Betanzos - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COMIDA A DOMICILIO.

Publicación provisional: 23/02/2007 BOP Nº: 44
Publicación definitiva: 03/05/2007 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 22/05/2007

ART.1º. MARCO LEGAL.

O Estatuto de Autonomía, no seu artígo 27.23º en relación có artigo 148.1º da Constitución Española, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

Con base a esta atribución de competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, de 14 de abril, de servizos sociais.

No seu artigo 21 establece que lles corresponde ós Concellos a competencia para a creación e xestión dos servizos sociais de atención primaria.

A Lei de bases de réxime local no seu artígo 25.1 di que serán os municipios os que promovan toda clase de actividades e presten cantos servizos públicos favorezan a satisfacción das necesidades da comunidade veciñal.

O decreto 240/1995 desenvolve a Lei de servizos sociais, regulando os servizos de atención primaria, nos que, entre os seus obxectivos atópase conseguir a mellora da autonomía persoal, a integración e a permanencia dos cidadans no seu medio familiar, mentras sexa desexado e convinte.

ART. 2º. OBXECTO DO SERVIZO E OBXECTIVOS

O Servizo consiste na dispensación da comida do mediodía ós usuarios no seu domicilio. Configúrase como un servizo complementario da axuda no fogar .

Os obxectivos que persigue son os seguintes:

- Facilitar a autonomía persoal no medio habitual para o logro duha mellora na calidade de vida dos beneficiarios.

- Contribuir a proporcionar unha alimentación adecuada, previndo posibles transtornos de saúde derivados dunha dieta inapropiada.

- Rentabilizar a prestación do servizo de axuda no fogar, adicando as horas que se adican á compra e preparación das comidas a outras tarefas de atención persoal .

ART.3º. BENEFICIARIOS.

Poderán ser beneficiarios do servizo:

- Persoas maiores de 65 anos ás que as súas circunstancias persoais e/ ou sociais dificulten ou impidan a realización da tarefa de preparación da comida.

- Persoas dependentes que o servizo poida favorecer a súa autonomía persoal.

- Todas aquelas persoas que se atopen en situación de especial necesidade, evaluada tecnicamente, que xustifique a inclusión no servizo.

ART.4º REQUISITOS DE ACCESO Ó SERVIZO.

Para acceder ó servizo, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

- Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Betanzos.

- Ser maior de 65 anos, ou menor desa idade cun grao de minusvalía superior ó 65%.

- Non presentar un estado de deterioro físico ou psíquico que necesite dun internamento asistido, xa que este servizo préstase no fogar dos usuarios.

- Aportar a documentación esixida no art. 5 da presente normativa.

ART. 5º TRAMITACIÓN DO ACCESO Ó SERVIZO.

- Presentación da solicitude por parte dos usuarios no modelo que se lles facilitará no Departamento de servizos sociais, xuntando á mesma a seguinte documentación:

* Fotocopia de DNI de todos os membros da unidade de convivencia.

*Xustificante de ingresos de todos os compoñentes da unidade familiar.: (certificado das pensións que perciben, nóminas, declaración de IRPF o certificación negativa de Facenda senon se realizara, certificación do INEM no caso de desemprego...)

*Informe médico sobre o estado de saúde e a dieta recomendada.

- Posteriormente o técnico responsable valorará a necesidade e realizará unha proposta de intervención, pasando ao órgano competente para a súa resolución. Esta resolución comunicarase ó interesado.

Este procedemento poderá abreviarse cando xurdan de forma imprevista unha necesidade urxente e precise polas súas características especiais unha resposta inmediata. A desaparición desta levará consigo a extinción do carácter urxente do caso e pasará ao proceso ordinario de resolución da petición.

ART.6º. BAREMO PARA A SELECCIÓN DE USUARIOS.

No caso de que a demanda do servizo supere a súa capacidade operativa aplicaranse os criterios de concesión previstos no art.6º da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar, publicado no BOP nº 242 de 22 de outubro de 1998.

ART. 7º. FUNCIONAMENTO E ORGANIZACIÓN DO SERVIZO.

O servicio consiste na achega da comida do mediodía, de luns a venres excepto festivos, ós usuarios ó seu domicilio. Estes coñecerán os menús que se lles servirán alomenos cunha semana de antelación.

O menú está composto por un primeiro prato, un segundo prato, postre, pan e auga. Está prohibido que se servan bebidas alcohólicas. En caso de rexímenes alimenticios especiais, ofreceránse dietas adecuadas ás necesidades.

O servizo inclúe o transporte en vehículo sanitariamente homologado e dentro de bandexas isotérmicas, dende o lugar donde se prepara a comida ata o domicilio do interesado.

Terá como responsable administrativo dentro do Concello para a supervisión á coordinadora da área de servizos sociais, que se encargará das tarefas desta natureza.

A modalidade de xestión prevista, ó abeiro do art.85 da Lei de bases de réxime local, é a xestión indirecta mediante a concesión de xestión de servizo público a unha empresa externa que se encargará de dispoñer de todos os medios necesarios para que o servizo se preste en óptimas condicións.

ART. 8º. FINANCIAMENTO DO SERVIZO.

Este servizo estará financiado coas achegas procedentes das administracións públicas ou institucións, así como coas aportacións, mediante taxa, dos propios usuarios , que colaborarán en función das súas posibilidades, dacordo có establecido no título 7 da Lei 4/1993 de servizos sociais.

As tarifas pola prestación deste servizo, serán as que se determinen na correspondente ordenanza fiscal.

ART. 9º. DEREITOS E DEBERES DOS BENEFICIARIOS:

A) Os beneficiarios terán dereito a:

-Recibir a prestación na forma establecida.

-Ser atendidos con eficacia e respeto á súa individualidade.

-Ser informados das condicións baixo as que se presta o servizo de comida a domicilio.

-O segredo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e social.

-Deixar de utilizar o servizo por vontade propia.

-Presentar as reclamacións ou suxerencias que consideren oportunas.

B) Os beneficiarios terán as seguintes obrigas:

-Aceptar e cumprir a normativa establecida na prestación do servizo, contemplada no presente regulamento.

-Tratar có debido respeto ao persoal do servizo e conservar os utensilios que se lle faciliten na prestación do servizo.

- Satisfacer a cota que lle corresponda, que será calculada en función dos seus ingresos económicos.

 

ART.9 CAUSAS DE EXTINCION DO SERVIZO

A prestación do servizo de comida a domicilio extinguirase polas seguintes causas:

a) Falecemento ou renuncia do beneficiario.

b) Perda dos requisitos ou condicións esixidas para ser beneficiario da prestación.

c) Incumprimento reiterado por parte dos beneficiarios das súas obrigas.

d) Ocultación ou falsidade dos datos que se tiveron en conta para a concesión do servizo.

e) Impago da taxa correspondente de dúas mensualidades consecutivas, salvo causa xustificada e verificada, previo requerimento do pago advertindo da extinción.

DISPOSICIÓN FINAL

1.- Corresponderalle o Concello por medio da súa Xunta de Goberno Local as facultades de aplicar e interpretar as disposicións contidas nesta Ordenanza, sen prexuizo das facultades que en todo caso correspondan os tribunais.

2.-Para o non previsto neste Regulamento estarase ao disposto na Lei 5/97 de 2 de xullo de administración local de Galicia, Ley 7/85 de 2 de abril e regulamentos que a desenvolven e na Lei 4/93 de 14 de abril de servizos sociais.

3.- A presente Ordenenza entrará en vigor unha vez publicada integramente no BOP e cumprido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/85, de 2 de abril, en tanto non se proceda a súa modificación ou derogación expresa.