Muxía - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización da pista polideportiva municipal
Artigo 1.
Artigo 2.
Artigo 3.
Estarán obrigados ó pagamento da taxa establecida:
a) as persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións.
b)As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubes, etc., en nome dos cales se solicitara ante o Concello a autorización para a utilización das instalacións.
Artigo 4.
As tarifas por utilización das instalacións da Pista Polideportiva que deberán satisfacerse ó Concello de Muxía son as seguintes:
a) Para adestramentos, por hora ou fracción: 1,80 euros. DERROGADA
b) Por partidos amigables ou oficiais con entrada gratuíta, por hora ou fracción: 3,01 euros. DERROGADA
c) Por partidos amigables ou oficiais con cobramento de entrada, por hora ou fracción: 800 ptas.
d)Utilización do polideportivo para espectáculos deportivos, cobramento de entrada: 8.000 ptas. Límite 24 horas.
A mesma utilización sen cobramento de entrada: 5.000 ptas.
e) Utilización para espectáculos ou actos extradeportivos: 25.000 ptas.
Nos anteriores casos, se se utiliza a luz eléctrica, aboarase a cantidade adicional, por hora ou fracción de 200 ptas.
f) A publicidade fíxase na cantidade -publicidade fixa- de 5.000 ptas. m2 anuais, que poderán fraccionarse en trimestres ou semestres.
Artigo 5. Exencións ou Bonificacións.
Non estarán suceitos ó pagamento da taxa as utilizacións que correspondan a iniciativas do Concello ou ptraocinadas por el
Estarán exentos os Colexios do Municipio para actividades relacionadas coa educación física.
Artigo 6. Concertos Fiscais
As presoas naturais ou xurídicas así como as Entidades, Organismos, Asociacións, Federacións, Clubes, etc. que organicen actos nas instalacións deportivas obxecto desta Ordenanza, con carácter diario, poderán solicitar o correspondente concerto co Concello.
As condicións do mesmo serán fixadas en todo caso con arranxo ó procedemento legal establecido, correspondendo a aprobación ó Sr. Alcalde tralo informe da comisión correspondente.
Artigo 7. Remuneración e cobro da taxa.
Remunerarase no momento mesmo en que se solicite a prestación do servicio.
O concello por medio do órgano encargado da daministración da taxa, esixirá o depósito previo para responder no seu caso das indemnizacións polos desperfectos que poidan producirse na Pista Polideportiva ou calquera outro servicio complementario da mesma.
Tales depósitos poden ser constituídos en metálico, po aval bancario ou calquera outra forma autorizada pola lexislación local e serán devoltos tralo informe da persoa encargada do Polideportivo, acerca de que non se causaron danos u qu estes foron reparados.
Artigo 8. Tramitación de solicitudes.
As solicitudes presesntaranse no Rexistro de Documenytos do Concello, facendo constar a clase de utilización, días e horas e demáis circunstancias que se desexen expoñer.
Corresponderá á Alcaldía a concesión da licencia solicitada, trala liquidación do Interventor, do importe da trifa que corresponda.
A licencia para a utilización das instalacións para Festivais, actos culturais, actos de Sociedades, Asociacións ou Partidos Políticos así como espectáculos artisticos, recreativos, deportivos ou de carácter profesional, solicitaranse mediante instancia ó Sr. Alcalde e resolveranse sugundo o disposto nas normas legais e regulamentarias de aplicación a cada caso.
Artigo 9. Liquidación e Recadación.
O abono das liquidacións correspondentes ós espectáculos de carácter non diario, deberán efectuarse na Depositaría municipal, ca antelación mínima de dous días á súa celebración.
No suposto de usos periódicos, as liquidacións resultantes efecturanse por meses anticipados e antes do primeiro día do mes ó que correspondan.
A non celebración do espectáculo só drá dereito á devolución da taxa aboada, cando sexa o propio Concello o responsable da non celebración , non tendo o solicitante dereito a reclamar danos e perdas, sempre que a cancelación sexa notificada con dous días de antelación.
Os depositos previos, previstos no artigo 7 da presente Ordenanza realizaranse sempre na Depositaria municipal, sen dito requisito non se concederá autorización da Pista Polideportiva.
Artigo 10. Modificación
Unha vez adopatada Resolución pola Alcaldía efectuarase a notificación ós interesados.
No supostos de Resolución denegatoria da solicitude, pola Secretaría- Intervención e cando se ordene a resolución, ordenaranse as operacións pertinentes a fin de que se proceda á devolución do importe do depósito constituído e referido no artigo 7 da Ordenanza.