Rois - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación dos terreos de uso público con valos, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas

Publicación provisional: 20/11/1998 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 29/12/1998 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/1999

Primeiro.-Obrigados o pagamento.

Están obrigados o pago da taxa regulada nesta ordenanza, as persoas ou entidades a favor de quen se outorguen as licencias ou quen se beneficien do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.

Segundo.-Contía.

A estructura e cuantía desta taxa será a seguinte:

- 5 ptas. por m2 e día.

- 50 ptas. por m2 e mes.

- 200 ptas. por m2 e ano.

Terceiro.-Normas de xestión.

1.-De conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 39/88, de 28 de decembro, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados neste acordo se producisen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licencias ou os obrigados ó pagamento, quedarán suxeitos ó reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de tales danos ou reparar os prexuízos causados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.

2.-As cantidades esixibles de acordo coa tarifa, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

3.-As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados neste acordo deberán solicitar previamente a correspondente licencia.

4.-Se non se terminou con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentras non se presente a declaración de baixa.

5.-A presentación da baixa surtirá efecto a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue no contrario, a non presentación da baixa, determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

Cuarto.-Obrigación do pagamento.

1.-A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza, nace:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicitar a correspondente licencia.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada período sinalado no epígrafe, ou no seu caso, no que sinale a Alcaldía-Presidencia.

2.- 0 pagamento da taxa realizarase:

a) Tratándose de autorizacións de novos aproveitamentos ou aproveitamentos con duración limitada por ingreso directo na Depositaría Municipal ou onde establecese a Alcaldía-Presidencia, pero sempre antes de retirar a licencia ou a denominación que corresponda.

b) Tratándose de autorizacións xa concedidas e sen duración limitada, unha vez incluídas nos correspondentes padróns ou matrículas desta taxa, nos períodos que se sinalen nos correspondentes epígrafes da taxa ou no seu caso, nos que sinale a Alcaldía-Presidencia, nas oficinas da recadación municipal ou dos lugares que sinalen a Alcaldía-Presidencia e no prazo de dous meses.

Quinto.-Entrada en vigor.

0 presente acordo entrará en vigor, o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.