Fisterra - REGULAMENTO DO REXISTRO MUNICIPAL DE PARELLAS DE FEITO
Publicación provisional:
24/11/2007
BOP Nº:
272
Publicación definitiva:
25/01/2008
BOP Nº:
21
Aplicable dende:
25/01/2008
ARTIGO 1. °.
O Rexistro municipal de parellas de feito do Concello de Fisterra terá carácter puramente administrativo e nel poderanse inscribi-las unións non matrimoniais de convivencia na forma e cos requisitos que se establecen nas presentes normas.
ARTIGO 2. °.
Poderán insta-la súa inscrición no Rexistro municipal de parellas de feito, todas aquelas parellas que polo seu libre e pleno consentimento constitúan unha unión de convivencia non matrimonial e sexan maiores de idade, ou menores emancipados e non ser entre sí parentes por consanguinidade en liña recta ou adopción, ou colaterais por consanguinidade ata o 3°grao civil.
Cando menos, un dos membros da unión deberá estar empadroado no Concello de Fisterra pola súa condición de residente habitual nel. A outra persoa deberá tramita-lo empadroamento inmediatamente despois da inscrición no Rexistro de parellas.
Serán dados de baixa, de oficio, peste Rexistro municipal de parellas deleito se, no prazo de seis meses desde a inscrición, ámbolos dous membros da parella que non se atopasen empadroados nesta unidade de convivencia.
ARTIGO 3. °.
A inscrición de cada parella producirase mediante a comparecencia persoal e conxunta das dúas persoas perante o funcionario que se encargue do rexistro, para declara-la existencia entre elas dunha unión de convivencia non matrimonial.
Non se procederá a practicar ningunha inscrición se algún dos comparecentes estivese afectado por eficiencias ou anomalías psíquicas. Nese caso, deberá achegar dictame médico sobre a súa aptitude para consentir na constitución dunha unión de convivencia non matrimonial.
Asi mesmo, denegarase a inscrición se algunha das persoas que comparezan estivera declarada incapaz para contraer matrimonio.
En todo caso, os dous membros da parella manifestarán que se atopan no pleno exercicio da súa capacidade de obrar e que o seu consentimento é absolutamente involuntario.
ARTIGO 4. °.
No primeiro asento poderanse facer constar cantas circunstancias relativas á súa unión persoal manifesten as persoas que comparezan.
As instruccións que se retiran á terminación ou extinción de unión terán que practicarse necesariamente, xa por morte, ou por vontade dun dos membros. Abonda coa declaración asinada dos embros da parella, ou dun deles, para a extinción da inscrición da unión non matrimonial de convivencia.
ARTIGO 5. °.
O Rexistro estará a cargo da Secretaría Xeral do Concello de Fisterra.
ARTIGO 6.º.
O Rexistro materialízase nun libro xeral no que se practicarán as inscripcións ás que se refiren os artigos precedentes. As devanditas inscricións reflectirán o contido da declaración conxunta feita previamente pola parella na folla asinada por elas.
O libro estará formado por follas numeradas, seladas e asinadas polo alcalde e mailo secretario xeral, e estará encabezado e rematará coas correspondentes dilixencias de apertuta e peche polo alcalde e mailo secretario xeral.
ARTIGO 7. °.
A primeira inscrición de cada parella que constitúan unha unión non matrimonial de convivencia terá o carácter de inscrición básica e na marxe desta anotarase a referencia a calquera outro asunto que se produza con posterioridade no libro xeral principal relativo a esa unión, e que acheguen os membros da parella.
ARTIGO 8. °.
O Rexistro terá tamén un libro auxiliar ordenado por apelidos das persoas inscritas no que se expresase o número da páxina ou páxinas do libro xeral nas que existan anotacións que lles afecten.
ARTIGO 9.°.
Co obxecto de garanti-la intimidade persoal e familiar das/dos inscritos no Rexistro, non se dará publicación ningunha ó contido dos asuntos, agás as certificacións que expida o funcionario que se encargue do rexistro por instancia exclusivamente de calquera dos membros da unión interesada ou dos xuíces e tribunais de xustiza que poidan solicitalas.
ARTIGO 10.º.
As certificación expediranse de orde e co visto e prace do alcalde-presidente de Concello de Fisterra ou o concelleiro que o substitúa.
ARTIGO 11.º.
Dito regulamento comenzará a rexir a partir da súa publicación integra no Boletín Oficial do Estado, manténdose vixente ata que se produzca a modificación ou derogación.‑