Rois - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización do polideportivo municipal de Rois

Publicación provisional: 20/11/1998 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 29/12/1998 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 20.4.0), en relación cos artigos 17 e 58 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa pola utilización do polideportivo municipal de Rois, que se rexerá pola presente Ordenanza.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible para a exacción da taxa regulada nesta Ordenanza, a utilización do Polideportivo municipal por particulares e entidades con motivo de entrenamentos, partidos, espectáculos e actos extradeportivos.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

Estarán obrigados ó pagamento:

a) As persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións.

b) As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubes, etc. no nome dos que se solicite autorización.

Artigo 4.-Bases e gravame das tarifas.

As taxas a satisfacer axustaránse ás seguintes:

a) Pista polideportiva para utilizala en fútbol-sala, baloncesto, futbito, voleibol, balonmán ou actividades de máis de 4 persoas:

1.200 ptas./hora.

b) Pista polideportiva para tenis ou actividades ata 4 persoas:

600 ptas./hora

c) Pista polideportiva para torneos ou actividades que duren máis de vintecatro horas:

6.000 ptas./día.

Artigo 5.-Supostos de non suxeición.

Serán os seguintes:

Estarán exentos do pagamento da taxa:

1.-A utilización das instalacións deportivas para a celebración de campionatos escolares.

2.-A utilización das instalacións deportivas para calquera tipo de actividade, sexan ou non deportivas, de carácter benéfico.

3.-A utilización das instalacións deportivas para actividades organizadas polo Concello.

4.- A utilización das instalacións deportivas para actividades organizadas polo Colexio, dentro do horario escolar.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados unha vez incluídos nos padróns e matrículas desta taxa nos períodos que sinalen as tarifas da taxa ou no seu caso, nos que determine a Alcaldía-Presidencia. 0 ingreso efectuarase nas oficinas da recadación municipal ou nos lugares que determine a Alcaldía-Presidencia e no prazo de dous meses en vía voluntaria.

Quinto.-Entrada en vigor.

0 presente acordo entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.