Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 13, reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas na vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase
Artigo 1º.- Concepto.
De conformidade co prevido no art. 57 e 20.3.h) do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa por "entrada de vehículos a través das beirarrúas e (derrogado acordo plenario do 26 de novembro de 2003) e reservas na vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancias de calquera clase", especificado nas Tarifas contidas no apartado 2 do artigo 4º seguinte, que se rexeirá pola presente Ordenanza, polo previsto na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais e na normativa das facendas locais
Artigo 2º.- Obrigados ao pagamento.
Están obrigados o pago da taxa regulada nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento se se procediu sen a oportuna licenza. A taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial por entrada de vehículos e carruaxes a través das beirarrúas, os propietarios das fincas e locais a que dan acceso ditas entradas, poderán repercutir no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 3º.- Exencións.
Non estarán obrigados ao pagamento as Administracións Públicas polos aproveitamentos inherentes a os servicios públicos de comunicacións que exploten e por tódolos que interesen a seguridade cidadán ou defensa nacional.
Os taxis, ómnibus públicos ou os que concurran as feiras ou diarios con parada de almacén, ambulancias e vehículos do Concello.
Artigo 4º.- Contía.
A contía da taxa será a contida nas tarifas anuais seguintes e que nos anos vindeiros sufrirán un incremento do IPC anual:
a) Almacéns ao por maior e fábricas : 96,94
b) Exposición e venta de automóbiles : 74,32
c) Talleres mecánicos, reparación, pintura, lavados ou similares : 48,47
d) Garaxes de menos de 10 vehículos ata 4 metros lineais de reserva : 16,16
e) Por cada metro ou fracción que exceda de 2 metros a cantidade de : 6,46
f) Compra e colocación sinal : 27,78
Artigo 5º.- Normas de xestión.
1.- As cantidades esixibles con arreglo as Tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos receptivos epígrafes.
2.- Esta taxa rexerase polo sistema de declaración-liquidación regulado na Ordenanza Fiscal Xeral deste Concello. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza, acompañando un plano detallado no que sinale a extensión do aproveitamento e a súa situación dentro do municipio.
3.- Os servizos técnicos municipais comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedendose as autorizacións de non encontrar diferencias con as peticións de licenzas, si se deran diferencias, notificaranse as mesmas a os interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4.- No caso de denegarse a autorización, os interesados poderán solicitar o Concello a devolución do importe ingresado.
5.- Os titulares das licenzas deberán adquirir, a súa costa, as placas oficiais de "vao permanente" que teña establecido o Concello que serán colocadas nun lugar visible e de forma permanente e nas que constará o número de autorización (derrogado acordo plenario do 26 de novembro de 2003).
6.- Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración da baixa por o interesado e dita baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do semestre natural seguinte o da súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar abonando a taxa.
Para a tramitación das baixas, deberán retirarse previamente todala sinalización que determine a existencia de "vao permanente". (derrogado acordo plenario do 26 de novembro de 2003). Non obstante, si o interes xeral esixe a supresión do aproveitamento, o Concello revocará a licencia concedida, requerindo o titular para que suprima, a súa costa, o aproveitamento.
7.- As licenzas anularanse:
a) Por uso indebido.
b) Por cambiar as circunstancias en base as que foi concedida a licencia.
c) Por non conservar en perfecto estado a placa oficial de "vao permanente" o badén ou acera e, en xeral, por incumprimento de calquera das obrigacións impostas nesta Ordenanza ou na licenza de autorización (derrogado acordo plenario do 26 de novembro de 2003).
8.- As obras de construción, reforma ou supresión do aproveitamento serán realizadas polo titular baixo inspección técnica do Concello. O mantenemento e conservación serán igualmente a costa do titular.
9.- Cando o aproveitamento leve aparexado a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado o reintegro do coste total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e depósito previo do seu importe.
Si os danos fosen irreparables, esta entidade será indemnizada en contía igual o valor dos bens destruidos ou do importe do deterioro dos danados.
Artigo 6º.- Obrigación de pagamento.
1.- A obriga de pagamento das taxas nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de retirar a correspondente licenza.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados nas tarifas.
2.- O pago das taxas realizarase:
a) Por ingreso directo onde se establece o Concello, no caso de novos aproveitamentos, sempre antes de retirar a correspondente licenza. Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no art. 26 da Lei 39/1988, quedando elevado a definitivo o concederse a licenza correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluidos nos padróns desta taxa, por ano natural, realizarase por ingreso directo onde se establece o Concello, dentro do primeiro trimestre do ano.
Disposición final
A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición final
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación municipal en sesión plenaria do 26 de novembro de 2003.
Queda derrogado o texto dos artigos da ordenanza 8-T que fan referencia á entrada de vehículos a través das beirarrúas ou vaos (arts. 1º, 2º, 5º e 6º).
A presente modificación foi aprobada polo Pleno da Corporación municipal en sesión do 26 de novembro de 2003, entrando en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, comenzando a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 4º.
O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.