Índice
Neda - Ordenanza fiscal nº 28, reguladora da taxa pola expedición de documentación administrativa.
Publicación provisional:
02/10/2007
BOP Nº:
228
Publicación definitiva:
28/11/2007
BOP Nº:
275
Aplicable dende:
01/01/2008
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, este Concello establece a exacción da Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, das que as normas atenden ó previsto no artigo 58 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004.
ARTIGO 2. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da Taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e dos expedientes de que entenda a Adminitración ou as Autoridades Municipais.
Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado/a.
Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren artigo 35 da Lei Xeral Tributaria (lei 58/2003, do 17 de decembro), que soliciten, provoquen ou que teñan un interese no que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
ARTIGO 4. Responsables.
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas, e xurídicas ás que se refiren o artigo 42 da meritada Lei Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios os/as administradores/as das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da indicada Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5. Retribución.
A presente taxa retribuirase coa presentación da solicitude que da lugar ó inicio da tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
Nos casos ós que se refire o artigo 2.2, a retribución producirase cando se inicie a tramitación dos documentos e expedientes por parte da Administración, sen previa solicitude do interesado/a, pero redunde no seu beneficio.
ARTIGO 6. Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos expedientes ou documentos a tramitar, de acordo coa tarifas que se conteñen no artigo seguinte.
ARTIGO 7. Tarifas.
¿ 7.1. Documentos expedidos por dependencias muncipais.
¿ 7.1.1. Certificacións de acordos municipais. Certificacións de informes emitidos por técnicos municipais, así como da rede de sumidoiros, abastecemento de auga, etc. e outros documentos análogos. Informacións urbanísticas e certificacións de cualificación urbanística, alturas, aliñacións e rasantes e outros documentos análogos: 20,00€
¿ 7.1.2. Por fotocopias expedidas en branco/negro (papel normal):
Concepto Tamaño €/unidade
7.1.2.1. DIN A4 0,10
7.1.2.2. DIN A3 0,20
¿ 7.1.3. Por fotocopias expedidas en color:
Concepto Tamaño
7.1.3.1. DIN A4 1,00
7.1.3.2. DIN A3 2,00
¿ 7.1.4. Impresión cartografía e planeamento en papel normal.
Normal Color
7.1.4.1. DIN A4 3,00 4,00
7.1.4.2. DIN A3 4,00 5,00
¿ 7.1.5. Expedición de carteis informadores de licencias de obras menores: 10,00 €
¿ 7.1.6. Copia do atestado realizado pola policia municipal en caso de ¿accidente de danos materiales: 30,00€
¿ 7.1.7. Dilixencias de cotexo de documentos:
¿ Primeira: 0,60€
¿ Segunda e seguintes (cada folio): 0,15 €
¿ 7.1.8. Validación de poderes e lexitimación da personalidade sempre que se solicite a súa aportación para realizar actos, contratos ou outros trámites diante deste Concello: 30,00 €
¿ 7.1.9. Exemplar encadernado de Ordenanzas fiscais e Prezos Públicos: 30,00€
¿ 7.2. Tramitación de expedientes administrativos.
¿ 7.2.1. Pola formalización de contratos administrativos, cada folio: 1,5€
¿ 7.2.2. Pola tramitación das solicitudes para participar nos procesos de selección do persoal ó servicio desta Administración.
Definición praza Importe €
7.2.2.1. Dereitos de exame para prazas
incluidas nas ofertas de emprego 15,00.-€
incluidas nas ofertas de emprego 15,00.-€
7.2.2.2. Dereitos de exame para prazas
de promoción interna 7,50.-€
de promoción interna 7,50.-€
¿ 7.2.3. Licencias de cans potencialmente perigosos: 12,00 €
¿ 7.2.4. Renovación de licencias: 6,00 €
¿ 7.2.5. Inscripción no rexistro de animais potencialmente perigosos: 12,00€
¿ 7.2.6. Por expedición de licencias de primeira utilización, por cada vivenda de que conste o edificio: 30,00€
ARTIGO 8. Declaración e ingreso.
A Taxa esixiriase en réxime de autoliquidación.
Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de decembro, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisoriamente, pero non se lle dará curso sen que se corrixa a deficiencia, para o que se requerirá ó interesado co fin de que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse ditos escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal a petición dos xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, cando sexan probas propostas a instancia de parte, non se entregarán nin remitirán sen que previamente non se aboara a correspondente cota tributaria.
ARTIGO 9. Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria (lei 58/2003, do 17 de decembro).
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
As tarifas contidas no artigo 7.1.2. tan só serán de aplicación cando a elaboración do certificado veña precedido de estudos, investigacións, indagacións ou analises previas, non considerándose estudo, analise, investigación, etc, a mera transcripción de datos contidos en padróns municipais ou outros documentos municipais análogos.
Asemade, non será de aplicación dita tarifa para os certificados relacionados coa participación dos cidadans, contribuyentes ou administrados en cursos de formación.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.
Os cidadans que desexen participar en procesos selectivos de personal ao servizo desta dministración, estarán exentos do pagamento da taxa, a que se refire o artigo 7.2.2. Desta ordenanza, sempre que se cumpra algunha das circunstancias seguintes:
a) Cidadans cun porcentaxe de minusvalía igual ou superior ao 33%.
b) Cidadans que leven un ano ou mais en situación de desemprego.
Disposición Final
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno en data 20 de setembro do 2007 e publicada no BOP número 273 de data 26 de novembro do 2007 e comezará a rexer o día 1 de xaneiro do 2008, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou a súa modificación expresa.