Santa Comba - Ordenanza fiscal nº 11, reguladora da taxa por subministración de auga

Publicación provisional: 17/11/2006 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 11/01/2007 BOP Nº: 8
Aplicable dende: 01/01/2007

FUNDAMENTO E OBXECTO.

Artigo 1.-

De conformidade co prevido no art. 20.4.t do Texto Refundido da Lei de Facendas locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, este Concello establece a taxa por subministración de auga que se rexirá pola presente Ordenanza., polo previsto na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos locais e polo sinalado na normativa das facendas locais

Artigo 2.-

Toda autorización para disfrutar do servizo de auga levará aparexada a obriga de suscribir o contrato de subministración e levará implicito cumprir as disposicións desta ordenanza.

Artigo 3.-

O abastecemento de auga potable deste Concello é un servizo municipal de conformidade coas prescripcións vixentes, explotándose por conta e beneficio deste Concello.

OBRIGA DE CONTRIBUÍR.

Artigo 4.-

A obriga de contribuír nace dende que se inicia a prestación do servizo. Estando obrigados ao pagamento os propietarios das fincas abastecidas e no caso de separación de dominio directo e útil, a obriga recae sobre os donos respectivos.

TARIFAS E BASES.

Artigo 5.-

Fixanse as seguintes tarifas:

a) Taxas de enganche ou desprecintado: 31.16 euros

b) Abonados con contador menor ou igual a 15mm.:

 

Mínimo m3/mes Euros/m3
15 0.27
Exceso 0.40

c) Abonados con contador maior de 15 mm e menor ou igual a 30mm.:

 

Mínimo m3/mes Euros/m3
15 0.34
Exceso 0.43

 

d) Abonados con contador maior a 30 mm e obras:

 

Mínimo m3/mes Euros/m3
15 0.43
Exceso 0.43

 

e) Estas tarifas sufrirán en anos sucesivos o incremento do IPC correspondente.

Artigo 6.-

As condicións para tódolos abonados serán as seguintes:

a) As solicitudes do servizo faranse mediante a oportuna petición de alta e suscrición da póliza de abono nas oficinas do Servizo Municipal de Augas, na que o interesado declara o nome, D.N.I ou C.I.F, dirección e fin oque destinará a auga. A conexión será só para cada vivenda ou finca, aínda sendo colindantes e dun mesmo propietario, salvo que por incovenintes da distribución do Servizo, se fará unha derivación fora da finca primitiva.

b) Baixo ningún concepto o abonado poderá ampliar para outros usos que os estipulados na póliza, especular coa súa venta ou cesión e dipor a favor dun terceiro, nin facer ningunha variación na instalación sen coñecemento do Servizo Municipal de Augas.

c) Non se concederá a alta ós abonados que retrasladen de domicilio e non se encontren o corrente do pago da auga que consumiron no domicilio anterior.

d) As tomas ou acometidas que se soliciten para utilizar a auga en fincas ou inmobles onde non existe a rede de distribución, no caso de acceder a elo o Concello, correrán os gastos da ampliación da rede, que será realizada pola empresa encargada do Servizo Municipal de Augas e co control de técnicos municipais. Unha vez realizada a obra pasará a ser propiedade municipal.

e) No caso de división da propiedade, os novos propietarios virán obrigados a executar unha nova toma independente cada un.

f) O propietario correrá cos gastos das modificacións ou reformas que sexan precisas realizar nas instalación co motivo de colocación do contador ou por outras a xuizo dos técnicos do Servizo.

g) As conexións a rede realizadas polo Servizo Municipal de Augas e os contadores utilizados serán os autorizados pola Consellería de Industria, os cales deberán situarse nun sitio accesible para a súa inspección e lectura, así mesmo o abonado está obrigado a permitir as inspeccións da súa instalación polo persoal do Servizo, no caso de negarse, será causa suficiente para o corte do subministración de auga, sen dereito a reclamación.

h) Os danos ocasionados a terceiros polo abonado debido a neglixencia ou abandono das instalacións será responsabilidade exclusiva deste.

Artigo 7.-

Cando o usuario se ausente temporalmente poderá solicitar o precintado do contador, neste caso non se lle pasará o recibo pero no momento do desprecintado abonará a taxa correspondente.

Artigo 8.-

Os abonados non terán dereito a reclamación algunha nas interrupcións ou restriccións no servizo debido as obras no mesmo, xa sexa por avería, mellora ou ampliación da rede e causas de forza de causa maior.

EXENCIÓNS.

Artigo 9.-

Están exentos os edificios e dependencias municipais propiedade do Concello que estén destinadas á prestación de servizos públicos de competencia municipal.

ADMINISTRACIÓN E COBRANZA.

Artigo 10.-

A lectura do contador, facturación e cobro do recibo serán bimestrais. As cotas liquidadas e non satisfeitas o seu debido tempo, serán feitas efectivas polo procedemento de apremio con arreglo ás normas do Regulamento Xeral de Recadación. Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables, aquelas cotas que non poidesen facerse efectivas polo procedemento de apremio.

1) O propietario da vivenda co subministración de auga será responsable subsidiario de aqueles recibos que non sexan devengados polo inquilino. No caso de novos inquilinos terá a obrigación de cominicalo ó Servizo de Augas.

2) O cobro efectuarase mediante recibo domiciliado nas entidades bancaria colaboradoras.

3) De averiarse o contador calcularase o consumo do período de paralización pola media dos 12 derradeiros consumos facturados.

4) Transcurridos os prazos para o cobro, poderase suspender o subministración da auga o abonado por falta do pago. Para a reanudación da mesma, deberá realiza-la nova solicitude, suscribir a póliza do abono e abonar tódolos recibos pendentes de pago máis a taxa de enganche ou desprecintado.

5) As reclamacións sobre recibos efetuaranse o Servizo Municipal de Augas e deben ir acompañados dos mesmos.

DISPOSICIÓN FINAL

Queda derrogada a Ordenanza nº1 P: Reguladora do prezo público por subministración de auga.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 5º.

O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.