Lousame - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.
Publicación provisional:
07/12/2007
BOP Nº:
282
Publicación definitiva:
01/02/2008
BOP Nº:
27
Aplicable dende:
02/02/2008
Artigo 1. CONCEPTO
De conformidade co previsto nos artigos 2.e, 41 a 48 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o Prezo Público pola prestación de servizos de Escolas Deportivas Municipais, que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2. OBXECTO
Será obxecto do presente Prezo Público a prestación do servizo de ensinanza das Escolas Deportivas que organice o Concello de Lousame, que se rexerán, no seu caso, polas normas particulares que sexan aprobadas ó respecto.
Artigo 3. OBRIGA DE PAGAMENTO
1. Estarán obrigados o pagamento aqueles que se beneficien do servizo prestado a que se refire o artigo anterior e que resulten matriculados como alumnos nas Escolas Deportivas Municipais.
2. A obriga de pagamento nace no intre de formalizar a matrícula en cada curso escolar, con independencia da súa real prestación, si a falta de esta fora imputable ó solicitante. En consecuencia, non poderá formalizarse la matrícula e, polo tanto, iniciarse a asistencia á Escola, en tanto non se satisfaga o prezo público que orixine a mesma.
Artigo 4. BONIFICACIÓNS
1. Aplicarase unha bonificación do 20% sobre os prezos establecidos para a Escola Deportiva de Fútbol no artigo seguinte, nos seguintes casos:
‑ Os alumnos que acrediten a súa pertenza a familia numerosa.
‑ No caso de matriculación simultánea de dous irmáns, resultará bonificada a matriculación do irmán menor.
2. Aplicarase unha reducción na tarifa do 20% sobre os prezos establecidos con carácter xeral no artigo seguinte, para os xubilados ou persoas maiores de 65 anos.
Artigo 5. TARIFA
As tarifas serán as seguintes:
ESCOLA DEPORTIVA. | Período | Empadroados neste Concello/€ | Non empadroados neste Concello/€ |
Fútbol. | curso escolar | 120,00 | 160,00 |
Ximnasia de mantemento. | mes | 8,00 | 10,00 |
Aerocombat. | mes | 8,00 | 10,00 |
Escolas deportivas impartidas no CPI Cernadas de Castro. | curso escolar | 12,00 | 12,00 |
Resto de Escolas Deportivas Municipais | mes | 8,00 | 10,00 |
Artigo 6. XESTION
Os interesados nos servizos a que se refire a presente Ordenanza, presentarán no Servicio de Deportes do Concello a solicitude detallada sobre a natureza, contido e extensión do servizo desexado.
Artigo 7. ADMINISTRACIÓN E COBRO
O pagamento dos Prezos Públicos para as Escolas Deportivas efectuarase directamente nas contas da Tesourería Municipal. Os comprobantes de tales ingresos deberán ser presentados no Servicio de Deportes do para dar constancia dos mesmos, debendo constar o nome do usuario, actividade deportiva e período da mesma.
Os prazos de pago indícanse a seguir:
a) O pagamento das tarifas da Escola Deportiva de Fútbol distribuirase en tres cotas trimestrais (40 € para os empadroados neste Concello e primeira cota de 60 € e segunda e terceira cota de 50 € para os non empadroados) que se aboarán nos sete primeiros días dos meses de agosto, novembro e febreiro.
b) O pagamento das tarifas das Escolas Deportivas impartidas no CPI Cernadas de Castro aboaranse na súa totalidade durante o mes de outubro. No caso de que se produza algunha incorporación posterior ó dito mes, as tarifas aboaranse na súa totalidade durante o mes no que se produza a incorporación.
c) O pagamento das tarifas do resto das Escolas Deportivas realizarase con periodicidade mensual nos sete primeiros días do mes.
Artigo 8. DEVOLUCIÓN DE PREZOS PÚBLICOS
Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, a Escola non se desenrole, procederá a devolución do importe correspondente. A devolución de prezos públicos deberá ser solicitada polo interesado nas oficinas municipais.
No caso de baixas voluntarias en Escolas, cando a solicitude da devolución se efectúe con unha antelación inferior a 72 horas ó inicio da Escola, ou ben esta xa comezara a desenrolarse, unicamente procederá a devolución dos prezos públicos se as ditas baixas son cubertas por outras persoas.
No caso de solicitudes de baixa e devolución con unha antelación superior ás 72 horas óinicio das Escolas, si que procederá a devolución dos prezos públicos pagados.
Artigo 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo ó relativo ás cualificación de infraccións tributarias e sancións estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Á Entrada en vigor da presente norma reguladora quedará derrogado o Acordo regulador do prezo público de ximnasia de mantemento, aprobado por Xunta de Goberno Local en sesión de 12 de novembro de 2004 e publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de data 30 de novembro de 2004.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de a Coruña, e seguirá vixente ata a súa modificación ou derrogación unha vez cumpridos os trámites regulamentariamente establecidos.
Lousame a 16 de xaneiro de 2008.