Cerdido - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 03/05/2007 BOP Nº: 101
Publicación definitiva: 03/05/2007 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 03/05/2007

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Ley 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto na lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa de Administración por determinados documentos que expide ou que extende a administración municipal ou as autoridades municipais á instancia das partes, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Está deteminado pola actividade municipal desenvolta con motivo da tramitación ou expedición dos documentos para verifica-los extremos a xustificar ou facer constar no mesmo; e que figuran nomeados na tarifa desta taxa

ARTIGO 3.- SUXEITO PASIVO

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que non se interese redunde na tramitación do documento ou expediente do que se trate. 2.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e seguintes da Lei xeral tributaria. 3.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os sindicatos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedade e entidade en xeral, nos impostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 4.- TARIFA

Concepto Importe
Certificación descriptiva ou/e gráfica catastral (punto de información catastral) 10 euros
Certificación ou/e informe técnico de calificación urbanística a instancia da parte. 15 euros
Expediente de aprobación a instancia de parte de calquera instrumento de desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal 600 euros

 

ARTIGO 5.- BENEFICIOS FISCAIS

Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais nos tributos locais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou as derivadas da aplicación dos tratados internacionais.

ARTIGO 6.- NORMAS DE XESTIÓN

1.- O Concello de Cerdido ó abeiro da facultade que lle concede, e o artigo 26 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece o depósito previo do importe da taxa obxecto desta ordenanza, a cal será esixida e devengada coa presentación da solicitude que inicie o expediente, que non será tramitado sen este requisito. 2.- A exención destes dereitos levarase a cabo, en todo caso, adxuntando ós documentos suxeitos ó pagamento, o timbre, ou efectos de valor que corresponda, expedido pola Tesouraría de Fondos. 3.- Os funcionarios que teñan ó seu cargo a tramitación de documentos suxeitos, non admitirán nin cursarán documento algún sen que leve adxunto o documento xustificativo de pago de taxa.

ARTIGO 7.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

 En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincía.