Val do Dubra - Ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

Publicación provisional: 20/11/2004 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 30/12/2007

Artigo 1.º . Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó previsto no artigo 57 do citado RDLex. 2/2004.

Artigo 2.º . Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

Artigo 3.º . Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no feito impoñible.

Artigo 4.º . Responsables

1. Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 5.º . Base impoñible

A base impoñible sobre a que se determinará a cota tributaria configúrana os metros cadrados de ocupación dos terreos de uso público.

Artigo 6.º . Cota tributaria

1. A cota a satisfacer por esta taxa obtense da aplicación das tarifas correspondentes aos apartados seguintes:
a) Licenzas pola ocupación de terreos destinados a tómbolas, rifas, vendas rápidas e similares. Por m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
b) Licenzas pola ocupación de terreos dedicados a carriolas, columpios, aparellos xiradores, cabaliños, xogos de cabaliños, coches de choque, e en xeral calquera clase de aparellos de movemento. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
c) Licenzas pola ocupación de terreos destinados a teatros, circos e en xeral, calquera clase de espectáculos. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
d) Licenzas pola ocupación de terreos destinados á instalación de restaurantes, bares, polbeiras, bodegóns e similares. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
e) Licenzas pola ocupación de terreos con camións ou vehículos para a venda de bocadillos, hamburguesas, chocolates, refrescos, bebidas, etc. (A superficie computable será a que realmente ocupe o vehículo, máis unha franxa de terreo de 1 m de anchura, paralela ao fronte da liña exterior ao mostrador ou instalación que se utilice para o uso ou servizo do público. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
f) Licenzas pola ocupación de terreos destinados á instalación de chocolaterías, masa frita, patacas fritas, xeados e algodón en doce. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
g) Licenzas pola ocupación de terreos destinados á instalación de postos para a venda de turróns, roscas, doces, froitos secos, froitas e hortalizas, queixos, ovos, patacas e calquera outros produtos comestibles. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
h) Licenzas pola ocupación de terreos destinados á instalación de postos para a venda de xoguetes, cerámicas, quincalla e calquera outros produtos ou artigos non comestibles. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
i) Fotógrafos, debuxantes e caricaturistas. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios. Os artefactos que se utilicen como complemento das súas actividades. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
j) Licenzas para a venda ambulante, ao brazo, de globos, bastóns, barquillos e calquera outra clase de artigos. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios. Os vendedores a que se refire este epígrafe non poderán utilizar carros, carriños, vehículos, mesas nin ningún outro artefacto apoiado no chan.
k) Licenzas para a ocupación de terreos destinados a taquillas para a venda de entradas ás instalacións de aparellos, espectáculos, teatros, circos, etc., sempre que estean colocados fóra da superficie subastada ou adxudicada. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
l) Licenzas para a instalación de aparellos automáticos accionados por moedas, para entretemento, recreo ou venda. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
ll) Licenzas para a ocupación de terreos con postos para a venda de libros, revistas, etc. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.
m) Licenzas para a ocupación da vía pública ou terreos de uso público para a rodaxe de películas. Por cada m2 ou fracción 0,2146 euros diarios.

Artigo 7.º . Exencións e bonificacións

Non se concederán outras exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 8.º . Devengo

Nace a obriga de contribuír:

1. Nos supostos de devengo puntual, no momento de presentar a solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento ou utilización.

2. Nos supostos de devengo periódico, nace a obriga de contribuír o primeiro día de cada ano natural.

3. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos, sen prexuízo de abrir o oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

Artigo 9.º . Ingreso

O pagamento da taxa realizarase na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras autorizadas polo Concello. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.

Artigo 10.º . Normas de xestión

1. As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realizar os aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do municipio e especificando o tempo e data da instalación.

2. Unha vez autorizada ou concedida a licenza de aproveitamento entenderase prorrogada anualmente mentres non presente a declaración de baixa o interesado.

3. Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán a declaración de baixa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación desta, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar pagando a taxa.

4. A Policía Local evitará que ocupen a vía pública ou terreos de dominio público con este tipo de instalacións, nin que se exerzan nela ningunha industria, aquelas persoas ou entidades que non acrediten estar autorizados e non pagasen previamente os dereitos que se sinalan na presente ordenanza.

5. A autorización de venda é intransferible. O interesado deberá conservala durante o tempo de concesión e amosala ós axentes ou funcionarios municipais se lles fose requirida por calquera deles. O mal uso das autorizacións producirá a súa caducidade, así como a perda dos dereitos xa pagados.

6. As autorizacións que se concedan non poderán ser destinadas a usos distintos daqueles para os que foron concedidas sen que haxa unha autorización previa, por escrito, do Concello.

7. As concesións ás que se refire a presente ordenanza terán sempre carácter provisional, supeditadas ó interese xeral, previa resolución motivada da Alcaldía do Concello.

Artigo 12.º . Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que lle correspondan a estas en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan no regulado nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.