETROS
CONCENTRACIÓN
Valor/límite
Ph
6-10
-
Sólidos en suspensión
500
mg/l.
Demanda bioquímica de osíxeno (DBO5)
1000
mg/l.
Demanda química de osíxeno (DQO)
2000
mg/l.
Temperatura
40
Conductividade eléctrica (25º C)
5000
μS/cm
Aluminio
20¿0
mg/l.
Arsénico
1,0
mg/l.
Bario
10
mg/l.
Boro
3¿0
mg/l.
Cadmio
0¿5
mg/l.
Cromo hexavalente
0,5
mg/l.
Cromo total
3
mg/l.
Ferro
10¿0
mg/l.
Manganeso
10¿0
mg/l.
Níquel
5
mg/l.
Mercurio
0¿1
mg/l.
Chumbo
1¿0
mg/l.
Selenio
1¿0
mg/l.
Estaño
5¿0
mg/l.
Cobre
3¿0
mg/l.
Zinc
10¿0
mg/l.
Cianuros totais
5¿0
mg/l.
Cloruros
2000
mg/l.
Sulfuros totais
5¿0
mg/l.
Sulfitos
2¿0
mg/l.
Sulfatos
1000
mg/l.
Fluoruros
15¿0
mg/l.
Fósforo total
50¿0
mg/l.
Nitróxeno amoniacal
85¿0
mg/l.
Aceites e graxas
50,0
mg/l.
Fenois totais
2¿0
mg/l.
Aldehidos
2¿0
mg/l.
Deterxentes
6¿0
mg/l.
Pesticidas
0¿1
mg/l.
Toxicidade
30¿0
U.T.

Artigo 13.

As relacións establecidas nos dous artigos precedentes serán revisadas periodicamente e non se considerarán exhaustivas senón simplemente enumerativas.
Nos casos en que o vertedura por si soa, ou conxuntamente con outras verteduras autorizadas con anterioridade, supere no seu caudal/horario punta, de 15 minutos, o 5% do caudal medio horario da estación depuradora de augas residuais, realizarase un estudio específico con valores límite dos elementos detallados que poderán ser máis estrictos que os especificados con anterioridade.

Artigo 14.

Sen prexuízo das sancións e responsabilidades ás que houber lugar, calquera vertedura ao sumidoiro público que posúa algunha das características definidas nos artigos anteriores e que poida causar efectos perniciosos nos procesos de depuración, e nas obras de fábrica dos sumidoiros e instalacións anexas, perigo para o persoal ao servizo da rede, ou algunha molestia pública, dará lugar a que a Administración adopte algunha das seguintes medidas:
a) Prohibir totalmente a vertedura cando se trate de materias non corrixíbeis a través do oportuno tratamento.
b) Esixir un tratamento previo que permita concentracións comprendidas dentro dos límites tolerados.
c) Impoñer a vixilancia e sistemática comprobación das cantidades e proporcións da vertedura.
d) Esixir o pago anticipado de danos e custos adicionais que esixan a protección das obras de fábrica e instalacións, e do persoal.

Artigo 15.

Todas as industrias, calquera que sexa a súa actividade, que estean autorizadas para verter, e incluso aquelas que realicen pretratamento, deberán colocar unha reixa de desbaste de 50 mm, antes do vertedura ao sumidoiro.
Os caudais punta vertidos á rede non poderán exceder do quíntuplo (5 veces) nun intervalo de quince (15) minutos ou de dúas veces e media (2¿5) nunha hora o valor termo medio por día.
Deberase controlar, especialmente o caudal e calidade do efluente no caso de limpeza de tanques, peche de vacacións con baleirado dos mesmos ou circunstancias análogas.
Queda terminantemente prohibido, salvo nos casos previstos no Capítulo IV (situación de emerxencia ou perigo), o emprego de auga de dilución nas verteduras.
Cando exista rede de augas pluviais non poderán verterse á rede de sumidoiros de augas residuais, augas industriais non contaminadas, ben sexan de refrixeración ou calquera outras sen autorización especial. A vertedura das augas industriais non contaminadas á rede de augas pluviais deberá posuír a autorización correspondente.
No suposto de que os efluentes non cumpran coas condicións e limitacións que se establecen no presente capítulo, o usuario queda obrigado á construcción, explotación e mantemento ao seu cargo de todas aquelas instalacións de pretratamento, homoxeneización ou tratamento que sexan necesarios.
Queda prohibida a vertedura á rede de sumidoiros, tanto por parte das industrias farmacéuticas, como dos centros sanitarios, daqueles fármacos obsoletos ou caducos que aínda que non se teñan citado de xeito expreso antes, poidan producir graves alteracións na estación depuradora, aínda en pequenas concentracións, como por exemplo os antibióticos.

Artigo 16.

Calquera vertedura á rede de sumidoiros que non cumpra coas limitacións ou prohibicións que se especifican na presente normativa, dará lugar á adopción das medidas e sancións que se establecen no título VI deste Regulamento.

CAPÍTULO IV.-SITUACIÓNS DE EMERXENCIA

Artigo 17.

Entenderase que existe unha situación de emerxencia ou perigo cando, debido a un accidente nas instalacións do usuario, se produza ou exista risco inminente de producirse unha vertedura inusual á rede de sumidoiros, que poida ser potencialmente perigoso para a seguridade física das persoas, instalacións, estación depuradora ou ben a propia rede.
Ante unha situación de emerxencia ou con risco inminente de producirse un vertedura non usual á rede de sumidoiros que poida ser potencialmente perigosa para a seguridade das persoas e/ou instalacións, o usuario deberá comunicar urxentemente a situación producida no servizo ao Concello e a Augas de Galicia, co obxecto de evitar ou reducir ao mínimo os danos que puidesen ocasionarse. Tamén lle correspondente empregar todas aquelas medidas das que se dispoña co fin de conseguir minimizar o problema: posteriormente o usuario remitirá a aquela entidade e organismo o correspondente informe.
O usuario deberá tamén, e coa maior brevidade, usar todas aquelas medidas de que dispoña, a fin de conseguir que os productos vertidos se efectúen na mínima cantidade posíbel, ou reducir ao máximo a súa perigosidade.
Nun prazo máximo de sete días o interesado deberá remitir ao servizo que xestiona a rede de sumidoiros un informe detallado do sucedido. Deberán figurar nel, como mínimo, os seguintes datos: nome e identificación da empresa, emprazamento da mesma, caudal, materias vertidas, causa do accidente, hora na que se produciu, correccións efectuadas ¿in situ" polo usuario, hora e forma en que se comunicou a incidencia ao servizo e, en xeral, todos aqueles datos que permitan a dito servizo unha correcta interpretación do imprevisto e unha adecuada valoración das consecuencias.

Artigo 18.

O Servizo que xestiona a rede de sumidoiros e saneamento, facilitará aos usuarios un modelo das instruccións a seguir nunha situación de emerxencia ou perigo.
No devandito modelo figurarán, en primeiro lugar, os números telefónicos aos que o usuario poderá comunicar a emerxencia, sendo o primeiro deles o da estación depuradora, receptora do efluente anómalo ou perigoso. No suposto de non poder comunicar con dita estación, poderá efectualo aos seguintes e pola orde en que estean colocados. Establecida a pertinente comunicación do usuario, este deberá indicar o tipo de productos e cantidade dos mesmos que se verteron á rede.
Nas instruccións o propio usuario incluirá as medidas que deberá tomar para contrarrestar ou reducir ao mínimo os efectos nocivos que puidesen producirse. Nestas instruccións particulares de cada usuario preveranse os accidentes máis perigosos que puidesen producirse, en función das características dos seus propios procesos industriais.
As instruccións redactaranse de xeito que sexan doadamente comprensibles por persoal pouco cualificado, e situaranse en todos os puntos estratéxicos do local e, especialmente, nos lugares nos que os operarios deban actuar para levar a cabo as medidas correctoras.
A necesidade de dispoñer das instruccións de emerxencia por un usuario determinado fixaranse na autorización de conexión á rede de sumidoiros, ou por resolución posterior. Na mesma autorización ou resolución establecerase así mesmo o texto das instruccións e os lugares mínimos nos que deban colocarse sendo ámbolos dous aspectos obxecto de comprobación e inspección en calquera momento por parte dos servizos técnicos do Concello ou persoal da empresa xestora do servizo.

TÍTULO III.-MEDIDAS E DETERMINACIÓN DAS VERTEDURAS

Artigo 19.

1.º) Para o caso en que se autorice un tratamento previo das verteduras, ou ben un control de cantidades, o proxecto das instalacións precisas para isto deberá ser aprobado pola Administración municipal ao outorgar a licenza correspondente.
2.º) Os aparellos de rexistro, medida, control e toma de mostras esixidos, deberán situarse en lugar accesible e seguro, sinalado previamente nos planos do proxecto.
3.º) Os establecementos industriais, potencialmente contaminantes, deberán instalar e poñer á disposición dos servizos técnicos para os efectos de determinación da carga contaminadora, as seguintes instalacións:
a) Pozo de rexistro.-Cada industria colocará na zona de descarga das súas verteduras residuais un pozo de mostras de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizable augas abaixo antes da descarga e, a ser posible, fóra da propiedade; deberá remitir á Administración planos de situación dos pozos e aparellos complementarios para a súa identificación e censo.
b) Aforo de caudais.-Se a procedencia da auga de captación é dun pozo ou doutras fontes, deberá instalarse no pozo de rexistro un vertedoiro aforador, tipo Parshall ou semellante, cun rexistro totalizador para a determinación exacta do caudal residual vertido. O servizo poderá aceptar unha fórmula indirecta de medida de caudais residuais. Se os volumes de auga consumida e os volumes de auga de vertedura fosen aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga por contador poderá ser utilizada como aforo de caudal residual.
c) Mostras.-A técnica na toma de mostras variará segundo a determinación a realizar. Para concentracións máximas que non poidan ser superadas en ningún momento, a medida será instantánea e efectuada a calquera hora do día. Para concentracións medianamente representativas de valores de cargas residuais contaminadoras, as medidas serán horarias, integradas proporcionalmente ao caudal e tomadas durante o período de verteduras. Os requirimentos mínimos para calcular a contía representativa das verteduras serán concretadas pola Administración de acordo coa industria interesada e poderán revisarse cando se estime oportuno. Aquelas industrias, que a criterio do servizo, pola súa dimensión e/ou contaminación resulten significativas polas súas augas residuais e/ou volumes de vertedura, necesitarán un equipo de control de verteduras ubicado no punto final de vertido, deseñado de forma que todos os verteduras do abonado circulen a través de este, impedindo a súa manipulación e sabotaxe. Debe ter un aparello de toma de mostras automático programable no tempo, con bomba para a aspiración, e que permita a refrixeración das mostras. Dito equipo deberá ser compacto, con cerradura, e só accesible ao Servizo. As características do equipo móstranse no anexo VII.(deseño propio do servizo).
d) Pretratamento.-En caso de existir pretratamentos individuais ou colectivos, legalmente autorizados, e que particular ou colectivamente realicen tratamentos das verteduras residuais, deberase instalar á saída dos efluentes depurados un pozo de mostras coas mesmas condicións e requisitos que os mencionados no apartado a) deste artigo.
4.º) A construcción, instalación e mantemento das instalacións e tratamentos, correrán ao coidado do propietario e poderán ser revisados periodicamente pola Administración municipal.

Artigo 20.

Os danos e perdas que puidesen derivarse dunha vertedura prohibida, definida nos artigos 12º e 13º, serán imputados totalmente ao causante do mesmo.

Artigo 21.

As análises e probas para comprobar as características das verteduras efectuaranse de acordo cos métodos estándar que serán aprobados polo órgano competente do Concello e expostos publicamente.

Artigo 22.

A Administración municipal poderá aprobar tipos normalizados para os casos máis frecuentes de homoxeneización, neutralización, almacenamento de líquidos e verteduras absolutamente prohibidas, para separadores de graxas e aceites, e para decantadores de sólidos. Poderá, no en tanto, o interesado propoñer outro sistema distinto que deberá, en todo caso, ser obxecto de aprobación municipal.

Artigo 23.

Sen prexuízo do cumprimento en todo caso do disposto nos artigos 15 e 16, en relación coas características e tratamento particular das verteduras, o Concello poderá proceder á instalación de estacións para o servizo de depuración e tratamento xeral de aqueles pola que tal prestación poderá dar lugar a imposición das correspondentes exaccións.

TÍTULO IV.-INSPECCIÓN E VIXILANCIA

Artigo 24.

1.º) A fin de poder realizar o seu cometido, en orde á conservación, medida, toma de mostras, exame de verteduras, e cumprimento do establecido neste Regulamento, a inspección técnica do Servizo terá libre acceso aos locais nos que se produzan verteduras aos sumidoiros. Da mesma maneira poñerá á disposición dos inspectores, datos, información, análises, etc., que estes lle soliciten, relacionados con dita inspección.
A Inspección non poderá investigar, nembargantes, os procesos de fabricación, salvo aqueles particulares dos mesmos que teñan unha relación directa co tipo e causa da vertedura, ou co sistema de tratamento da mesma.
2.º) A propia Inspección poderá tamén penetrar naquelas propiedades privadas sobre as que o Concello manteña algunha servidume de paso de augas, a fin de levar a cabo os servizos de inspección, observación, medición, toma de mostras, reparación, limpeza e mantemento de calquera parte da instalación dos sumidoiros que estea situada dentro dos límites de devandita servidume. A inspección e control por parte do Concello refírese tamén ás plantas de pretratamento ou de depuración do usuario, de habela.
Os propietarios de anteditas fincas manterán sempre expedita a entrada aos puntos de acceso á rede de sumidoiros.

Artigo 25.

1.º) O Servizo realizará a inspección e vixilancia, sobre as instalacións de vertedura de augas residuais á rede de sumidoiro, arquetas de rexistro correspondentes e instalacións do usuario, co obxecto de comprobar o cumprimento do disposto no presente Regulamento.
2.º) En todos os actos de inspección o persoal do Servizo, deberán ir provistos e exhibir o documento que os acredite para a práctica dos anteditos actos.
3.º) As inspeccións e controis poderán ser solicitados por iniciativa do Servizo, cando haxa indicios de verteduras ilegais, ou ben en cumprimento do estipulado no permiso de vertedura, con coñecemento da Administración municipal. Tanto os custos dos informes periódicos como dos informes ocasionais, serán custeados integramente polo usuario do Servizo.
4.º) O titular da instalación que produza verteduras industriais, potencialmente contaminantes, estará obrigado diante do persoal facultativo, debidamente acreditado, a:
a) Facilitarlles aos inspectores, sen necesidade de comunicación previa, o acceso a aquelas partes da instalación que coide necesarias para o cumprimento da súa misión.
b) Facilitar a montaxe dun equipo ou dos instrumentos que se precisen, para realizar as medidas determinantes, ensaios, e comprobacións necesarias.
c) Permitirlles aos inspectores a utilización dos instrumentos que a empresa utilice con fins de autocontrol, en especial aqueles para o aforamento de caudais e toma de mostras, para realizar as análises e comprobacións.
d) Facilitarlle á inspección cantos datos precise para o exercicio e cumprimento das súas funcións.
5.º) O resultado da inspección constará en acta, que deberá, en todo caso, conter:
a) Data e número de inspección.
b) Persoas que a asinan.
c) As tomas e tipos de mostras realizadas.
d) Resultado das medicións ¿in situ".
e) Comprobación dos elementos de medición.
f) Residuos xerados que puideren ser susceptíbeis de ser verteduras á rede de sumidoiros e xestión dos mesmos.
g) E as observacións adicionais que se estimaren oportunas.
6.º) Notificarase ao titular da instalación para que persoalmente, ou mediante persoa delegada, presencie a inspección e asine a acta que se levante.
7.º) O informe de inspección ao que se refire o presente capítulo consistirá total ou parcialmente en:
* O resume do historial das verteduras dende a última inspección, consignando o xuízo do inspector sobre se a empresa mantén baixo un control eficaz a descarga das súas verteduras
* As modificacións introducidas e as medidas adoptadas pola industria para corrixir as eventuais deficiencias sinaladas pola inspección en visitas anteriores, cunha valoración da eficacia das mesmas
* As posíbeis novas anomalías detectadas na inspección, e cantas observacións adicionais se estimaren oportunas.
* Resultado das análises.
* Acta de inspección.
* E as observacións adicionais que se estimaren oportunas.
O Servizo poderá esixirlle ao usuario, previa aprobación do Concello, ocasional ou periodicamente un informe que deberá incluír os caudais efluentes, a concentración de contaminantes e en xeral, unha definición completa das características da vertedura.
En caso de que a empresa estea desconforme cos dictames, apreciacións e xuízos formulados pola inspección, poderá presentar as oportunas alegacións diante da Administración co fin de que esta, logo do informe dos servizos técnicos correspondentes, dicte a resolución que estime procedente.
Cando o usuario ou agrupación de usuarios deba construír unha planta de tratamento para poder satisfacer os límites fixados ao verquido de augas á rede de sumidoiros, procederase a unha inspección previa á concesión da autorización definitiva das verteduras.

TÍTULO V.-INSTRUCIÓNS SOBRE O USO E EMPALMES DA REDE DE SUMIDOIROS

CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 26.

En toda vía pública, a construcción dos sumidoiros deberá preceder ou, cando menos ser simultánea á pavimentación definitiva da vía pública afectada.
Poderá autorizarse aos particulares a execución, por si mesmos, de tramos de sumidoiro en vías públicas. En tal suposto, o interesado poderá optar pola presentación dun proxecto propio, que deberá ser obxecto de informe favorábel da administración municipal e dos servizos técnicos, ou ben solicitar destes últimos a redacción do mesmo, aboando, as taxas e honorarios correspondentes.

CAPÍTULO II.-USO OBRIGADO DA REDE DE SUMIDOIROS

Artigo 27.

1) Os edificios existentes ou os que se constrúan con fachada a un víal no que exista rede de sumidoiros pública, deberán verter a este as súas augas residuais a través do correspondente empalme, sempre víal que as devanditas augas reúnan as condicións físico-químicas esixidas neste Regulamento, e unha vez teña obtido a preceptiva licenza municipal.
2) Se a edificación tivese fachada a máis de unha vía pública, o propietario poderá escoller o sumidoiro público ao que vai a verter as súas augas, salvo que existan razóns técnicas que o impidan.
3) As redes de sumidoiro de titularidade privada e resultantes da execución sistemática de obras de urbanización, deberán conducir separadamente as augas pluviais e as residuais de forma que sexa posíbel a identificación, mostraxe e inspección dunhas e doutras, sen prexuízo do disposto nas disposicións transitorias.

Artigo 28.

Cando non exista sumidoiro público fronte ao terreo edificábel en solo urbano, o propietario deberá conducir as augas ata o sumidoiro máis próximo existente mediante a construcción dunha prolongación deste sumidoiro; que poderá construírse mancomunadamente por todos os propietarios de fincas situadas no antedito tramo.
Esta prolongación deberá axustarse ás aliñacións e rasantes dos viais previstos no planeamento vixente, sendo admisible, en casos debidamente xustificados, a súa execución con carácter provisional para ser substituída pola instalación definitiva, sen ningún dereito de indemnización para o particular.

Artigo 29.

1) Os propietarios daqueles edificios xa construídos na data de entrada en vigor deste Regulamento, deberán axustarse ás seguintes condicións:
* Se tivesen desaugadoiro por medio de pozo negro ou fosa séptica e fose tecnicamente posible a súa conexión á rede de sumidoiros, os propietarios están obrigados a enlazar dito desaugadoiro coa rede a través do empalme correspondente, e a modificar a rede interior da finca para conectala co referido empalme se fose preciso, debendo cegar o antigo sistema.
En tal caso, transcorrido o prazo de un mes a partir do requirimento que para o efecto deberá dirixirlles aos interesados a Administración Municipal, ben de oficio ou, pola súa indicación o Servizo, cando aqueles non solicitasen a conexión, o Concello procederá á súa construcción con cargo a aquel, ata a liña de fachada do edificio. Así mesmo aplicará o arbitrio con fin non fiscal sobre pozos absorbentes cos recargos que procedan, en tanto non se modifique a rede interior e se cegue o sistema antigo de xeito que o desaugadoiro do sumidoiro sexa correcto.
* Se tales edificios tivesen desaugue a ceo aberto, directa ou indirectamente, sen tratamento previo, ou con calquera sistema de tratamento incorrecto que produza unha vertedura anómala, os interesados veranse obrigados a enlazar dito desaugadoiro coa rede de sumidoiros, salvo que se trate do suposto do parágrafo 2 do artigo 32º no que se admita un tratamento previo.
Transcorrido o prazo de quince días dende o requirimento que para ó efecto lle dirixirá a Administración Municipal ou o Servizo ao propietario interesado, sen que este teña eliminado a vertedura anómala ou solicitase o empalme de desaugadoiro, o Concello ou o Servizo procederá á súa construcción con cargo ao interesado. Isto realizarase sen prexuízo de aplicación das sancións procedentes mentres non se modifique a rede interior para o enlace correcto ao empalme, independentemente daquelas ás que houbese lugar por vertedura a ceo aberto.
2) A obriga establecida neste artigo só será esixíbel cando na vía pública á que teña fachada a parcela edificada exista sumidoiro público ou cando a houbese a unha distancia inferior a 100 m., no caso deste suposto a conducción das augas ao sumidoiro deberá efectuarse a través da correspondente prolongación á que se refire o artigo anterior.

Artigo 30.

1. Cando a distancia dende a aresta do edificio ao sumidoiro, sexa superior a 100 m., non se autorizará a edificación do terreo edificábel, a non ser que o propietario previamente ou ao mesmo tempo que a solicitude da licenza de edificación, presente proxecto de desaugadoiro que deberá ser aprobado polo Concello, a través do seu servizo técnico.
2. No caso de vivendas unifamiliares en zonas carentes de sumidoiros e noutros casos excepcionais, o Concello poderá autorizar a depuración completa individual das augas residuais ou a vertedura a ceo aberto das augas pluviais, sen prexuízo da obriga de enlazar no sumidoiro público cando se constrúan, tal e como se dispón no artigo 39º. No en tanto estarase ao disposto na normativa do Plan Xeral vixente.

CAPÍTULO III.-EMPALMES E EMPALMES LONXITUDINAIS

Artigo 31.

As augas residuais dun edificio conduciranse á rede de sumidoiros públicos a través do denominado empalme, que constará, basicamente, dunha arqueta de rexistro pegada á liña de fachada e construída sempre na vía pública, e dun conducto transversal á rúa, dende dita arqueta ata o sumidoiro propiamente dito. Como regra xeral, os conductos de augas residuais discorrerán por unha franxa distinta daquela que sirva para os conductos de abastecemento de auga, e isto de acordo coas normas técnicas municipais.
Dado que a rede de sumidoiros de Rianxo é separativa, as instalacións de empalmes deberán conducir separadamente as augas pluviais e as residuais.

Artigo 32.

Con carácter xeral, as instalacións de empalmes serán construídas a cargo do interesado, logo do permiso e inspección da empresa concesionaria do servizo, ou dos servizos técnicos municipais.
Serán condicións previas, e esixibles en todo caso, para a concesión do permiso de construcción dun empalme, ou dunha prolongación dos sumidoiros:
1.-Que o efluente previsto reúna as condicións físico-químicas que se especifican neste Regulamento.
2.-Que o sumidoiro estea en servizo e sexa de propiedade municipal.
3.-Cando sexa preciso enlazar a unha prolongación, esixirase acordo previo entre o solicitante e o promotor daquela.

Artigo 33.

1. O solicitante da licenza de empalme presentará un plano da rede de desaugadoiro interior do edificio en planta e alzado a escalas de 1:100 ou 1:50, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea.
2. Ademais de cumprirse na construcción de empalmes as disposicións e dimensións adecuadas para un desaugue correcto, deberán cumprir, así mesmo, as seguintes prevencións:
a) A instalación de desaugadoiro interior ata a arqueta de rexistro deberaa efectuar o propietario, que virá obrigado a axustarse ao disposto nas normas técnicas municipais e nas ordenanzas municipais da construcción. Dun xeito especial asegurarase a ventilación aérea e o illamento sifónico das baixantes.
b) Nas instalacións hoteleiras, obradoiros, grandes bloques de apartamentos e outros edificios singulares, estacións de servizo, talleres automobilísticos, garaxes e similares, antes do empalme, e no interior da propiedade, construirase unha arqueta decantadora de graxas e sólidos, cun dimensionado xustificado axeitadamente.
c) Nas instalacións industriais, a rede de desaugadoiro interior completarase cun pretratamento que asegure que o efluente reúne as condicións que se esixen neste Regulamento. O Concello poderá esixir a construcción de depósito de retención ou almacenamento do efluente con capacidade suficiente para recollelo durante vintecatro horas, para os efectos de toma de mostras e análises.
d) A arqueta deberá ser dun deseño e forma que permita a toma de mostras do efluente.
e) Sempre que sexa posible, esixirase que os empalmes enlacen á rede nun pozo de rexistro. Tal circunstancia será a máis preceptiva nas novas construccións para hoteis, industrias, ou calquera outra instalación que, a xuízo do servizo, así o requira polas súas especiais características.
Se non existise ningún pozo de rexistro fronte ao punto en que se desexa efectuar o empalme, e aquel fose preceptivo, construirase xunto co empalme a cargo do propietario, sen que este adquira sobre el dereito ningún.

Artigo 34.

1. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 3 do artigo 39º, para o suposto a que se refire, o Concello ou o servizo construirán os empalmes no traxecto existente entre o sumidoiro público e a fachada da finca, e procederá, no seu caso á reposición do pavimento, todo isto con cargo ao propietario que deba efectuar verteduras, con suxeición aos prezos unitarios aprobados polo Concello.
2. As obras darán comezo dentro dos quince días seguintes ao da xustificación de ter feito os ingresos previstos nas ordenanzas fiscais polos dereitos de licenza e como depósito do custo de obra, nas oficinas do servizo.

Artigo 35.

A construcción da parte do empalme no interior da finca, ata o paramento externo da fachada, debera efectuala o peticionario; quen estará na obriga de observar as indicacións que para tal efecto lle formule a inspección técnica municipal, para que se poida realizar debidamente a conexión co empalme exterior e se cumpran as prevencións do artigo 33 deste Regulamento.

Artigo 36.

1) Quen teña obtido licenza municipal para a construcción dunha prolongación dos sumidoiros, en terreo de dominio público, sempre que a sección e o caudal o permita, quedan obrigados a admitir na mesma auga pública e as procedentes de fincas daqueles particulares que obteñan a autorización municipal correspondente, para o que previamente haberán de asumir a obriga de contribuír aos gastos ocasionados pola construcción de dita prolongación e os que orixine a súa conservación, de xeito que o custo dunha e outra sexan soportados por cantos a utilicen.
2) O Concello ao variar a disposición das vías públicas poderá ordenar a modificación ou variación do emprazamento dos empalmes, sen dereito por parte dos interesados a indemnización ningunha. As devanditas obras serán por conta do Concello, conservando sempre as mesmas condicións de evacuación do edificio.

Artigo 37.

1. Ao levarse a cabo obras de construcción de novos sumidoiros públicos anularanse tódolos desaugadoiros particulares que con carácter provisional (prolongacións ou empalmes aos mesmos) se autorizasen para as fincas situadas fronte a aquelas, sendo obrigatorio o enlace directo aos novos sumidoiros.
2. Para aqueles edificios ou terreos edificables que tiveran desaugadoiro provisional, establécense as normas seguintes de carácter xeral que só se poderán alterar con informe xustificado dos técnicos municipais competentes:
a) Se o novo sumidoiro en construcción correse a unha profundidade igual ou menor a 2,50 metros respecto da rasante da vía pública, non se permitirá a construcción de empalmes de desaugadoiro ao novo sumidoiro dende que se inicien as obras de pavimentación da devandita vía ata que transcorresen tres anos dende a súa terminación. Este prazo comezará a contarse dende a recepción definitiva das anteditas obras, cando estas se levaren a cabo por medio de contrata.
b) Se o novo sumidoiro correse a unha profundidade maior de 2,50 metros respecto á rasante da vía publica, poderán autorizarse empalmes de desaugadoiro ao novo sumidoiro ao longo do período sinalado no epígrafe anterior, sempre que tecnicamente sexa posíbel desenvolver a construcción do albanel en mina, de xeito que o novo pavimento da calzada non poida sufrir deterioro nun período de tres anos, contados do xeito indicado no antedito epígrafe.
3. As obras precisas para os enlaces aos novos sumidoiros, ao longo do período de construcción destas, levaraas a cabo o contratista adxudicatario da construcción dos devanditos sumidoiros. A tal fin valorarase independentemente cada empalme, coa obriga de ingresar no Concello o importe daquelas para o seu aboamento ao contratista adxudicatario.

Artigo 38.

Cando o nivel de desaugue particular non permita a conducción á rede de sumidoiros por gravidade, a elevación deberá ser realizada polo propietario da finca.
En ningún caso poderá esixirse á Administración local xestora responsabilidades polo feito de que a través do desaugue poida penetrar nunha finca particular augas procedentes do sumidoiro público.

Artigo 39.

1. A limpeza e reparación dos desaugadoiros particulares realizarana os seus propietarios trala obtención da oportuna licenza municipal. Non obstante, poderán solicitar que ditos traballos sexan realizados polo Concello a través da empresa concesionaria con gastos a cargo do solicitante.
2. Cando se observase algunha anomalía ou desperfecto que fixera preciso algunha obra de reparación ou limpeza de empalmes de calquera clase, requiriráselle ao propietario que a execute no prazo que se sinale, previa licenza. Se pasase o prazo sen terse feito a obra, a Administración Municipal poderá proceder á devandita limpeza ou reparación con cargo ao propietario titular do empalme.
3. De tratarse dunha prolongación na que existira máis dun empalme, o responsáable perante o Concello da limpeza e conservación será única e exclusivamente o propietario titular do devandito empalme, sen prexuízo do seu dereito a repartir entre todos os usuarios os gastos que lle ocasionar.
4. A reparación ou limpeza pola Administración municipal á que se refiren os parágrafos anteriores, comprenderá só o tramo de desaugadoiro situado na vía pública, debéndose levar a cabo polo propietario as do tramo correspondentes ao interior da finca

Artigo 40.

O Concello resérvase o dereito de realizar na vía pública por si ou a través de empresas adxudicatarias, calquera traballo de construcción, reparación ou limpeza de empalmes, o de remoción ou reposición de pavimento afectado por aqueles.

Artigo 41.

As instalacións industriais quedarán suxeitas ás seguintes condicións:
a) As conexións á rede deberán ser independentes para cada industria, salvo o indicado no artigo 7º.
b) Toda instalación de vertedura de augas industriais, dispoñerá dunha arqueta de rexistro non inferior a un por un metro, con partes de acceso e soleira situada a un metro por debaixo do sumidoiro situado augas abaixo da instalación de homoxeneización e/ou depuración propia se existise, e, en todo caso, o máis próxima posible á saída da instalación. Estará construída de acordo o descrito no artigo 19. Deberá, así mesmo situarse como mínimo a un metro de calquera accidente (reixas, reduccións, curvas, etc.), que poidan alterar o fluxo normal do efluente.
c) O rexistro deberá ser accesíbel en todo momento aos servizos técnicos competentes para a obtención de mostras.
d) No suposto de existir agrupacións de industrias legalmente constituídas que conxunta ou exclusivamente leven a cabo actuacións de mellora dos efluentes, deberá instalarse á saída das correspondentes depuradoras unha arqueta de rexistro como a indicada no parágrafo anterior. Das mostras obtidas nela, deducirase a idoneidade ou a falla de calidade do efluente.

TÍTULO VI.-INFRACCIÓNS, SANCIÓNS E MEDIDAS CORRECTORAS

Artigo 42.

Consideraranse infraccións administrativas, en relación co presente regulamento aquelas accións ou omisións contrarias ao establecido no mesmo.
As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves, conforme se determina no artigo seguinte.

Artigo 43.

1) Infraccións leves.-Consideraranse infraccións leves:
a) A obstaculización puntual á función inspectora do Servizo.
b) Omitir información aos servizos sobre as características da descarga da vertedura ou sobre os cambios que afecten á natureza dos mesmos.
c) A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións non autorizadas, ou distintas ás aprobadas para o permiso de vertedura, así como o desprecintado ou anulación dos que fosen colocados polos servizos municipais.
d) Calquera incumprimento do disposto neste Regulamento e non incluído expresamente neste artigo.
e) Non aboar o servizo as taxas das análises e probas para comprobar as características das verteduras.
2) Infraccións graves.-Consideraranse infraccións graves:
a) A reincidencia nalgunha das faltas leves.
b) A construcción e modificación de sumidoiros, empalmes ou conexións á rede, ou de instalacións anexas á mesma, aínda que uns e outros fosen de propiedade particular, sen obter a previa licenza municipal de conexión aos sumidoiros, ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións deste Regulamento, así como sen o permiso de vertedura, no caso preciso.
c) O uso da rede de sumidoiros, empalmes, conexións ou instalacións anexas sen previa licenza municipal de conexión á rede de sumidoiros ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións deste Regulamento, así como sen o permiso de vertedura, no caso preciso.
d) Os danos á rede de sumidoiros, aos seus empalmes, obras ou instalacións anexas de toda clase, xa sexan causados maliciosamente ou por neglixencia.
e) A falta de comunicación da situación de emerxencia e/ou a infracción de calquera das prescricións orixinadas como consecuencia de declararse dita situación e recollidas neste Regulamento.
f) A omisión ou demora na instalación dos tratamentos depuradores esixidos polos servizos municipais, así como a falla das instalacións, funcionamento e mantemento de tódolos seus equipos, en especial os dispositivos fixos de aforamento de caudais, toma de mostras e aparellos de medición aos que se fai referencia neste Regulamento.
g) Realizar verteduras afectadas por limitacións sen respectar estas.
3) Faltas moi graves.-Consideraranse faltas moi graves:
a) A reincidencia nalgunha das faltas graves.
b) Realizar verteduras prohibidas segundo o establecido nos artigos deste Regulamento.
c) A producción de danos moi graves á rede de sumidoiros, aos seus empalmes ou instalacións de toda clase, xa sexan causados maliciosamente ou por neglixencia.

Artigo 44.

As infraccións serán sancionadas da forma seguinte:
a) As leves, con multas ata 750 €.
b) As graves, con multas de ata 1.500 €
c) As moi graves, con multas de atá 3000 €.
Estas multas impoñeranse sen mingua nin prexuízo das sancións superiores autorizadas legalmente pola autoridade competente, e sen detrimento de esixir, cando proceda, as correspondentes indemnizacións por danos e perdas e responsabilidades civil ou penal.
Para graduar a contía da sanción terase en conta a natureza da infracción, a gravidade do dano producido, a intencionalidade, a reincidencia, e demais circunstancias concorrentes.

Artigo 45.

1) A potestade sancionadora e correctora correspóndelle ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello ou á autoridade en que delege.
2) A empresa adxudicataria do servizo poderá suspender provisionalmente a execución das obras e instalacións que contraveñan o disposto neste Regulamento, así como impedir, tamén provisionalmente, o uso indebido das instalacións municipais. Esta medida deberase adoptar mediante requirimento individual e por escrito; que, para manter a súa eficacia, deberá ser ratificado dentro dos cinco días hábiles seguintes polo Alcalde ou a autoridade en quen tivese delegado.
3) Contra a referida suspensión provisional, e contra a ratificación da mesma, no caso de que fose adoptada pola autoridade delegada, poderase interpoñer recurso de alzada diante do Alcalde, independentemente de calquera outro que fose procedente.

Artigo 46.

No caso de vulneración das disposicións do presente Regulamento, e con independencia da imposición das sancións procedentes, o Concello, coa finalidade de suprimir os efectos da infracción e restaurar a situación de legalidade, poderá adoptar algunha das seguintes disposicións:
a) A suspensión dos traballos de execución das obras de empalme ou de instalación de pretratamento indebidamente realizadas.
b) Requirir ao infractor para que no termo que para o efecto se sinale, introduza nas obras e instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso ou ás disposicións deste Regulamento e/ou, no seu caso, proceder á reposición das obras e instalacións indebidamente efectuadas ao seu estado anterior á producción dos danos que tiveran ocasionado.
c) A imposición ao usuario das medidas técnicas necesarias que garantan o cumprimento das limitacións consignadas na licenza de vertedura, evitando o efluente anómalo.
d) A introducción de medidas correctoras concretas nas instalacións con tal de evitar o incumprimento das prescricións deste Regulamento e a redacción, se e o caso, do proxecto correspondente, dentro do prazo que fixe a Administración.
e) A clausura ou precinto das instalacións no caso de que sexa posiblel técnica ou economicamente evitar a infracción mediante as oportunas medidas correctoras.
f) A caducidade do permiso de vertedura á rede de sumidoiros, no caso de contumacia no incumprimento das condicións deste Regulamento.
g) A reposición dos danos e perdas ocasionados ás instalacións, obras anexas ou calquera outro ben que resultase danado ou prexudicado.

Disposicións transitorias

Primeira.-As instalacións xa existentes no momento da entrada en vigor do presente Regulamento deberán adoptar as medidas necesarias para o seu cumprimento na forma e termos que a continuación se indican:
1.-Nos seis meses naturais seguintes á entrada en vigor, tódolos establecementos industriais deberán remitirlle ao servizo a documentación que se indica no Anexo I para obter o correspondente permiso provisional de vertedura, ademais da solicitude do anexo IV.
2.-No termo de seis meses naturais contados dende a entrada en vigor deste Regulamento, tódolos usuarios ou agrupacións de usuarios deberán de ter construída a arqueta de medida e control a que fan referencia os artigos 20 e 35 desta ordenanza, ademais dos equipos de toma de mostras e caudalímetro para medición da vertedura.
3.-Nos seis meses seguintes á aprobación deste Regulamento, a calidade dos efluentes industriais deberase adaptar ás condicións e límites establecidos no presente Regulamento.
Segunda.
1.-Transcorridos os prazos mencionados, a Administración adoptará as medidas necesarias para a comprobación de datos e da existencia de arquetas, toma de mostras e caudalímetros. Será motivo de sanción a inexactitude nas primeiras ou a falta nas segundas.
2.-No suposto de que se superaren os valores admitidos, a Administración informará ao usuario das medidas correctoras a establecer e do tempo de que dispón para facelo. Transcorrido este adoptaranse as medidas e as sancións que se contemplan neste Regulamento.

Disposicións finais

Primeira.-Este regulamento poderá ser desenvolvido por disposicións particulares referidas a determinados aspectos técnicos ou zonas particulares do municipio.
Segunda.-Quedan derrogadas cantas disposicións municipais de igual ou inferior rango se opoñan o disposto neste Regulamento.
Terceira.-O presente Regulamento entrará en vigor no prazo de quince días seguintes á súa publicación no BOP e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ANEXO I

Documentación necesaria para obter o permiso de vertedura ás instalacións municipais de saneamento
As instalacións industriais e comerciais, para obter o permiso de vertedura á rede deberán achegar os datos e documentación que se detallan a continuación:
1. Modelo de solicitude anexo IV
2.-Materias primas e auxiliares ou productos semielaborados, caudais e usos.
3.-Memoria explicativa do proceso industrial, con diagramas de fluxo.
4.-Descrición dos procesos e operacións causantes dos verteduras, réxime e características dos verteduras resultantes (características previas a calquera pretratamento).
5.-Descrición dos pretratamentos adoptados, alcance e efectividade prevista dos mesmos. Conductos e tramos da rede de sumidoiros onde conecta ou pretende conectar.
6.-Verteduras finais ao sumidoiro, para cada conducto de evacuación, descrición do réxime de vertedura, volume e caudal, épocas e horarios de vertedura. Composición final do vertedura cos resultados das análises de posta en marcha realizados no seu caso.
7.-Dispositivos de seguridade adoptados para prever accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas ou productos elaborados líquidos susceptibles de ser vertidos á rede de sumidoiros.
8.- Enumeración dos residuos xerados, tanto no proceso de producción como no pretratamento do vertedura, así como a documentación que acredite unha correcta xestión dos mesmos.
9.-Planos de situación. Planos de rede interior de recollida e instalacións de pretratamento. Planos de detalle das obras de conexión, dos pozos de mostras e dos dispositivos de seguridade.
10.-Todos aqueles datos precisos para a determinación e as características da vertedura industrial e do sumidoiro de conexión.

ANEXO II

Disposicións sobre actividades que supoñan producción de residuos radioactivos
As actividades de calquera tipo que supoñan producción de residuos radioactivos, para conservalos, disporán de dispositivos protectores das radiacións que abranguerán todas as esixencias establecidas pola normativa de rango superior, tanto autónoma coma nacional ou internacional. A súa evacuación realizarase cando se teña diminuído convenientemente a súa ¿intensidade de actividade radioactiva", mediante os sistemas de evacuación de residuos radioactivos que resulten de obrigada instalación.
O Concello deberá ter coñecemento de todas as actividades relacionadas coa evacuación de augas residuais, co fin de poder adoptar cantas medidas sexan precisas para garantir a salubridade dos servizos de saneamento das augas residuais e da propia rede de sumidoiros.

ANEXO III

Lista de substancias e materias tóxicas e perigosas
1.-Acenafteno
2.-Acrilonitrilo
3.-Acroleína (Acrolín)
4.-Aldrina (Aldrín)
5.-Antimonio e compostos
6.-Asbestos
7.-Benceno
8.-Bencidina
9.-Berilio e compostos
10.-Carbono, tetracloruro
11.-Clordán (Chlordane)
12.-Crurobenceno
13.-Cloroetano
14.-Clorofenois
15.-Cloroformo
16.-Cloronaftaleno
17.-Cobalto e compostos
18.-Dibenzofuranos policlorados
19.-Diclorodifeniltricloroetano e metabolitos (DDT)
20.-Diclorobencenos
21.-Diclorobencidina
22.-Dicloroetilenos
23.-2.4-Diclorofenol
24.-Dicloropropano
25.-Dicloropropeno
26.-Dieldrina (Dieldrín)
27.-2.4-Dimetilfenoles ou Xilenoles
28.-Dinitrotolueno
29.-Endosulfán e metabolitos
30.-Endrina (Endrín) e metabolitos
31.-Éteres haloxenados
32.-Etilbenceno
33.-Fluoranteno
34.-Ftalatos de éteres
35.-Halometanos
36.-Heptacloro e metabolitos
37.-Hexaclorobenceno (HCB)
38.-Hexaclorobutadieno (HCBD)
39.-Hexaclorocicloexano (HTB, HCCH, HCH, HBT)
40.-Hexaclorociclopentadieno
41.-Hidrazobenceno (Diphenylhidrazine)
42.-Hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAH)
43.-Isoforona (Isophorone)
44.-Molibdeno e compostos
45.-Naftaleno
046.-Nitrobenceno
47.-Nitrosaminas
48.-Pentaclorofenol (PCP)
49.-Policlorado, bifenilos (PCB¿s)
50.-Policlorado, trifenilos (PCT¿s)
51.-2,3,7,8-Tetraclorodibenzo-p-dioxina (TCDD)
52.-Tetracloroetileno
53.-Talio e compostos
54.-Teluro e compostos
55.-Titanio e compostos
56.-Totueno
57.-Toxafeno
58.-Tricloroetileno
59.-Uranio e compostos
60.-Vanadio e compostos
61.-Vinilo, cloruro de
62.-As substancias químicas de laboratorio e compostos farmacéuticos ou veterinarios novos, identificábeis ou non, e dos que os seus efectos poidan supoñer risco para o medio natural ou para a saúde humana.
A anterior listaxe é enunciativa e non debe considerarse exhaustiva e, poderá ser revisada e ampliada de acordo coas circunstancias do desenvolvemento do Plan de Saneamento.

ANEXO IV

MODELO DE SOLICITUDE DE VERTEDURA
SOLICITUDE DE VERTEDURA
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome ou razón social
 
CNAE
Enderezo
Tel.:
FAX
Titular o representante legal
  
PERSOA QUE EFECTÚA A SOLICITUDE
Apelidos e nome
 
N.I.F.
Enderezo
Tel:
FAX
Representación
Ref.catastral
 
Breve DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE, instalacións e procesos que se desenvolven:
CONSUMO DE AUGA DA ENTIDADE SOLICITANTE
Subministrada polo Concello de Rianxo (m³/mes): ...
Outros recursos (pozos, mananciais, presas, etc. m³/mes) ...
TOTAL AUGA CONSUMIDA (m³/mes): ...
DECLARACIÓN RESPONSÁBEL
Eu, D./Dna. ..., con DNI ... e domicilio en ..., en calidade e representación de ...
DECLARO QUE:
Á data da presente solicitude, o volume de auga residual de descarga e réxime da mesma é a seguinte:
Horario.............................................................
.........................................
Duración..........................................................
.........................................
Caudal medio .................................................
........................................
Caudal punta ..................................................
.........................................
Variacións diarias, mesuais e estacionais.......
 
Nunha xornada normal evacúase aproximadamente un volume de ... m³
En caso de abastecemento de orixe distinto a Concello de Rianxo indicar as características do método de obtenxión del agua:
Se é procedente de pozos:
Potencia do equipo de bombeo (Kw)
   
Caudal do equipo de bombeo (m³/h)
   
Altura de elevación (m)
   
Nº de quendas de 8 horas diarias, durante os que funciona o equipo de bombeo
   
E se é procedemente de mananciais ou outras conduccións:
Área da sección mollada da conducción (m²)
   
Velocidade media do fluxo na conducción (m/s)
   
Núm. De quendas de 8 horas durante os que funciona a captación
   
vertedura é:
exclusivamente doméstico
 
industrial
 
doméstico e industrial
 
as augas resiudais van a:
A rede de sumidoiros do Concello de Rianxo
 
A outras redes de saneamento
 
O río/ría/mar
 
A vertedura á rede pública de saneamento faise:
Nun só punto
 
En varios puntos
 
Vértese algunha vertedura no artigo 12 do regulamento
SI
 
NON
 
Supera na súa vertedura as concentracións máximas permitidas do artigo 13 do regulamento:
SI
 
NON
 
Dispón de instalacións de pretratamento, para non superar na súa vertedura as concentracións máximas permitidas no regulamento:
SI
 
NON
 
En caso afirmativo, podería describila:

ANEXO VI

Normas de execución de ampliacións das redes de auga e sumidoiros
Ampliacións da rede de sumidoiros e rede de augas pluviais:
1.-As ampliacións da rede de sumidoiros realizaranse con tubo de policloruro de vinilo (PVC) color laranxa, SN-4 segundo a norma EN 124, de 315 mm. de diámetro exterior para as redes de sumidoiros e de 400 mm para as redes de pluviais, como mínimo. En función do tráfico e recubrimento poderase esixir a clase SN8.
2.-Cada 30 m. disporanse os preceptivos pozos de rexistro circular concéntricos realizados en fábrica de formigón en masa HM-20/B/25/I. de diámetro 100 e cono de reducción 100 x 60x 50, soleira, enfoscado interior e xuntas tomadas con morteiro 1:3, bruñido, paredes e soleira de formigón en masa HM-20 de 20 cm. de espesor, i/tapa circular de diámetro de abertura 600 mm., con cerco de ferro fundido modelo Rexel de Saint-Gobain ou similar, clase D-400 segundo Norma EN 124, con certificado de produzo AENOR ou entidade acreditada por ENAC, xunta de elastómero, bloqueo automático por apéndice elástico e tapa con articulación, sobre dado de formigón armado HA-25 enrasado co pavimento. As tapas dos mencionados pozos serán de fundición dúctil e das clases D-400 ou C-250, segundo os casos (en calzada, D-400 e en beirarrúa C-250).
3.-Os empalmes á nova rede municipal da rede de sumidoiros conectaranse á mesma nun pozo de rexistro.
4.-Así mesmo, no extremo da nova rede non conectada á existente, deixarase un pozo de rexistro de similares características aos anteriores.
5.-Os empalmes ás redes municipais de rede de sumidoiros e augas pluviais faranse por separado en todos os casos.
Ampliación rede de auga potábel:
6.-As ampliacións da rede de auga potábel realizaranse con tubo de ferro fundido, tipo FUNDITUBO ou similar, de 100 mm. de diámetro , en diametros menores pódese empregar o polietileno.
7.-No punto de conexión á rede existente deixarase a preceptiva válvula de comporta, tipo EURO 20 ou similar, aloxada na correspondente arqueta (Ø 60 cm. de acceso, con tapa de fundición das mesmas características que as dos pozos da rede de sumidoiros).
8.-No extremo da nova rede non conectada á existente deixarase unha válvula de comporta de similares características ás anteriores aloxada, así mesmo, na correspondente arqueta.
9.-No punto de menor cota da nova ampliación da rede colocarase a correspondente válvula de descarga, do mesmo tipo que as válvulas anteriores e diámetro non inferior a 60 mm. A mencionada válvula estará aloxada na correspondente arqueta (Ø 60 cm. de acceso, con tapa de fundición das mesmas características que as dos pozos da rede de sumidoiros).
10.-Así mesmo, no punto de maior cota da nova ampliación da rede colocarase a correspondente ventosa, de diámetro non inferior a 50 mm. Dita ventosa aloxarase nunha arqueta de características similares ás anteriores.
Ampliación rede contra incendios:
11.-As ampliacións da rede de incendios realizaranse con tubo de ferro fundido, tipo FUNDITUBO ou similar, de 150 mm. de diámetro como mínimo.
12.-Cada 50 m. colocarase unha boca de incendios de columna seca con dúas bocas de 70 mm. e unha de 100 mm. de diámetro, tipo FUNDITUBO ou similar, con racores tipo Barcelona.
13.-No punto de conexión á rede existente deixarase a preceptiva válvula de comporta, tipo EURO 20 ou similar, aloxada na correspondente arqueta (Ø 60 cm. de acceso, con tapa de fundición das mesmas características que as dos pozos da rede de sumidoiros).
14.-No extremo da nova rede non conectado á existente deixarase unha válvula de comporta de similares características ás anteriores, aloxada, así mesmo, na correspondente arqueta.
15.-Así mesmo, no punto de maior cota da nova ampliación de rede colocarase a correspondente ventosa de diámetro no inferior a 50 mm. A antedita ventosa aloxarase nunha arqueta, de características similares ás anteriores.
Ampliación rede de rego:
16.-As ampliacións da rede de rego realizaranse con tubo de ferro fundido, tipo FUNDITUBO ou similar, de 100 mm. de diámetro como mínimo.
17.-Cada 50 m. colocarase una boca de rego tipo Barcelona de 45 mm. de diámetro.
18.-No punto de conexión á rede existente deixarase a preceptiva válvula de comporta, tipo EURO 20 ou similar, aloxada na correspondente arqueta (Ø 60 cm. de acceso, con tapa de fundición das mesmas características que as dos pozos de saneamento).
19.-Así mesmo, no citado punto e tras a mencionada válvula, deixarase o correspondente contador de auga, cun diámetro de 20 mm., aloxado na súa propia arqueta.
Condiciones xerais:
20.-As conexións á rede existente das novas ampliacións á rede de auga, rego e incendios será executada pola concesionaria do servizo.
21.-Sempre que sexa posible respectarase unha distancia mínima co resto de servizos de 30 cm., tanto en cruzamentos, como en canalizacións que discorran en paralelo.
22.-A apertura de gabias practicarase a un mínimo de 1 m. de profundidade, ou no seu caso, á profundidade requirida polo servizo.
23.-A apertura de gabias en pavimentos irá precedida de un precorte dos mesmos.
24.-O recheo de gabias efectuarase en camadas de 30 cm. de espesor, compactadas ao 95% proctor modificado, con material seleccionado, procedente ou non da propia escavación.
25.-A reposición de pavimento de beirarrúas realizarase en todo o ancho da mesma, e na lonxitude que quede afectada polas obras.
26.-Dita reposición constará dunha base de formigón H-150 de 15 cm. de espesor, unha capa de morteiro de cemento de 3 cm. e baldosón do color e dimensións iguais ao existente, mantendo sempre a calidade ¿terrazo".
27.-A reposición do pavimento da calzada executarase cunha base de formigón H-150 de 30 cm. de espesor e unha capa de rodadura de 8 cm. de espesor de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, logo do rego de imprimación con 0,6 Kg/m² de ECR-1.
28.-Tanto nas reposicións de calzada como de beirarrúas, os pozos de rexistro, arquetas, bordos, sumidoiros e demais elementos existentes nas mesmas, reporanse e elevaranse á cota da rasante ao substituírense por outros das mesmas características.
29.-Tomaranse as medidas necesarias de precaución e sinalización na execución das obras, responsabilizándose de posíbeis danos a terceiros, tanto durante a execución como despois dela. Así mesmo, deberase estar en posesión dos pertinentes permisos na mesma obra, no caso de ser necesarios.
30.-Non poderá interromperse o tráfico pola rúa, e no suposto de que a gabia tivese que permanecer aberta durante a noite ou en momentos nos que non se traballe, disporase dos sinais necesarios para evitar calquera risco de accidente.
31.-Nas obras que obrigue a desviar aos peóns total o parcialmente fóra das beirarrúas, acondicionarase un paso debidamente protexido por vallas en toda a súa lonxitude e paralelo ás mesmas.
32.-A empresa comunicará por escrito ao servizo con quince días de antelación a data de comezo das obras. Así mesmo, ditos servizos poderán controlar e inspeccionar en todo momento o desenvolvemento das obras, así como establecer novas condicións se o considerasen oportuno.

ANEXO VII

CARACTERISTICAS EQUIPO CONTROL DE VERTEDURAS
* Equipo automático para a toma de mostras de forma periódica e automática en función do caudal ou dun autómata programable.
* Todos os vertidos da empresa circulan a través da conducción e do caudalímetro do equipo.
* Caudalímetro para o control, monitorización e rexistro do caudal instantáneo e acumulado vertido.
* Contadores horarios para o control das horas de funcionamiento ou parada do equipo.
* Equipo blindado e antimotín impedindo calquera tipo de manipulación que poda falsear as mostras recollidas.
A figura seguinte mostra a estructura básica do equipo de Control de Vertidos:
A) Armario eléctrico de control e habitáculo para os recipientes das mostras.
B) Conexión de saída a desagüe.
C) Caudalímetro
D) Rexistro de acceso para o peche do desagüe
E) Depósito de entrada con acceso superior para a retirada de sólidos (opcional).
F) Conexión de entrada a desagüe.
Segundo as características da instalación as formas de realizar a súa instalación son as seguintes:
Modelo con sistema de bombeo.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

O presente regulamento entrará en vigor unha vez pu-blicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto polo artigo 65.2 da Lei 7/85, permanecendo en vigor ata que o Pleno da Corporación acorde a súa modificación ou derrogación."