Rianxo - Ordenanza fiscal núm. 26, reguladora da taxa por documentos que expiden ou de que entenden as administracións ou autoridades locais a instancia de parte

Publicación provisional: 23/10/2007 BOP Nº: 245
Publicación definitiva: 15/12/2007 BOP Nº: 288
Aplicable dende: 15/12/2007

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de régimen local, e de conformidade co disposto no artigo 20, apartado 4, letra a), da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais, modificado pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a "Taxa por documentos que expiden ou de que entenden ó prevido no artigo 58 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais, modificado así mesmo polo artigo 66 da Lei 28/1998, de 13 de xullo.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida

con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda case de documentos que

expida e de expedientes de que entenda a administración ou as autoridades

municipais.,

2.-A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera

documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu

beneficio, inda que non mediase solicitude expresa do interesado.

3.-Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes

necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais fronte a este municipio, así

como as consultas tributarias, as solicitudes de devolución de ingresos indebidos, os

recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os

relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia

municipal e a utilización privativa ou aproveitamento especial de bens de dominio

público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

2.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ea que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

3.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e

entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 4.º .-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar ou a cantidade resultante de aplicar unha tarifa, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte

2.-A cota de tarifa correspondente á tramitación completa, en cada instancia, de documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado de acordo recaído.

Artigo 5.º .- Tarifas

1. Expedición de informes emitidos pola Policía Local, relativos a accidentes de circulación ou certificacións destes, ou copia de atestados policiais: 45,93 euros.
2. Expedición de informes emitidos polos técnicos pertencentes ao Servicio de Urbanismo relativos a información urbanística: 24 euros.

Artigo 6.º .- Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos aao tributo,

Artigo 7.º .- Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.
2. Os escritos recibidos polos conductos os que fai referencia o artigo 66 da L.P.A.C., que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non deberá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia para o que se requerirá ó interesado para que no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que transcorrido o dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude. ¿

Artigo 8.º .-Infraccións e sancións.

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2003 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.