Neda - Ordenanza fiscal nº 27, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, rebo, valos, puntais, asinllas, estadas e outras instalacións análogas.

Publicación provisional: 02/10/2007 BOP Nº: 228
Publicación definitiva: 28/11/2007 BOP Nº: 275
Aplicable dende: 01/01/2008

ARTIGO 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Neda establece a TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORIAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, REBO, VALOS, PUNTAIS, ASNILLAS, ESTADAS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS, a que se refire o artigo 20.3.g) do citado R.D. lexisltativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 57 do citado R.D. Lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a realización da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local con:
a) Valos, guindastres, elevadores, estadas e outras instalacións semellantes.
b) Puntais, asnillas e toda clase de apeo dos edificios.
c) Ocupación con mercadorias, materiais de construcción, rebo ou outros elementos similares.
d) Cortes de rúas para ubicación de calquera dos elementos anteriores

ARTIGO 3. Beneficios fiscais.

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos nas normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

ARTIGO 4. Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuínte, a persoas físicas ou xurídicas, asi como as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que resulten beneficiadas pola utilización ou aproveitamento especial do dominio público local, ben a través da oportuna licencia solicitada polo contribuínte ou ben de oficio se se constata o feito imponible desta taxa a través dos informes da inspección de tributos ou da Policía Local.

ARTIGO 5. Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, aspersoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 6. Base impoñibel.

Tomararase como base para a determinación da cota tributaria, o tempo de duración dos aproveitamentos e a magnitude deste, expresada en metros lineais ou cadrados, segundo sexa a natureza da ocupación.

ARTIGO 7. Cota tributaria.

7.1. Valos, estadas, guindastres, elevadores, xilos e outras instalacións análogas colocados no dominio público local, por m2 ou fracción ó mes en rúas urbanizadas: 4,00.-€, e as non urbanizadas: 1,15.-€
7.2. Puntais, asnillas e outros elementos de apeo dos edificios, por unidade e mes: 1,00.-€
7.3. Ocupacións con mercadorias, materiais de construcción, rebo ou outros elementos similares, mesmo cando se depositen en vagóns, colectores ou análogos, por m2 ou fracción ao día: 0,40.-€
7.4. Ocupación de vía pública con materiais diversos de exposición e venda, por cada m2 ó día: 1,00.-€
7.5. As instalacións recollidas no punto 7.1 que estean instaladas por período superior a 6 meses, a partir do 1º dia posterior a tal prazo, por m2 ou fracción ao mes terán un incremento do 10%.
7.6. Con carácter mínimo, e sempre que por aplicación das tarifas anteriores non se alcance dito importe, esixiranse: 25,00.-€
7.7. Coeficientes:
Cando os aproveitamentos descritos se produzan en ruas distintas ás de 1ª categoría, as tarifas anteriores terán un coeficiente reductor en función da categoría da rúa, segundo o detalle seguinte:
* Ruas de 2ª categoría: 0,9
* Ruas de 3ª categoría: 0,8
* Ruas de 4ª categoría: 0,7
As rúas incluidas en cada categoría serán as indicadas na ordenanza fiscal nº 14 reguladora do IAE.
Cando as obras comprendidas nos apartados 7.1, 7.2 e 7.3 se interrompesen perante un tempo superior ós dous meses sen causa que o xustifique, as contías resultantes por aplicación das tarifas antes descritas incrementaranse cun recargo do 100% a partires do terceiro mes, e, en caso de rematadas as obras que motivaron a ocupación, de persistir a mesma as contías incrementaranse nun 200%.

ARTIGO 8. Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie o aproveitamento ou desde o outorgamento da licencia.

ARTIGO 9. Liquidación e ingreso.

O interesado deberá formular declaración comprensiva dos metros a ocupar e do tempo da ocupación, para os efectos de que o órgano competente efectúe a oportuna liquidación do importe da taxa, segundo as tarifas establecidas no artigo 7 da presente ordenanza. Non se permitirá a realización das obras definitorias do feito impoñible ata que se teña efectuado o pagamento da liquidación.

ARTIGO 10. Normas de xestión.

1. As cotas sinaladas son irreducibles e a obriga de pagamento da taxa nace no momento de outorgarse a correspondente licencia ou no da iniciación da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.
2. A licencia para a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, solicitarase por medio de instancia dirixida á Alcaldía, achegando os documentos necesarios para valorar a solicitude.
Unha vez tramitado o expediente dictarase Resolución polo órgano competente, comprensiva da liquidación practicada.
3.Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza se produciran desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os beneficiarios estarán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales desperfeitos ou reparar os danos causados, que serán, en todo caso, independentes das autoliquidacións ou liquidacións que se practiquen polos aproveitamentos realizados.
4. A ocupación da vía publica con guindastres ou aparatos elevadores, sempre que a súa base estea ocupando o dominio público local estará suxeita ás tarifas establecidas nesta ordenanza, así como á ocupación do voo da vía publica, segundo ás tarifas establecidas na ordenanza fiscal nº 8 ¿ pola ocupación do subsolo, solo e voo de terreos de uso público local"
5. Rematado o prazo solicitado, as solicitudes de prórroga tramitaranse como unha nova autorización ou licenza, debendo achegar xuntamente coa solicitude, fotocopia da autoliquidación anterior practicada.

ARTIGO 11. Infraccións e sancións tributarias.

Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro do 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.