Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 16, reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo e uso público e industriais, rueiras e ambulantes e rodaxe cinematográfico

Publicación provisional: 17/11/2006 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 11/01/2007 BOP Nº: 8
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co prevido no art. 57 e 20.3.n do Texto refundido da lei de facendas locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004 este Concello establece a Taxa por "instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público e industrias rueiras e ambulantes e rodaxe cinematográfico" especificado nas Tarifas contidas no apartado 2 do artigo 3º seguinte, que se rexirá pola presente Ordenanza, polo previsto na ordenanza Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos locais e na normativa das facendas locais

Artigo 2º.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento da taxa nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento se se procediu sen a oportuna autorización.

Artigo 3º.- Contía.

A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a que figura na seguinte tarifa por metro cadrado ou fracción e día, que en anos vindeiros sufrirán o incremento do IPC correspondente:

Epígrafe

1.- Circos, variedades, teatros, e en xeral, calquera clase de espectáculos, por o primeiro día 80,78

2.- Os mesmos polo segundo día e seguintes 40,38

3.- Voladores, columpios, casetas de tiro, calesitas, xogos de cabaliños, coches de choque e calquera clase de aparatos de movemento 80,78

4.- Barracas, casetas, tómbolas fixas, vendas rápida e demais de natureza análoga 0,64

5.- Cantinas, churrerías, buñolerías, pulperías, bodegóns, restaurantes e semellantes 0,51

6.- Postos de venda de algodón doce, patatas fritas, masa frita, xelados 0,51

7.- Ocupación de terreo con camións ou vehículos para a venda de churros, buñuelos, barquillos, bocadillos, chocolate, refrescos, froitas, etc. 0,51

A superficie computable será a que realmente ocupe o vehículo, máis unha franxa de terreo dun metro de anchura, paralela á fronte da liña exterior ou mostrador ou instalación que se utilice para o uso ou servizo do público

8.- Postos de queixo, hovos, froitas, legumbres, hortalizas, e calesquera produtos alimenticios 0,51

9.- Postos de xelados, horchata, limoada e semellantes 0,51

10.- Postos de cerámica e artígos de ferretería e semellantes 0,51

11.- Artigos de xéneros e paquetería 0,51

12.- Postos de bordados, galóns, garabatas e outros semellantes 0,51

13.- Postos de baratixas e semellantes 0,51

14.- Postos de herba, mimbres, cortizos, caldeiras, cestería e semellantes 0,51

15.- Ocupación de terreos destinados a instalación de casetas para venda de xoguetes 0,51

16.- Venda ambulante, o brazo de globos, bastóns, barquillos e semellantes (estes vendedores non poderán utilizar carros, carrillos, vehículos, mesas nin ningún outro artefacto apoiado no solo) por día 0,51

17.- Licenzas para ocupación de terreos destinados a taquillas para a venda de entradas das instalacións de aparatos, espectáculos, teatros, circos, etc. 0,51

18.- Licenzas para instalación de aparatos automáticos accionados por moedas, de entretemento, recreo ou venda 0,51

19.- Postos de venda de libros e revistas 0,51

20.- Ocupación vía pública ou terreos de uso público para o rodaxe de películas 1,93

21.- Postos de fotografía 0,80

22.- Pola expedición de título de vendedor ambulante ou a súa renovación anual con ou sen reserva de posto fixo no recinto feiral 19,38

As tarifas dos epígrafes 1 e 2 poderán rebaixarse pola Corporación Municipal ou pola Alcaldía, a proposta da Intervención, cando a instalación de ditos postos exceda de cinco días.

Artigo 4º.- Normas de xestión.

1.- Para instalar os postos, barracas, casetas de venda, etc., será necesario que os interesados obteñan a oportuna autorización, que será concedida ou denegada pola Corporación Municipal ou pola Alcaldía, según a importancia do caso.

2.- A Policía Municipal cuidará de non consentir que ocupen a vía pública ou terreos de común con estas clases de instalacións nin que exerzan en ela industria algunha, quen non acredite estar debidamente autorizados para elo e non satisfagan os dereitos que se señalen nesta Ordenanza.

3.- Os postos, barracas e demáis que se conceda, non poderán ser destinados a usos distintos daqueles para que foron concedidos, prohibíndose por conseguinte, telos pechados ou destinalos a almacén. Así como a súa ubicación será a determinada na autorización axustándose as líneas fixadas para a ordeación e boa marcha de todos os postos.

4.- Queda terminantemente prohibido a cesión ou traspaso das concesións sen a autorización da Corporación Municipal ou da Alcaldía, según proceda. Os dereitos correspondentes a os postos permanentes ou fixos, cobraranse por trimestres anticipados, durante os dez primeiros días do mes. Todo concesionario terá a obrigación de exhibir a os axentes municipais ou empregados o recibo que acredite o pagamento dos dereitos, cantas veces lle fora pedido.

5.- As concesións de instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, etc., serán sempre con carácter provisional, poidendo a Alcaldía ordear a súa retirada cando o crea oportuno, sen dereito de indemnización ou reclamación algunha por parte do concesionario.

6.- A concesión de postos que non sexan permanentes ou fixos, serán solicitados na oficina de Intervención, a cuyo fin expedirá a autorización regulamentaria, previo pagamento dos dereitos establecidos nesta Ordenanza, especificando na mesma o tempo de instalación.

7.- Respecto as tómbolas e postos semellantes, casetas de tiro e atraccións análogas, postos ou pistas de coches de choque, postos e casetas de churros, pulpo e viño e artigos análogos, carruseles, teatros e demáis atraccións, así como calquera outra clase de postos de atracción ou vendas de artigos que teñen por costume instalarse durante as festas que se celebran na localidade no Campo da Feira, celebrarase a correspondente subasta para a adxudicación das puxas a llana e outtro sistema que acorde a Corporación, servindo de base para a licitación dos distintos postos o ingreso obtido en anos anteriores. As referidas subastas celebraranse na Casa Consistorial, con suxeción as normas que se fixarán antes da subasta, sendo firmes e executivas as decisións que adopte a Presidencia da Mesa.

O pagamento do importe total da adxudicación do terreo, deberá facerse no momento de ser adxudicado o posto, ben entendido que se considerará nula toda concesión que non sexa inmediatamente liquidada, perdendo o licitador desistido a fianza provisional que se lle fose esixida a presidencia, para tomar parte na subasta.

8.- Será obrigatorio e imprescindible o carné de manipulador de alimentos para a venda de productos alimenticios.

9.- As cantidades esixibles con arreglo a tarifa liquidarase por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período de tempo autorizado.

10.- Os emplazamentos, instalacións, postos, etc., poderán sacarse a licitación pública e o tipo de licitación en concepto de taxa mínima que servirá de base, será a contía fixada na tarida da Ordenanza.

Procederase con antelación a subasta, a formación dun plano dos terreos dispoñibles para ser subastados, numerando as parcelas que vaian ser objeto de licitación e sinalado a súa superficie. Asimesmo, indicaranse as parcelas que poidan dedicarse a coches de choque, circos, teatros, bares, pulperías, bisuterías, etc.,

Se algún concesionario dos aproveitamentos utilizase maior superficie que a que lle foi adxudicada na subasta ou autorizada na licenza, satisfará por cada metro cadrado de máis do 50% do importe da puxanza ou licenza, ademais do importe do remate ou da contía fixada pola tarifa, respectivamente.

11.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza e non sacados a licitación pública deberán solicitar previamente a correspondente licenza, realizar o pagamento por autoliquidación a que se refire a ordenanza fiscal xeral e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se vaian instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.

Os servizos técnicos municipais comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencia coas peticións, si se desen diferencias, notificarianse as mesmas aos interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, cencedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

En caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.

12.- Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se houbese abonado e obtido polos interesados a licenza correspondente.

13.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licenza, sen prexuízo das contías que corresponda abonar aos interesados.

14.- Facúltase á alcaldía para, con independenza do anterior, a adxudicación dos terreos a os que aluden as tarifas 1 a 5 do art. 3, mediante concerto cos feirantes e durante os días de festas da localidade.

15.- Facúltase a alcaldía para que poida esixir depósitos en metálico para responder dos desperfectos que poidan orixinarse na vía pública por estos aproveitamentos.

Artigo 5º.- Obrigación de pagamento.

1.- A obrigación de pagamento da taxa nace:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicitar a correspondente licenza.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada período natural autorizado.

2.- O pagamento da taxa realizarase:

a) Por ingreso directo onde se establece o Concello, en caso de novos aproveitamentos, sempre antes de retirar a correpondente licenza ou documento que corresponda.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluidos nos padróns desta taxa, por semestres naturais, realizarase por ingreso directo onde se establece o Concello, dentro do primeiro mes do semestre.

Artigo 6º.- Inspección e sanción.

As infraccións relativas a dereitos do consumidor ou a producción agroalimetaria, serán sancionadas polas autoridades competentes.

a) As infraccións ao establecido nestas normas, serán de tres clases: leves, graves e moi graves.

- Son faltas leves: a discusión entre vendedores, a venda de productos diferentes aos autorizados na licenza, aumentar a superficie do posto con más metros dos autorizados ou non gardar a distancia entre postos que lle fosen sinalados, non deixar limpio e recollido o lugar da instalación e a comisión de calquer outra infracción considerada como leve no R.D. 1945/1983 do 2 de xuño.

- Son faltas graves: a venda dende o vehículo cando esté expresamente prohibida, a comisión de catro faltas leves nun ano, realizar a venda en lugares, fechas e horario diferente aos autorizados, negarse a pagar a taxa correspondente, desobedecer as órdenes do encargado do mercado, dentro do establecido nas presentes normas; ocupar o sitio ou vender no lugar que corresponda a outro vendedor, dedicarse a vendaambulante sen a correspondente autorización e a comisión de calquera infracción que o R.D. 1945/1983, do 2 de xuño.

- Son faltas moi graves: Intentar ou facer transferencias de postos a espaldas do Concello, a comisión de catro faltas graves nun ano e as infracción no mencionado Real Decreto.

b) As sancións que poidan impoñerse pola comisión de infraccións son:

- Por faltas leves: amoestación, multa de ata 12.02 euros e suspensión de autorización municipal de 1 a 15 días.

- Por faltas graves: multa de ata 30.05 euros e suspensión de licenza de 3 a 6 meses.

- Por faltas moi graves: multa de ata 30.05 euros suspensión de licenza de 6 meses a un ano e retirada definitiva da licenza.

Para as faltas graves ou moi graves poderá esixirse o infractor a retirada inmediata do postoe, en casode non realizalo, o fará o Concello de oficio.

Artigo 20.- Partidas fallidas.

Responden ao pagamento destos dereitos, os postos, casetas e demais instalacións. Soamente se admitirán como partidas fallidas as cotas que queden sen realizar, despois de enaxenados en pública subasta, si a elo houbera lugar, e sempre que os concesionarios resulten insolventes despois de seguidos contra eles o procedemento executivo de constrinximento.

Disposición final.

Queda derrogada a Ordenanza nº 4 P: Reguladora do prezo público por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público e industrias rueiras e ambulantes e rodaxe cinematográfico.

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Santa Comba o día 18 de novembro de 1998.

Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 3º.

O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa