Pontes de García Rodríguez As - TAXA DE REDE DE SUMIDOIROS
Publicación provisional:
22/11/2005
BOP Nº:
267
Publicación definitiva:
31/12/2005
BOP Nº:
299
Aplicable dende:
01/01/2008
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ¿Taxa da rede de sumidoiros", que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
1.- Constitúe o feito impoñoble da taxa:
A utilización do servicio de sumidoiro.
2.- Non están suxeitas a taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de predio ou terreo.
ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:
Cando se trate da concesión de licencia acometida á rede, o propietario, usufructuario, ou titular do dominio útil da finca.
2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destos inmobles, quen poderán repercutir, se é o caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refire os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5º.- COTA TRIBUTARIA E CADRO DE TARIFAS
1.- A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez, e consistira nunha tarifa de: 5,50 euros
2.- A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, consumida polo beneficiario do servicio.
A tal efecto, será de aplicación a seguinte tarifa:
-Polo servicio de conservación e limpeza de sumidoiro público por cada m³ de auga consumida no trimestre: 0,05 euros IVE aparte.
3.- Sobre a cota tributaria fixada no apartado anterior aplicarase un coeficiente reductor do 0,5 cando o suxeito pasivo sexa membro dunha familia numerosa.
ARTIGO 6º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, non se recoñoce beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previsto en normas con rango de Lei.
ARTIGO 7º.- DEVENGO E PERÍODO IMPOSITIVO
Devéngase a taxa nacendo a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, entendéndose a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo o formúlase expresamente.
b) Tratándose de presentación de novos servicios, dende que teña lugar a efectiva conexión á rede de sumidoiros municipal, é dicir, cando se inicie a efectiva prestación do servicio. O devengo por esta modalidade de Taxa producirase con independencia de que se teña obtido ou non a licencia de acometida e sen prexuício da iniciación do expediente administrativo que poida intruirse para a súa autorización.
A Taxa devéngase o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos do inicio e cesamento no uso do servicio, en tal caso prorratearase por trimestre naturais.
No caso de inicio ou cesamento do servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularánse proporcionalmente ó número de trimestres naturais nos que se presentara o mesmo, incluido o do inicio ou cesamento na prestación.
ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN
1.- A xestión e autorización de acometidas á rede, así como a recadación das cotas a que se fai mención no epígrafe 1 do cadro de tarifas corresponderá ó Concello, que poderá esixir o deposito previo das mesmas como condición para a tramitación e concesión daquelas.
2.- A xestión e recadación das cotas contidas nos epígrafe 2 do cadro de tarifas correspondenrá á empresa concesionaria ¿Aquagest S.A."
3.- O cobro das cotas realizarase en catro liquidacións trimestrais que abarcarán a ano natural, sen que sexa necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa facturación . O censo de contribuíntes do primeiro trimestre aprobarase e exporase ó público para reclamacións dentro do primeiro semestre de cada exercicio económico servindo como notificación colectiva dos vencementos do exercicio.
4.- Os propietarios de edificios e vivendas ou, se é o caso, os usuarios do servicio veñen obrigados a presentar nas oficinas municipais as oportunas actas que orixinan a obriga de contribuir.
5.- Igual obriga existirá nos cambios de titularidade dun edificio, vivenda ou local e cando se produzan variacións físicas ou xurídicas que teñan trascendencia na orde tributaria.
6.- A efectos de aplicación da tarifa 2, as altas e baixas que se produzan no servicio de augas, surtirán efectos automáticos respecto da Taxa de rede de sumidoiros, sempre que o inmoble posúa acometida á rede de sumidoiros.
7.- Cando a alta, baixa ou variación do padrón se derive da solicitude ou declaración presentada polo interesado e a liquidación resultante non modifíca os datos consignados polo propio obrigado tributario, non será necesaria a notificación expresa da devandita alteración.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente Ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello e publicada integramente no Boletín Oficial Provincia, comezará a rexer a partir do día un de xaneiro de dous mil oito, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.
A presente ordenanza fiscal, que consta de 8 artigos e unha disposición derradeira, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria de data 30 de outubro de 2007.